CIG Monforte
Na planta de traumatoloxía lévase facendo un belén satírico dende o ano 1989. Nunca ningunha dirección dixo nada, nin menos se lle ocurriu dar a orde de retiralo. Pois ben, tiveron que transcorrer 21 anos para que viñera Isabel primeira de España e dixera: "¿Y por qué no le poneis la cara de Zapatero o de Pajín?(refírese a algunha das figuritas)." Decir que algunha das figuritas eran Rajoy, Farjas, etc.
Como podedes ver é a primeira vez que se retiran todos os adornos de Nadal, co correspondente malestar dos doentes.
Tamén queremos decir que estes novos ricos que mandan no noso hospital andan a presumir de que son eles os que pagan os pinchos do Nadal. Pois ben desde que hai pinchos de Nadal sempre foi a cafetería a que invitou e pagou os pinchos. Como este ano, tamén volveu a invitar a cafetería.
Así que fagan o favor de non mandar correos presumindo de que son eles os que invitan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario