13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





4 ene 2011

Pulso de Pajín á Xunta

O ministerio de Sanidade recorrerá ante os tribunais contra o catálogo de medicamentos que onte entrou en vigor en Galicia por "exceder o marco competencial" 

 

 

O Ministerio de Sanidade recorrerá ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra a resolución pola que se crea o catálogo de medicamentos priorizado de Galicia, por "exceder o marco competencial" da comunidade autónoma. Sanidade decidiu recorrer contra o catálogo porque a súa entrada en vigor, que tivo lugar onte, "pode danar os cidadáns galegos" xa que, considerou, "pódeos deixar sen acceso a unha serie de medicamentos si financiados no resto do Estado".
Este recurso será presentado ante o TSXG "en breve", instancia que espera "deixe sen efecto" o catálogo "á espera de que se decida o que se teña que decidir", segundo resaltaron as mesmas fontes.
O ministerio xa informou á Consellería de Sanidade da Xunta da próxima presentación do recurso, á que tamén lle expresou a súa disposición a "sentar" para establecer outros "acordos".
Nesta liña, o Goberno central recordou que se están tomando" medidas para "paliar" os problemas de financiamento de medicamentos e subliñou que os recentes reais decretos ós que deu luz o Executivo central sobre esta materia supuxeron un aforro de "121 millóns anuais en Galicia". Así mesmo, o Ministerio de Sanidade traballa nun informe para remitilo ó Ministerio de Política Territorial, con competencias na materia, para recorrer contra a lei de racionalización do gasto farmacéutico aprobada no último pleno de decembro polo Parlamento de Galicia cos votos do PPdeG e BNG.
O secretario xeral de Sanidade, José Martínez Olmos, asegurou que esta medida "propón reducir o catálogo de produtos farmacéuticos" ós que teñen dereito os cidadáns de Galicia e iso ponos nunha circunstancia de desigualdade".
"Non é competencia da comunidade autónoma ese tipo de medida, co cal a imos impugnar desde o ministerio de Sanidade", recoñeceu o número dous do departamento que dirixe Leire Pajín.
Pola súa banda, o deputado popular Miguel Santalices replicoulles onte ós socialistas que afirmar que o catálogo priorizado de fármacos aprobado pola Xunta de Galicia na súa última reunión do ano "rompe a equidade" do Sistema Nacional de Saúde (SNS) é tanto como "cuestionar a efectividade" dos xenéricos e dos principios activos, animando o Executivo central a copialo en lugar de recorrer contra el.
"Faría moito mellor en copiar a Galicia e adoptar medidas que reconducisen a situación económica da Sanidade a partir do aforro no canto de recorrer contra este catálogo", xa que, de seguir "co ritmo de malgasto dos socialistas, calquera día Zapatero anunciará que os pensionistas terán que pagar os seus medicamentos".
Neste escenario, Santalices advertiu de que o PSOE segue "empeñado en facer demagoxia en lugar de oposición construtiva" e lamentou que sexa "prisioneiro das súas contradicións". "Por unha banda, defende a prescrición por principio activo e, por outra, asegura que unha medida que inclúe todos os principios activos vai en contra do equilibrio do sistema", argumentou.
Do mesmo xeito, lamentou que o PSOE "siga sen entender" que esta medida non constitúe "un pulso" ó Goberno central, senón unha ferramenta para "garantir a sustentabilidade" do sistema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario