Mobilízate "Saúde para todos" cap.15 (08/03)
NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)
NOVAS DA SAÚDE
NOTICIAS GALIZA
NOVAS DE GALIZA:
4 ene 2011
Os médicos critican que os pacientes non coñecesen a lei
Médicos galegos trasladaron onte as súas queixas en relación a que pacientes que van ás consultas "non coñecen o alcance da lei" de racionalización do gasto farmacéutico pola que se creou o catálogo de medicamentos ós que se lles dá prioridade neste primeiro día da súa entrada en vigor. Así o explicou o presidente do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra, Luis Campos Villarino, que comentou que a algúns cidadáns que acudiron aos seus respectivos médicos de Atención Primaria "lles resulta chocante que a receita estea modificada". Esta foi a principal "queixa", segundo precisou, que facultativos de Pontevedra puxeron en coñecemento da entidade colexial provincial por mor da entrada en vigor do catálogo, que inclúe 34 principios activos para financiar polo Sergas. Campos Villarino recordou que o mesmo principio activo contido en diversas marcas "é bioequivalente" e existe unha "garantía de mantemento na calidade". "Intentamos clarificar a situación. E unha normativa que, a través dunha lei, inclúe a elaboración dun catálogo", manifestou o presidente do colexio de médicos pontevedrés.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario