13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





15 feb 2012

Radiografía á sanidade galega: menos servizos, menos gasto e peores empregos

PRAZA PÚBLICA

"Blindar a sanidade pública é urxente. É unha tarefa inxente para a que se precisan medidas valentes e consensuadas. Para isto podes contar coa lealdade de Galicia".O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pronunciaba estas palabras no acto co que, o pasado luns, o Servizo Galego de Saúde conmemoraba o seu vixésimo aniversario. A receptora das verbas era a ministra de Sanidade, Ana Mato, e no acto estaban presentes a práctica totalidade dos responsables do Sergas desde o inicio da súa andaina, a comezos dos anos 90. Dende aquel momento a prestación sanitaria en Galicia experimentou un salto exponencial. Por exemplo, dos 36 centros de sáude cos que contaba o país en 1989 pasouse a ter case 400 e incrementou o número de quirófanos en máis dun terzo. Ao tempo, a esperanza de vida subiu en máis de cinco anos.

Pero fronte a estas evidentes melloras apareceu a crise económica e as mensaxes de recortes máis ou menos inevitables, dando lugar a un panorama incerto para os servizos públicos sanitarios e para a súa sostibilidade para o futuro, cuestionada mesmo desde o propio Goberno galego. Neste contexto, a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública vén de elaborar un completo informe sobre o estado da cuestión en todo o Estado, unha detallada radiografía na que Galicia non sae especialmente ben parada. Non en van, estes colectivos, formados esencialmente por profesionais sanitarios, trazan un panorama caracterizado pola redución do gasto público en saúde, a mingua de servizos e a precarización dos postos de traballo dos conxunto do persoal.

En termos puramente económicos unha primeira ollada podería levar a pensar que o Sergas resiste a crise mellor que outras autonomías. En termos comparativos, Galicia pasou de ser a undécima comunidade en gasto sanitario por habitante en 2010 a ser a oitava en 2012. Non obstante, estes datos desinchan ao ser contrastados cos datos poboacionais. Segundo o Instituto Galego de Estatística, desde 2010 a poboación galega diminuíu en 2.231 habitantes. Mentres, as persoas maiores de 65 anos aumentaron en 42.940, chegando a ser 629.477 a finais do pasado ano. Deles, 93.600 son maiores de 85 anos, un incremento de case 3.000 en apenas un ano.

A esta poboación minguada e envellecida é a que ten que atender un cadro de traballadores que segundo os cálculos da Plataforma, diminuirá notablemente en pouco tempo. Ao tempo, as súas condicións laborais empeorarán. Concretamente, o informe destaca a medida que a Xunta está a piques de aprobar segundo a cal unha gran parte dos profesionais que cheguen aos 65 anos terán que xubilarse de xeito forzoso. Desas baixas só se cubrirán un 10%. Isto supón que, dos 1.900 médicos que cumprirán a idade de xubilación nos vindeiros catro anos, só serán substituídos uns 200.
Ao mesmo tempo, o cadro de persoal funcionario do Sergas contará con menos apoio doutro persoal, como os interinos, que poderán ver reducida a súa xornada laboral ata nun 33%, coa conseguinte tesoirada nas súas remuneracións.


LER MÁIS... 



Feijoo cree que pasará a la historia como defensor de la sanidad pública

 

O Sergas deixa sen cubrir as vacantes de enfermería de Escairón

A Asociación Veciñal do Saviñao denuncia que a falta de persoal pon en perigo a cobertura de urxencias

 

O centro de saúde de Escairón ten fóra de servizo nestes momentos a dous dos seus tres enfermeiros de persoal e as súas vacantes non están cubertas, a pesar de que se trata de baixas de longa duración. A Asociación Veciñal do Saviñao denuncia que o Sergas se nega a cubrir estas vacantes. Segundo este colectivo, a xerencia provincial de atención primaria só aceptou contratar a un enfermeiro máis para tres días á semana, e iso despois de que a dirección do centro de saúde insistise en reiteradas ocasións.
Nesta asociación veciñal aseguran que a falta de persoal está a pór en perigo ata a cobertura de urxencias polas mañás, porque o único enfermeiro ten que facer nese horario as visitas a domicilio que xeran as tres consultas médicas do centro.

A SAÚDE MENTAL EN GALICIA



Os médicos auguran unha sanidade de peor calidade polos recortes

Os colexios de facultativos de toda España chaman á rebelión dos profesionais

 

La Voz de Galicia

 

 

Os colexios médicos non son un colectivo dado a involucrarse en grandes polémicas nin a xerar fortes estridencias. Con todo, onte fixeron oír a súa voz por primeira vez en toda España contra os recortes sanitarios que, aseguran, está a sufrir o sistema nacional de saúde. Representantes de todos os colexios médicos denunciaron que a falta de financiamento aboca ao sistema a unha perda de calidade, «especialmente cando os seus efectos recaen nos máis pobres, débiles, anciáns, desfavorecidos e indefensos», como di o manifesto aprobado pola Organización Médica Colexial, que representa a todos os de España.
Ante esa situación, os colexios chaman á rebelión dos profesionais. Deben promoverse reformas no sistema, si; deben contribuír a mellorar a eficiencia, tamén; pero deben «rexeitar os recortes indiscriminados, desproporcionados, denunciar as súas consecuencias e rebelarse ante eles», reza o manifesto, titulado precisamente Os médicos rebelámonos fronte aos recortes.
Os catro colexios médicos provinciais de Galicia fixéronse eco da campaña estatal. «Non somos partidarios dos recortes fáciles, lineais e alleos a unha cuestión que consideramos irrenunciable: dar unha atención de calidade ao paciente», manifestou o responsable do colectivo lucense, presidente tamén do Consello Galego de Colexios Médicos, Ignacio Vidal Pardo. «O sistema nacional de saúde está en situación de zozobra como consecuencia dos recortes», clamou o pontevedrés Luis Campos.
O colectivo profesional reclama un gran acordo político para salvar o sistema nacional de saúde, afectado dun déficit que rolda os 15.000 millóns de euros. Reclaman coñecer onde están os buracos do sistema e participar na toma de decisións.
Os colexios médicos móstranse especialmente preocupados pola formación mir e polos facultativos investigadores. Engaden que as difíciles condicións laborais obrigan aos profesionais a buscar traballo fóra de España. E iso, opinan, é «un malgasto».

 



«Adelgázase o sistema de saúde e non sabemos por que nin para que»

O presidente do Colexio de Médicos da Coruña cre que o sistema require reformas





Os médicos alertan que os recortes deterioran a asistencia

Vidal Pardo censura bloqueos de axendas e que non haxa substitucións

 

 

El capital riesgo cuida de su salud

El avance del sector privado en la sanidad pública levanta recelos y miedo a un oligopolio en la Comunidad Valenciana

 

Los médicos avisan a Feijóo de que el ajuste hará zozobrar la sanidad


Los colegios profesionales reclaman al presidente de la Xunta un “gran pacto político” sanitario