13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





Mostrando entradas con la etiqueta EUROPA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EUROPA. Mostrar todas las entradas

30 may 2011

A Farjas dálle preguiza dicirlle á UE que en Galicia se fala galego

Sanidade obviou no Diario da UE que pode recibir documentos na lingua propia

La Voz de Galicia




O pasado 14 de marzo Xornal de Galicia contou que a Consellería de Sanidade convocara un concurso público para gastar un millón de euros en publicidade de prevención do alcolismo na mocidade indicando no Diario Oficial da Unión Europea que as propostas se lle poderían presentar só en castelán. Así o detallou no apartado da publicación europea no que se recollen as posibles linguas que se poden empregar nos procesos de contratación, o mesmo apartado no que outras consellerías do Goberno galego noutros concursos similares veñen indicando que, xunto co castelán, tamén se poden presentar os documentos en galego.
Tras esa información de Xornal, o BNG preguntou vía parlamentaria á Consellería de Sanidade pola omisión do galego entre as linguas posibles a empregar no proceso, e agora chega a resposta do departamento que dirixe Pilar Farjas. Sanidade explica que, con independencia do que puxera no anuncio do Diario da UE, os candidatos interesados si poden presentar as súas propostas na lingua propia de Galicia. Porén, segundo admite a propia consellería na súa contestación ao Parlamento, non o indicou así no antedito anuncio ante a UE e “no apartado deste anuncio consta que a lingua na que pode redactarse a oferta ou solicitude de participación é o español”.
O curioso chega cando a consellería tenta explicar o motivo polo que só consignou o español. Segundo di o departamento de Farjas, o cuestionario que enchen as administracións á hora de publicar algo no Diario da UE inclúe por defecto as linguas oficiais estatais, de xeito que só hai que marcalas. Porén, no caso do resto de linguas, se as administracións queren incluílas entre as posibilidades, téñenas que escribir nun espazo habilitado a tal efecto. A explicación textual que dá Sanidade é que “os modelos de envío de anuncios á Unión Europea non recollen todas as linguas nacionais dos estados membros, en concreto para o caso de España só recollen o español e para poder facer referencia a outras linguas teñen un campo de texto libre”. Isto é, mentres o resto de consellerías si escriben nese “campo de texto libre” a palabra “galego”, a Sanidade debe darlle preguiza.

2 may 2011

A sanidade española acumula cada ano un déficit do 10%

Arrastra xa un saldo negativo de 15.000 millóns de euros

La Voz de Galicia


O debate sobre a sustentabilidade do sistema público de saúde parece cada vez menos inaprazable. A contabilidade xeral do Estado recolle un déficit pechado o 2010 de 15.000 millóns de euros, aproximadamente o 20% do orzamento anual de sanidade. Algúns analistas elevan a cifra por encima de 22.000 millóns se se contabiliza a denominada débeda aprazada polas comunidades, en gran parte nos pagamentos a provedores, convertidos en auténticos financiadores, a interese cero, da Administración e cuxa viabilidade se ve en moitos casos seriamente ameazada por facturas que se cobran a máis de 600 días.
En plena crise, a carga arrastrada por un dos alicerces do Estado de benestar revélase, a tenor das cifras, os informes de institucións como a OCDE e o FMI e as análises de consultoras especializadas, case inasumible a medio prazo se non se toman medidas nun contexto que prevé, ademais, unha redución do 2,1% no PIB mentres as proxeccións sobre gasto sanitario apuntan a que se duplicará en apenas unha década.
Nos últimos dez anos, a poboación protexida polo sistema público de saúde en España aumentou en 7 millóns, un millón deles maiores de 65 anos, e o escenario para os próximos dez expón que un de cada cinco españois superará a idade de xubilación, é dicir, máis de 10 millóns de persoas suporán un custo sanitario entre 4 e 12 veces superior ao resto da poboación: o 60% padecerá unha enfermidade crónica, colectivo que consome o 70% dos recursos sanitarios.
Con este panorama, os expertos apuntan que as Administracións se enfrontan a axustes para tratar de garantir a viabilidade dun sistema que no 2020 calcúlase consumirá a metade do gasto público das autonomías, esixindo a todos os seus contribuíntes o equivalente a un mes ao ano de traballo. O envellecemento, cuxo peso nos requirimentos sanitarios é obxecto tamén de discusión, as esixencias tecnolóxicas para evitar a obsolescencia e, xa que logo, a diminución da calidade, e o sostido incremento da demanda son algúns dos argumentos interpretados polos distintos Gobernos para aplicar, con maior ou menor rigor, medidas. Cataluña, que anuncia despedimentos e supresión drástica de servizos e prestacións, é o espello no que comezaron a mirarse outras comunidades, punta de lanza para a apertura do debate sobre a reforma do modelo sanitario español.

6,7% do PIB: 66.000 millóns
España só supera a Grecia en investimento sanitario.

4.600: Débeda fármacos
O 2010 pechouse con 4.600 millóns de débeda farmacéutica.

347 días: Pagamentos
Case un ano de media tardan en cobrar os provedores.


 
 

25 abr 2011

Os liberaldemócratas quedan fóra de xogo

Xornal de Galicia



Pinga a pinga, Cameron foi revelando os detalles do asalto orzamentario contra o control do monopolio do Estado semanas antes de que as contas públicas do Reino Unido fosen presentadas perante a Cámara dos Comúns. E iso ante a resignación do seu socio de coalición, o líder dos liberaldemócratas, Nick Clegg. O premier británico está disposto a botar 300.000 funcionarios. Nin o Exército nin a Policía están a salvo do adelgazamento do Estado. O Goberno de coalición quere despedir a 28.000 axentes de policía e conxelar os seus soldos. Outros once mil soldados do Exército Británico, a Royal Navy e a RAF irán a rúa. Cameron xubilou nos últimos sete meses os dous portaavións da Armada Británica –o que deixará o país por vez primeira dende a II Guerra Mundial sen un barco destas características operativo durante unha década– e estaba disposto a deixar en terra a media frota de tornados cando estoupou a Guerra de Libia e Cameron decidiu liderar xunto con Francia a imposición dunha área de exclusión aérea sobre o país africano. Os xenerais xa se revoltaron. O xefe da Forza Aérea, Sir Stephen Dalton, advertiu de que as actuais operacións militares sobre libia estiraron as capacidades da
RAF até o límite.
Pero recortes orzamentarios van alén e afectan a todos os eidos dos servizos públicos británicos. O Servizo Nacional de Saúde perderá neste exercicio 1.000 millóns de libras para o seu financiamento e sobre el paira a ameaza da privatización. De media, cada familia británica perderá 750 libras esterlinas como resultado do aumento dos impostos e a redución das axudas sociais. O Instituto para Estudos Fiscais do Reino Unido (IFS) asegura que a política de austeridade do tándem Cameron-Clegg impactará naqueles que teñen menos ingresos. O IFS estima que para o ano 2015, o 10% máis pobre da poboación perderán un 6,5% da súa renda, mentres que o 10% dos máis ricos tan só renunciarán a un 3%. Só aqueles que ingresen máis de 100.000 libras esterlinas perderán máis que o os máis pobres da sociedade británica.
O panorama é tan negro que Nick Clegg, o socio socialdemócrata de Cameron, non tivo reparo en dicirlle ao primeiro ministro que non haberá nada no que poderán discrepar no debate electoral de 2015. E de toda esta desfeita financeira quizabes iso sexa o peor: que os tories e os liberaldemócratas esforzáronse por demostrar que este era o resultado dun traballo conxunto. Quizabes. No orzamento, as medidas dos liberaldemócratas xogan un papel máis ben modesto. Hai pequenas vitorias. Clegg aumentou en 670 libras o limiar dos ingresos para que aqueles que gañen 10.000 ao ano non teñan que pagar impostos. A medida afectará a un millón de británicos. As taxas no gasóleo e a gasolina reducíronse un chisco, e iso é importante nas zonas rurais de Gran Bretaña, un dos feudos tradicionais dos liberaldemócratas. Os recortes impositivos nos combustíbeis financiaranse cunha maior taxa impositiva ás compañías petroleiras. Outra medida case simbólica foi o estabelecemento dunha taxa para os voos privados, despois de que, por razóns legais, fose imposíbel gravar cun imposto a aqueles voos que non completasen a pasaxe. Clegg tamén tivo unha chiscadela ao medio ambiente ao propor o encarecemento da tonelada de carbón para promocionar as enerxías limpas. Pero aí remata a achega dos liberaldemócratas.
O orzamento que inaugura unha década de austeridade segue o rumbo marcado polos tories. Os conservadores aumentaron o IVE. O fondo de mil millóns de libras para a creación de emprego foi cancelado. Outros 18.000 millóns desaparecen en axudas por fillos. E aí é onde o Instituto de Estudos Fiscais apón unha das críticas máis esmagadoras contra o Goberno conservador: outros 200.000 rapaces británicos ficarán por baixo do limiar da pobreza.
Os liberaldemócratas abrazaron a cerna das propostas económicas dos tories, que avogan por afogar o gasto público para impulsar a recuperación económica. Pero esas medidas que poden supoñer o afundimento electoral de Clegg nin sequera aseguran o crecemento económico. O IFS revisou á baixa as previsións polo aumento da inflación. A maior preocupación para o socio de coalición de Cameron será a dificultade de separar as medidas económicas propostas de seu daqueloutras que non lle quedou máis remedio que apoiar nos vindeiros comicios de 2015. Os laboristas xa deixaron claro ás televisións do Reino Unido que non estarán dispostos a participar en debates con Cameron e Clegg nesa altura co argumento de que ambos os dous forman parte dun mesmo goberno.

   

14 abr 2011

Farjas afirma que Verín pode atender pacientes lusos co hospital actual

Sanidade estuda que o centro ourensán atenda os partos de Chaves, que mantén unha poboación adscrita de 80.000 persoas

Xornal de Galicia


A Consellería de Sanidade “explora” a posibilidade de acoller a poboación do municipio portugués de Chaves no Hospital de Verín. Segundo explicou onte a conselleira Pilar Farjas no Parlamento galego, o centro ourensán “ten capacidade” actualmente para atender os partos da poboación adscrita a esta localidade, que se estima en 80.000 habitantes. Esta cantidade, suporía triplicar a cifra de 35.000 galegos que xa teñen servizo neste centro.
A portavoz de Sanidade do BNG, Ana Luísa Bouza, mostrouse preocupada pola “nova poboación” que atendería o Hospital de Verín se finalmente a Xunta chegara a un acordo co norte de Portugal, así como pola necesidade de ampliar as instalacións ou os cadros de persoal para evitar que esta reestruturación dos servizos sanitarios da comarca “deteriorase a asistencia dos galegos”. Nesta liña, preguntou á conselleira canta poboación asumiría Verín, cando se firmaría este acordo e a que municipios se lles daría servizo.
A deputada nacionalista explicou ademais que na actualidade, o servizo de partos do Hospital de Verín funciona polo “voluntarismo” do seu persoal. Así, Bouza espuxo que o centro conta con dous pediatras compartidos, tres xinecólogos que teñen que facer dez gardas ao mes para cubrir todo o horario e só unha matrona para darlle servizo á poboación de 35.000 habitantes.
Pola súa conta, a conselleira ve unha interpretación diferente destas cifras. Farjas calculou que na comarca ourensá hai unhas 5.000 mulleres en idade fértil, o que segundo a responsable de Sanidade do goberno autonómico supón unha media de 150 partos ao ano e uns tres nacementos á semana. Neste sentido, a responsable do Sergas alegou que o centro ten unha “capacidade maior” para dar cumprimento aos tratados de cooperación transfronteiriza e atender así ás embarazadas de Chaves. A maiores, Farjas argumentou que o centro galego está a tan so 15 quilómetros desta localidade portuguesa, mentres que os hospitais máis próximos do país veciño supoñen recorrer entre 70 e 150 quilómetros de distancia.

CALENDARIO INTERRUMPIDO
A responsable de Sanidade tamén explicou que a crise económica e política que vive Portugal supuxo unha “interrupción” no calendario de traballo previsto por ambas as dúas administracións.
Farjas tamén deu conta dunha decisión do Consello Europeo no que se insta aos estados membro a “facilitar a prestación transfronteiriza”. Neste sentido, a conselleira explicou que a UE permite desde o pasado 7 de marzo que os cidadáns dun país recorran aos centros sanitarios dun país veciño sempre que estes estean máis preto que os que lle corresponderían. Esta orde supón dar cobertura en Tui aos cidadáns de Valença, aos que o pasado ano se lles pechou o servizo de urxencias nocturno e que vían en España o centro máis próximo.

21 feb 2011

Defensa de la Sanidad Pública propone una Carta de Derecho a la Salud

Europa Press


La Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública (FADSP) presenta este lunes en Madrid la Carta de Derecho a la Salud, un documento elaborado por profesionales de la sanidad de toda Europa, en el que reclaman a la UE garantizar los mismos derechos y coberturas sanitarias a todos sus ciudadanos.


Ampliar la noticia: http://www.europapress.es/salud/politica-sanitaria-00666/noticia-defensa-sanidad-publica-propone-carta-derecho-salud-garantice-mismas-coberturas-ue-20110221112226.html
 


Ligazón da carta, premer aquí...

Adherirse ao manifesto, preme aquí...

 

11 feb 2011

Alemania tienta al médico español con más salario y estabilidad

Los certificados para trabajar en el extranjero aumentan un 56%

 Cinco Días

Entre 150 y 200 médicos valencianos han mostrado recientemente su disposición a abandonar las soleadas tierras de la región a cambio de un puesto más estable y mejor salario en la cuenca del Rin. El Gobierno alemán ha anunciado que necesita unos 3.000 médicos en la red Eures, una cifra a la que probablemente le cueste llegar solo con los alemanes del Este. "En esta región se produce un efecto carrusel. Los puestos alemanes son cubiertos por los médicos de la ex República Democrática, que a su vez son demandados por facultativos de la República Checa y estos, a su vez, por búlgaros o húngaros", explica Miguel Ángel García, secretario de estudios profesionales de la Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM).
Salarios de un 30% a un 50% más altos
Por esta razón, resulta curioso que Alemania busque españoles, sobre todo cuando tienen que acreditar un dominio del idioma (al menos B1 o B2), según está legislado por directiva europea. "Sin embargo, los recortes que están realizando las comunidades autónomas en sus respectivos sistemas sanitarios está originando una cierta inestabilidad en los médicos jóvenes, lo que, sumado a una mejora salarial -superior entre un 30% y un 50% de la media española-, contribuye a convertir este destino en uno de los más atractivos", señala García. De hecho, en los dos últimos años las peticiones de médicos españoles para trabajar en Alemania se han doblado e incluso superan a las de Italia, un país con el que España tiene más afinidad.
Desde el Consejo General de Colegios de Médicos (CGCOM) se ha detectado una cierta aceleración del proceso de huida al extranjero. El número de peticiones para salir a trabajar fuera de España han aumentado un 56% en el último año, gracias al registro de certificados de idoneidad profesional que expide el propio consejo.
En 2010, estos certificados ascendieron a 1.164, frente a los 746 del año anterior. Gran Bretaña volvió a convertirse en el país preferido por los médicos españoles al que el año pasado se marcharon un total de 483 facultativos. Entre los motivos que indujeron a esta marcha destacaron el idioma y la retribución, que puede llegar a doblar la remuneración española según el puesto a ocupar. Por detrás se encuentra Portugal, que captó a 194 doctores, gracias a la cercanía, la lengua y un sistema que resulta mucho más sencillo para obtener la especialización MIR, según confirman varios expertos.
"Muchos médicos españoles no llegan a hacer la especialidad en España", explica el secretario del CESM. De hecho, el 80% de quienes se examinaron en las últimas semanas del MIR mostraron su disponibilidad para trabajar fuera. Como tercer país de elección aparece Francia, con 59 peticiones, la mayoría catalanes y baleares. Le sigue Irlanda, con 40 peticiones; Alemania, que el año pasado se hizo con 34 doctores españoles frente a los 17 que captó en 2008, y Suecia, con 33. Italia ocupa la sexta posición, con 32 peticiones. Todas ellas cifras todavía asumibles.

Docentes y profesionales del turismo, también en la lista

La Embajada alemana ha dispuesto en su página web un apartado para quienes quieran trabajar allí (www.madrid.diplo. de/), donde se informa sobre los trámites y documentos que deben presentar los candidatos. La oferta no se limita a ingenieros o médicos, sino que se amplía también a docentes y profesionales relacionados con la hostelería y el turismo.
Según reza en el texto, quienes estén decididos a cruzar los Pirineos, "deben dirigir un e-mail con sus datos de contacto y sus características (en español y alemán) a la siguiente dirección: grupo. eures.alemania@ sepe.es, indicando en el asunto del e-mail la referencia que corresponda a su ámbito profesional".
En el caso de los españoles, la homologación de los títulos se hace de forma automática, según explican en la Confederación Estatal de Sindicatos Médicos.

  

La oferta de Merkel tienta a médicos de Lugo (El Progreso)

 

     

9 feb 2011

Portugal: Cavaco veta diploma que permite substituição de medicamentos

O Presidente da República vetou hoje o diploma do Governo sobre prescrição de medicamentos que permite que a prescrição da marca do medicamento pelo médico seja substituída pelo farmacêutico, quer por medicamento genérico, quer por outro essencialmente similar.
"O Presidente da República devolveu hoje ao Governo, sem promulgação, o diploma que prevê a obrigatoriedade da prescrição de medicamentos mediante a indicação da sua denominação comum internacional (DCI), ou nome genérico, bem como a obrigatoriedade da prescrição electrónica", lê-se num comunicado divulgado na página da Internet da Presidência da República.
O diploma do executivo que agora foi vetado pelo Presidente da República, Aníbal Cavaco Silva, permitia que a prescrição da marca do medicamento pelo médico seja substituída pelo farmacêutico, quer por medicamento genérico, quer por outro essencialmente similar, a menos que, na receita, seja incluída a respectiva justificação técnica.
No comunicado, é referido que, à semelhança do que defendem cartas e pareceres chegados à Presidência da República, Cavaco Silva considera que "que não se encontram devidamente avaliados os efeitos do regime que se pretende aprovar, muito em particular sobre a insegurança provocada pela amplitude da possibilidade de alteração sistemática dos medicamentos com base na opção do utente e na disponibilidade de cada marca".
Na nota recorda-se ainda que a matéria está neste momento a ser objecto de alterações na Assembleia da República e, por esse motivo, o Presidente da República entende que seria "muito inconveniente que os utentes do Serviço Nacional de Saúde, num tema de tão grande sensibilidade, se vissem confrontados com a instabilidade legislativa resultante de eventuais novas alterações".
"No que se refere à obrigatoriedade de prescrição electrónica, não se entende que seja determinada a sua entrada em vigor no primeiro dia do mês seguinte ao da sua publicação, uma vez que não foi ainda publicada a regulamentação prevista no art.º 7º do Decreto-Lei nº 106-A/2010, de 1 de Outubro, no qual se estabelecia, e bem, um prazo razoável entre a publicação da referida regulamentação e a entrada em vigor daquela obrigatoriedade", é ainda acrescentado.

7 dic 2010

A UE rexeita alzar a baixa maternal de 14 a 20 semanas

Bruxelas apela á crise económica e aos problemas de reinserción labora. 

Os países da Unión Europea mostráronse onte contrarios a ampliar a baixa por maternidade de 14 a 20 semanas ao considerar que tería repercusións económicas demasiado importantes dado o contexto actual de crise e que non favorece a incorporación da muller ao mercado laboral. Os ministros europeos de Emprego e Asuntos Sociais pronunciáronse onte en Bruxelas en contra da petición do Parlamento Europeo de chegar ata as 20 semanas, máis dúas de paternidade, totalmente remuneradas.