13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





19 mar 2011

Povisa desminte a súa venda e nega que aceptara unha oferta do Sergas

O centro asegura que non houbo cambios no seu gasto farmacéutico desde 2006 e rexeita as taxas de eficiencia que quere poñerlle o Sergas

Xornal de Galicia


A dirección do hospital vigués Povisa negou onte que aceptara a proposta económica da Xunta para financiar o novo concerto –por medio do pagamento dunha cantidade per cápita– xa que, segundo apuntou, non recibiu a copia do estudo no que se basea a Consellería de Sanidade para ofrecer 618,4 euros por paciente. Ademais, acusou a Administración de ser a responsable no atraso da sinatura dun novo convenio que garanta a atención sanitaria aos vigueses dependentes do hospital e negou que exista unha negociación para vender o centro ao grupo valenciano Ribera Salud.
Fontes da empresa insistiron en que o hospital “en ningún momento aceptou esa cifra definitiva” e denunciaron unha “estratexia desestabilizadora” por parte da Xunta para “impoñer” as súas propias condicións. A ese respecto, acusaron a administración autonómica de “intoxicar” á hora de dar información sobre o que se negocia nas reunións, con datos que non se axustan á realidade, ademais de exercer presión sobre os traballadores, que son o “principal activo” de Povisa.
O hospital enmarca nesa estratexia do Sergas o atraso nas liquidacións, os “erros e nesgos” no cálculo do pagamento per cápita, a “falta de avance nas reunións” e a negativa a entregar copias dos informes solicitados. Ademais, Povisa desmentiu que estivese a atrasar deliberadamente a sinatura do novo concerto. Tamén que a Xunta lle presentara “oferta algunha de peche” e precisou que, respecto ao gasto de farmacia, “nada cambiou dende 2006” –ano en que esta prestación entrou en vigor– e que todos os datos están dispoñibles para a inspección a través do sistema informático.
Finalmente, o grupo Nosa Terra 2000, principal accionista do hospital, fixo un chamamento á “tranquilidade” de traballadores, provedores, clientes e pacientes, e reiterou o seu compromiso co proxecto de Povisa. Así mesmo, declarouse “a disposición do Sergas para retomar a senda do diálogo”. Insistiu en que a súa proposta para o novo concerto pasa por un acordo para dez anos, cun pagamento per cápita –para unha poboación de 135.000 usuarios– de 596,76 euros “máis o custo da actividade derivada”, unha cantidade que, en todo caso, debe ser revisada anualmente “baseándose no gasto real en Galicia”. Así mesmo, rexeitou as taxas de eficiencia que pretende impoñer a Xunta e que supoñen, a xuízo do centro, uns recortes inasumibles.

Povisa atribuye al Sergas un intento de desestabilizarla (El País)