13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





14 abr 2011

Unha fundación codirixida por Romay a piques de lograr máis contratas do Sergas

A Fundación Renal Íñiga Toledo (FRIAT) anunciou a súa expansión pola Mariña e o Barbanza nunha asemblea en decembro na que participaron Romay Beccaría (tesoureiro do PP e ex-conselleiro de Sanidade) e a actual conselleira de Sanidade, Pilar Farjas.

 

Galicia Confidencial

O tesoreiro do PP estatal e histórico líder do sector urbano dos conservadores en Galicia, José Romay Beccaría, é vogal da Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo (FRIAT). O principal candidato do SERGAS para privatizar a diálise no Hospital do Barbanza é esta fundación privada.

Así o denunciaron tanto a CIG como a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza. O xerente do Hospital do Barbanza xa admitiu a existencia de negociacións, malia que insiste que non hai un acordo pechado.

Polo contrario, en decembro a revista especializa no sector "Publicación Médica de Nefrología" xa anunciaba a existencia de negociacións. De feito, daba por feita a expansión da FRIAT na Mariña e no Barbanza.


A rama máis católica no PPdeG

Así figuraba nunha crónica dunha asemblea da FRIAT á que acudiron Romay e Farjas, destacados persoeiros na rama máis católica do PP galego:

"La Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo potenciará su oferta en Vigo y estudia abrir nuevos servicios en las comarcas de Barbanza y Mariña lucense. Así se indicó en la reunión de su patronato, celebrada recientemente el hotel NH, en la que aprobó los presupuestos del próximo año y que contó con la asistencia de la consejera de Sanidad, Pilar Farjas, a quien el vocal de la entidad, José Manuel Romay Beccaría, expuso la actividad que realizan y los proyectos que tienen previstos", explicou a revista.

A FRIAT xa conta con tres centros en Galicia, no Barco, Os Carballos de Vigo e Os Salgueiros. A Fundación privada dá aos hospitais públicos ou concertados  de Verín, Vigo e Ourense.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza rexeita que ceder a nefroloxía pública á FRIAT sexa a solución. Os activistas cren que deste xeito perderían a praza fixa do nefrólogo actual.

A falta de investimento do Sergas na comarca está a obrigar a gran parte dos doentes que precisan diálises a ter que viaxar ate Santiago.

Romay, pai político de Feijóo
Romay Beccaría foi conselleiro de Sanidade nos inicios da era Fraga. Nese departamento foi onde o funcionario Alberto Nuñez Feijóo asumiu os seus primeiros cargos políticos de responsabilidade na Xunta.
Posteriormente Romay foi chamado polo presidente Aznar ocmo ministro de Sanidade, departamento no que Romay foi superior tanto de Feijóo como de Farjas. Por iso Romay, actual tesoureiro no PP estatal, está considerado o mentor político do actual líder do PP galego e da conselleira de Sanidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario