13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





28 oct 2010

O sindicato médico CESM denuncia precariedade laboral no Chou, cuxa dirección o nega

O Sindicato Médico Profesional CESM asegurou onte, a través dun comunicado, que a Oferta Pública de Emprego (OPE) non supuxo un incremento significativo nos persoais dos distintos servizos do Complexo Hospitalario de Ourense. «Denunciamos, unha vez máis, o 'despedimento' xa levado a cabo e non xustificado pola incorporación de prazas con motivo da oferta da OPE», sinalaron. Os responsables do sindicato afirmaron que a diminución de efectivos afecta a 14 facultativos e sinalan, ademais, a «extrema precariedade» doutros 31 médicos. Advirten de que esta situación pode traducirse en sobrecarga asistencial e demandan contratos estables.

O único que fixo ata o de agora, Pilar Farjas é enganar aos galegos coas listas de espera no Sergas

Modesto Pose cualifica de “pamplinada” as afirmacións da conselleira sobre a mellora de listas de esper.
O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Modesto Pose, denunciou hoxe o “engano” da Xunta no tocante aos datos das listas de espera. Reclamou “transparencia” e o cumprimento do Decreto 605/2003, aprobado por Ana Pastor establecendo “garantías de información aos cidadáns” e cualificou de “pamplinada” as afirmacións da conselleira sobre unha presunta mellora das esperas.

O catálogo de fármacos respeta a prescripción

O deputado do Grupo Popular e presidente da Comisión de Sanidade do Parlamento galego, Miguel Santalices, reiterou que o catálogo farmacéutico que se vai elaborar por proposta deste grupo respectará a libre prescrición do médico e salientou que a proposta do PSOE de implantar a obrigatoriedade de prescribir só por principio activo sería discriminatoria.

El Sergas va a pagar algunos fármacos fuera del catálogo

La excepción tendrá que estar justificada por la intolerancia del paciente a algún compuesto

 

O novo catálogo de fármacos admitirá “excepcións”

Os médicos que exerzan a súa actividade profesional en Galicia poderán prescribir fármacos fóra do novo catálogo galego –que podería estar listo en dous meses–, “en casos excepcionais” e sempre que conten co “oportuno informe” que xustifique a decisión do facultativo, xa que estes medicamentos supoñerán un gasto maior.

Farjas evita dar datos ao Parlamento da lista de espera

O BNG condiciona o seu apoio a que se reinvista 
o aforro e critica un recorte de 183 millóns.
A unha pregunta clara, unha resposta ambigua. A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, evitou onte no Parlamento responder a iniciativa do PSdeG sobre a situación da lista de espera non estrutural, que integran os doentes que rexeitaron unha cita ou ser intervidos en centros privados e que, segundo os socialistas, ascende a máis de 14.000 doentes.

Sanidade financiará fármacos que se prescriban fora do catálogo se existe unha xustificación técnica

Os portavoces de Semergen insisten en que non teñen nada que obxectar, pero recordan que os médicos xa fan unha prescrición eficiente.

A primeira listaxe de medicamentos incluirá entre 30 e 35 principios activos