13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





14 abr 2011

Farjas afirma que Verín pode atender pacientes lusos co hospital actual

Sanidade estuda que o centro ourensán atenda os partos de Chaves, que mantén unha poboación adscrita de 80.000 persoas

Xornal de Galicia


A Consellería de Sanidade “explora” a posibilidade de acoller a poboación do municipio portugués de Chaves no Hospital de Verín. Segundo explicou onte a conselleira Pilar Farjas no Parlamento galego, o centro ourensán “ten capacidade” actualmente para atender os partos da poboación adscrita a esta localidade, que se estima en 80.000 habitantes. Esta cantidade, suporía triplicar a cifra de 35.000 galegos que xa teñen servizo neste centro.
A portavoz de Sanidade do BNG, Ana Luísa Bouza, mostrouse preocupada pola “nova poboación” que atendería o Hospital de Verín se finalmente a Xunta chegara a un acordo co norte de Portugal, así como pola necesidade de ampliar as instalacións ou os cadros de persoal para evitar que esta reestruturación dos servizos sanitarios da comarca “deteriorase a asistencia dos galegos”. Nesta liña, preguntou á conselleira canta poboación asumiría Verín, cando se firmaría este acordo e a que municipios se lles daría servizo.
A deputada nacionalista explicou ademais que na actualidade, o servizo de partos do Hospital de Verín funciona polo “voluntarismo” do seu persoal. Así, Bouza espuxo que o centro conta con dous pediatras compartidos, tres xinecólogos que teñen que facer dez gardas ao mes para cubrir todo o horario e só unha matrona para darlle servizo á poboación de 35.000 habitantes.
Pola súa conta, a conselleira ve unha interpretación diferente destas cifras. Farjas calculou que na comarca ourensá hai unhas 5.000 mulleres en idade fértil, o que segundo a responsable de Sanidade do goberno autonómico supón unha media de 150 partos ao ano e uns tres nacementos á semana. Neste sentido, a responsable do Sergas alegou que o centro ten unha “capacidade maior” para dar cumprimento aos tratados de cooperación transfronteiriza e atender así ás embarazadas de Chaves. A maiores, Farjas argumentou que o centro galego está a tan so 15 quilómetros desta localidade portuguesa, mentres que os hospitais máis próximos do país veciño supoñen recorrer entre 70 e 150 quilómetros de distancia.

CALENDARIO INTERRUMPIDO
A responsable de Sanidade tamén explicou que a crise económica e política que vive Portugal supuxo unha “interrupción” no calendario de traballo previsto por ambas as dúas administracións.
Farjas tamén deu conta dunha decisión do Consello Europeo no que se insta aos estados membro a “facilitar a prestación transfronteiriza”. Neste sentido, a conselleira explicou que a UE permite desde o pasado 7 de marzo que os cidadáns dun país recorran aos centros sanitarios dun país veciño sempre que estes estean máis preto que os que lle corresponderían. Esta orde supón dar cobertura en Tui aos cidadáns de Valença, aos que o pasado ano se lles pechou o servizo de urxencias nocturno e que vían en España o centro máis próximo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario