13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





4 ene 2011

A Xunta mostra a súa «total colaboración» co Ministerio sobre o catálogo de medicamentos

A conselleira de Sanidade insistiu hoxe en que se trata dunha iniciativa «sólida e ben fundamentada».

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, expresou hoxe a «total dispoñibilidade de colaboración» da Xunta co Ministerio para ofrecerlle toda a información dispoñible sobre o catálogo galego de medicamentos e mostrouse convencida de que está destinado, dixo, «a estenderse» ao resto de CCAA.
O Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade vai recorrer «en breve» o catálogo de medicamentos aprobado polo Goberno galego por considerar que «dana os dereitos dos cidadáns» xa que dificulta o acceso dos galegos a determinados medicamentos, segundo informaron onte fontes deste departamento.
En rolda de prensa tras asinar un convenio coa Deputación de Lugo, Farjas insistiu en que onte comezou a implantación deste catálogo, que se aplica con «absoluta normalidade», e recordou é unha iniciativa parlamentaria que obtivo o apoio maioritario da Cámara, o PP e o BNG, e insistiu en que non invade competencias.
Farjas informou de que tanto onte por escrito como hoxe por teléfono expresou á ministra de Sanidade e ao Ministerio a «total dispoñibilidade de colaboración» da Xunta para trasladarlle toda a información e documentación que «avala» a proposta galega.
A responsable de Sanidade insistiu en que se trata dunha iniciativa «sólida e ben fundamentada» e dixo que está convencida de que cando o Ministerio coñeza e estude toda a documentación «con detemento», esta normativa está «destinada a estenderse ao resto dos servizos de saúde do Estado».
«Os galegos temos á nosa disposición os mesmos medicamentos que o resto de España», sinalou a conselleira, xa que é o Ministerio quen autoriza e determina os prezos, e en Galicia fináncianse todos os principios activos «cos mesmos medicamentos que o resto de CCAA, aínda que poden cambiar os nomes.
Indicou que, nunha crise económica, «non se entende» que a administración financie un fármaco cun custo de 45 euros, cando hai unha alternativa «exactamente igual» por nove, autorizada polo Ministerio e a Axencia Española do Medicamento.
Preguntada por se teme que non frutifique a negociación co Ministerio e sexan finalmente os tribunais quen decidan sobre a aplicación do catálogo, Farjas destacou que na conversación que mantivo co secretario xeral do Ministerio e nos contactos de hoxe manifestoulle a súa «obrigación» de estudar a iniciativa, como se fai con toda medida lexislativa.
Por iso, dixo que aínda é prematuro sabelo, pero indicou que desde o Ministerio lle trasladaron interese por traballar tecnicamente sobre este asunto, mentres a Xunta mostrou a súa «total dispoñibilidade» dos seus servizos técnicos para estudar calquera proposta que faga o Ministerio en políticas de eficiencia farmacéutica.
«Temos a confianza de que o traballo en Galicia fíxose ben e desenvolvemento da iniciativa, con axilidade e boa coordinación», apuntou.
En canto a unha posible modificación da iniciativa para adaptala aos requisitos do Goberno para evitar o recurso, Farjas insistiu en que o catálogo contén un procedemento regulado e permite a súa «actualización permanente», que depende precisamente das decisións do Ministerio.
«Xa que logo, é un catálogo activo que permite a súa adaptación a calquera circunstancia, modificación do nomenclátor nacional» ou os cambios que decida o Ministerio sobre autorización de medicamentos ou prezos, concluíu.


No hay comentarios:

Publicar un comentario