Mentres o Goberno do Estado elimina a mutualidade dos funcionarios, o Concello da Coruña sufragará unha cobertura especial aos políticos. O seguro inclúe dentista e reproducción asistida.
O Concello da Coruña acaba de sacar a concurso un seguro médico especial para os seus edís. O municipio, gobernado polo PSdeG e o Bloque, pagará até 23.000 euros cada ano por este servizo extra.
O prego de condicións establece que os concellais deixarán de seren beneficiados ao marchar do cargo. Con todo, o certo é que as empresas que ofrezan un menor prezo aos edís cando deixen o posto poderán recibir até 15 puntos nun total de 45.
Coberturas por riba da Seguridade Social
O seguro inclúe todas as prestacións habituais na Seguridade Social, ademais dalgúns extras que non oferta habitualmente o sistema público como “medicina preventiva e rehabilitadora”, “reprodución asistida”, “hospitalización a domicilio” e “garantía bucodental”.
Como apunta o blog do Barrio dos Rosales, a renovación deste “privilexio” dáse cando o Estado acaba de anunciar a supresión de MUFACE para os novos funcionarios. É dicir, os novos funcionarios do Concello da Coruña só terán a cobertura da Seguridade Social, mentres os edís gozarán dunha cobertura especial con cartos públicos.
O municipio con máis débeda do país
Segundo puido confirmar GC, o Concello da Coruña vén pagando este seguro aos concellais, sexan do goberno ou da oposición, polo menos dende 2007.
O Concello da Coruña é o máis endebedado de Galicia. O ano pasado debía máis de 77 millóns de euros.
Velaquí as condicións administrativas e as técnicas. Máis información aquí.

No hay comentarios:
Publicar un comentario