13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





29 abr 2011

Sobre as listas de espera no hospital (opinión do Dr. Manuel Sarmiento)

Publicado na sección de Tribuna da Voz de Galicia 29-4-2011

Nota: O Dr Sarmiento é Médico de Familia de atención Primaria en Chantada, da área sanitaria de Monforte.


Son Manuel Sarmiento Rodríguez, médico de atención primaria no centro de saúde de Chantada, e diríxome a este medio de comunicación diante do estupor que me causou ver como se minte dende a xerencia do Hospital Comarcal á hora de lavar a cara da Consellería de Sanidade dicindo que se recortaron as listas de espera. Desexo denunciar que hai máis dun mes solicitei para unha paciente do meu cupo interconsulta co servizo de neuroloxía. Cando volvo ver á paciente pregúntolle para cando tiña consulta e respóndeme que “aínda non ten consulta por canto as listas de espera para neuroloxía están pechadas ata o ano que ven”. Esta é a máis grande vergonza da sanidade comarcal, como para que aínda se pretenda presumir do acurtamento nas listas de espera. É verdade que neuroloxía é un servizo con longa espera, pero iso é porque na área máis envellecida de Galicia non temos xeriatría e esas funcións repártense entre neuroloxía e saúde mental, coa lóxica saturación destas especialidades. Pero por outra banda tampouco teremos pediatría, como estamos a ver no Concello do Saviñao. Ou sexa, nin está atendida a infancia nin a senilidade. Co cabreo que me provocan ditos triunfalismos, considero que a función dun xestor debería ser a búsqueda de solucións ás carencias en prestación de servizos públicos sanitarios, non a de mentir nin solapar as deficiencias nin as necesidades dunha poboación que loita para evitar o desmembramento do medio rural. Así non, señor xerente, así só se engana a si mesmo, non a unha poboación desperta e cada vez máis concienciada.

   

Os datos segundo a CIG: medio ano de espera en oftalmoloxía

La Voz de Galicia



A CIG sostén que as estatísticas oficiais sobre listas de espera do hospital, facilitadas o mércores pola dirección, non son veraces. Segundo os seus datos, a verdade é que a media para pasar por quirófano en oftalmoloxía é de seis meses (oficialmente 73 días), en cirurxía xeral de 73 e non 60, en urología sesenta días e non 44, e en traumatología 95 días e non 60. En canto ás consultas, este sindicato só facilita a súa versión sobre a espera media en oftalmoloxía, de case un ano, asegura.
A CIG quéixase ademais de que os responsables do hospital dixesen durante a presentación dos datos de lista de espera do primeiro trimestre do 2011, que nestes momentos non hai vacantes médicas sen cubrir. Hainas, di a CIG, en pediatría e raios.


O hospital asegura que non ten axendas pechadas

Un médico de Chantada denuncia que a unha paciente súa non lle dan cita en neuroloxía ata o ano que vén

La Voz de Galicia


O hospital de Monforte non ten na actualidade axendas de citas pechadas en ningunha das súas especialidades médicas. É o que asegurou onte a dirección do centro, despois de que un médico do centro de saúde de Chantada enviase a este diario un comunicado [reproducido integramente na páxina 15 deste caderno pequeno de información local] no que asegura que a unha paciente súa dixéronlle fai aproximadamente en Monforte un mes que non lle pode dar vez para ver ao neurólogo do hospital porque a axenda de citas desta especialidade está pechada ata o ano que vén.
Consultados sobre esta cuestión, portavoces oficiais da Consellería de Sanidade responderon que «non hai axendas pechadas non hospital». O único que admiten é que en función do tipo de consulta de que se trate, o tempo de espera para ver ao médico pode ser maior ou menor. Os portavoces da consellería sosteñen ademais que os únicos datos de lista de espera son os que presentou o xoves o xerente Benigno Pérez. «Non hai outros nin están maquillados», aseguran.