13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





14 ene 2011

The Guardian» critica a Cidade da Cultura

«The Guardian» critica a Cidade da Cultura

 


 La Voz de Galicia

 

O diario británico The Guardian publicou unha crónica sobre a recente inauguración da Cidade da Cultura na que censura a extravagancia arquitectónica do proxecto e na que recorda que a obra se abre no medio de críticas que a definen como un «enorme e custoso elefante branco».
O xornal recorda que o Gaiás xa custou catro veces máis do previsto e insiste en que moitos cidadáns ven no complexo de seis edificios un monumento á vaidade ideado polo ex presidente Manuel Fraga. The Guardian , textualmente, refírese ao complexo como «un anacronismo nunha época de austeridade».
Na noticia que dedica á inauguración, o diario recolle as palabras do presidente galego, Núñez Feijoo, nas que aseguraba que o Gaiás sería xa parada obrigatoria nos centros de referencia cultural mundial, como o MoMa de Nova York e a Ópera de Sídney. Acto seguido, o xornal reflexiona sobre esta comparativa engadindo que o edificio do teatro e o museo aínda non comezaron, e recordando que, a día de hoxe, existen moitas dúbidas de se haberá diñeiro para comprar obras e atraer público. Precisamente, a mesma crónica foi publicada nun xornal australiano, o Sidney Morning Herald .
Voces contra a obra
Ao longo da información difundida por ambos os rotativos recóllense diversas consideracións que cuestionan o proxecto, nacido á calor da expansión inmobiliaria e que sufriu agora un parón pola grave recesión económica que atravesa o país. O xornal británico inclúe na noticia as declaracións de Pedro Armas, portavoz socialista na Coruña, quen se refire ao Gaiás como «un cemiterio de diñeiro» nunha comunidade na que se lle recortan os fondos á Orquestra Sinfónica de Galicia, o proxecto cultural de maior dimensión da autonomía.
O xornal británico recolle unhas declaracións do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, nas que recorda que herdaron este proxecto nun estado tan avanzado que non lles quedou máis remedio que continuar con el, aínda que cun ritmo construtivo máis lento. Con todo, recordan que Varela anunciou que o museo, «espectacular e marabilloso», abrirá o próximo ano. Na crónica, The Guardian sinala que onde Peter Eisenman ve algo que está «destinado a aparecer coma se brotase esplendorosamente da terra» outros ven un monumento que se caracteriza pola vaidade nun contexto de grave crise económica.

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario