13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





4 ene 2011

Galicia aproba o primeiro dos "días sen fume"

Os hostaleiros consideran que a xente toma esta "precipitada lei" cun pouc

Hostaleiros galegos alertaron onte da "mala imaxe" que dá "ver xente fumando diante das portas" dos locais, ao non poder facelo dentro pola nova lei antitabaco, que o sector considera "precipitada".
Así o explicou o presidente da Asociación de Hostaleiros de Compostela na súa rama de restauración, Jesús Sordo, que precisou que, na primeira xornada de implantación desta lei, o que se viu é "máis xente fumando nas rúas, diante das portas", o que crea unha imaxe "mala" e "non adecuada" dos establecementos.
"A xente ademais está fóra a fumar cunha ansiedade impresionante", indicou Jesús Sordo, que sinalou que, tras 24 horas en vigor aínda é pronto para facer un balance de cumprimento dado que "moitos establecementos estiveron pechados" dende fin de ano e a xente "tómaocun pouco de graza".
Neste sentido, Sordo viu unha "hipocrisía" que o Goberno "amplíe a permisividade en zonas de venda" de tabaco -como é o caso das gasolineiras- e "reduza" as posibilidades de fumar. "En restaurantes esixiamos que a xente poida fumar nun lugar e non teña que saír á rúa", sinalou o responsable da Asociación, que apostou por que os locais estean "ben ventilados".
Paralelamente, criticou a falta de información existente sobre a aplicación da lei e reclamou "máis transparencia" para os locais, que, polo momento, non dispoñen dos novos rótulos de prohibido fumar. "Habería que empezar por educar a xente, -a lei- é un pouco precipitada", sentenciou Sordo.
Por outra banda Facua-Consumidores en Acción presentou en Sevilla a súa primeira denuncia por incumprimento da nova Lei Antitabaco, que se rexistrou na capital hispalense, e advertiu de que máis de 300 usuarios denunciaron xa vulneracións da norma nas primeiras 24 horas de funcionamento da páxina web da organización.
O voceiro da entidade, Rubén Sánchez, informa de que no bar denunciado o luns, "o seu propietario non só non colocou un cartel na entrada indicando que está prohibido fumar, senón que segue tendo unha máquina expendedora de tabaco no exterior do local, sen ningún tipo de control sobre a venda a menores".
Neste marco, Facua recibiu 311 denuncias por incumprimentos da normativa nas primeiras 24 horas de funcionamento da súa páxina web "Facua.org/leydeltabaco" e instou a que todos os consumidores que detecten establecementos, recintos ou organismos públicos que vulneran a norma que enchan un formulario cos seus datos e os da irregularidade que queiran denunciar para trasladarlla á asociación.
Sánchez afirma que Facua dará traslado destas denuncias dos usuarios ás autoridades sanitarias competentes solicitando que realicen inspeccións para verificar as irregularidades e, no seu caso, aplicar as sancións establecidas na norma.
As comunidades onde se rexistraron máis denuncias son Andalucía (86), Cataluña (45) e Madrid (32) e nas cidades de Málaga (61), Madrid (32) e Barcelona (30).

Un paquete, 100 euros en Sanidade
Investigadores da Universidade Politécnica de Cartaxena desenvolveron un estudo no que estiman que o prezo medio do paquete de tabaco en España actualmente non está entre tres e catro euros, senón que leva un custo por mortalidade prematura de 107 euros para os homes, e de 75 euros para as mulleres. Estas cifras confirman estudos anteriores e son clave para a análise do custo e do beneficio das políticas de prevención do tabaquismo.

Deixar constancia no libro de queixas
Hai varias formas para denunciar o incumprimento da lei, como deixar constancia no libro de queixas do local en cuestión e logo a comunidade autónoma é a responsable de facer a inspección.

Problemas nos hospitais
O secretario xeral de Sanidade, José Martínez Olmos, recoñeceu que a nova lei antitabaco non está sendo do todo efectiva nos exteriores das contornas hospitalarias e pediu énfase informativa".

     

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario