13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





8 feb 2011

Un negocio a conta da nosa saúde: POVISA

INFORME PUBLICADO NA WEB DOS NOSOS COMPAÑEIROS DA PLATAFORMA DE CANGAS


Sanidade cifra en 3,9 millóns o "aforro real" en 15 días co catálogo

Farjas destaca que Galicia se sitúa "por primeira vez" á cabeza da prescrición de xenéricos, cun 27%, un 86% máis que en 2010

 Europa Press

A Consellería de Sanidade cifrou en 3,9 millóns de euros o "aforro real" en 15 días --entre o 17 e 31 de xaneiro de 2011-- coa implantación xeneralizada do catálogo priorizado de medicamentos.

   Así o destacou en rolda de prensa a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, que sinalou que isto permite realizar unha estimación de aforro de case 8 millóns de euros mensuais e de máis de 90 millóns anuais.
   Farjas puntualizou que se prescriben unhas 40.000 receitas ao día ao amparo do catálogo de medicamentos na Comunidade galega, das cales menos dun 1% corresponde a excepcións recollidas na súa aplicación.
   "O catálogo está a cumprir o seu obxectivo", subliñou, en relación á mellor xestión dos recursos, manter as mesmas coberturas terapéuticas que o resto de España" e "protexer" a sostenibilidad financeira da sanidade pública de Galicia.
   Ademais, destacou que en canto á evolución de prescrición de xenéricos, experimentou un incremento do 86 por cento, ao pasar do 14,5 por cento o pasado de xuño de 2010 ao 27 por cento en xaneiro de 2011 coa implantación do catálogo. Ao respecto, Farjas precisou que en xuño de 2008 se situaba no 9,6 por cento e no mesmo mes de 2009 no 10,7 por cento.





"NA CABEZA"
   Ao respecto, a titular de Sanidade afirmou que "Galicia abandona os postos de cola" en prescrición de xenéricos e "por primeira vez" se coloca "na cabeza", prescribindo "por enriba" da media española que, segundo os últimos datos difundidos, segundo recordou a conselleira, estaba no 26 por cento.
   "É algo que nunca sucedeu", insistiu Farjas, que atribuíu este dato á iniciativa de potenciación de prescrición de xenéricos ou de fármacos de menor custo e ao catálogo priorizado de medicamentos. "É posible actuar na racionalización do gasto dentro das competencias das comunidades", aseverou.
   Así mesmo, a conselleira fixo referencia ao gasto farmacéutico en Europa, sobre o que observou que, segundo os indicadores sanitarios da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos de 2008, os países europeos con maior gasto farmacéutico eran Hungría (31,6% do gasto sanitario); Eslovaquia (27,6%); e España (20,5%).
   Pola contra, con menor gasto eran Reino Unido (11,8%); Suecia (13,2%); Alemaña (15,1%) e Francia (16,4%). Ao respecto, Farjas dixo que os países con menos gasto son as primeiras potencias europeas "referentes" en industria, tecnoloxía, capacidade de financiamento e sedes dalgunhas multinacionais farmacéuticas "máis importantes".

ESPAÑA COAS FARMACÉUTICAS
   Nesta liña, sinalou que os países máis desenvolvidos e con maior solvencia económica son os que menos gastan porcentualmente en farmacia, mentres que os que teñen maiores dificultades económicas e unha maior taxa de desemprego son os "mellores clientes" das multinacionais farmacéuticas.
   Por iso, Farjas recalcou que "preocupa" que "España estea a defender os mesmos argumentos que as farmacéuticas". "Algo está a fallar en España na política de gasto", engadiu, ao tempo que considerou que "non pode esperar máis" a adoptar medidas para a racionalización do desembolso sanitario.
   Deste modo, a conselleira de Sanidade insistiu en que "todos os galegos teñen acceso aos mesmos medicamentos que o resto dos cidadáns de España" porque, matizou, "un medicamento non é unha marca, senón un fármaco que cura unha patoloxía". Por iso, aseverou que "non é razoable" gastar máis cando existen medicamentos coa mesma eficacia a un custo menor.

DIÁLOGO
   Neste sentido, considerou Farjas que se a ministra do ramo, Leire Pajín, coñecese de primeira man o funcionamento do catálogo "é imposible" que non se poña do lado de Galicia. Así, sinalou que a Xunta está "aberta ao diálogo". "E non nos cansaremos de estalo", apostilou.
   Pilar Farjas explicou que pedira tres entrevistas con Pajín para explicarlle o funcionamento do catálogo, unha das cales "foi suspendida por problemas de axenda" da ministra, mentres que en relación ás outras dúas lamentou que segue esperando resposta.

RECURSO
   En relación ao recurso de inconstitucionalidade contra o catálogo aprobado polo Consello de Ministros o pasado venres, Farjas asegurou que non coñece nin tivo notificación oficial do acordo. "Nin coñecemos a literalidade dos acordos", abundou e sinalou que Galicia "se situou ao lado dos intereses dos cidadáns", mentres que criticou que a postura do Ministerio de Sanidade coincide coa das multinacionais farmacéuticas.
   "O catálogo non exclúe a ningún medicamento e Galicia garante o cen por cento da cobertura de todos os principios activos e posibilidades terapéuticas", sentenciou. Con todo, recordou que quen autoriza os grupos de intercambio terapéuticos de fármacos "é a Axencia do Medicamento de España", que depende do ministerio.



Sanidade cifra en 3,9 millones el ahorro 'real' de catálogo de fármacos en 15 días (El Mundo)

  

La encrucijada farmacéutica (El Mundo)

 

O Sergas aforrou 3,9 millóns na primeira quincena de catálogo ( Xornal.com)



   

Problemas en Psiquiatría do CHUS polo catálogo priorizado

Algúns pacientes "néganse a cambiar de medicación", mentres que outros se queixan de que os novos tratamentos non lles funcionan, confirma o doutor Ignacio Tortajada, xefe de Servizo ·· "Cando non lles fai efecto o composto para durmir" acaban por duplicar a dose ou poñerse nerviosos

 

Galicia hoxe

A área de Psiquiatría do Hospital Clínico de Santiago (CHUS) está detectando problemas derivados da aplicación do catálogo priorizado de medicamentos, polo que só se financian os fármacos máis baratos dentro de cada principio activo -isto é, maioritariamente xenéricos- e que provoca reticencias por parte de médicos e pacientes de psiquiatría.
Nuns casos, os doentes néganse a aceptar o cambio de medicación: a presentación do tratamento nu- nha caixa distinta ou cun sabor diferente provoca reticencias que anulan o "efecto placebo" das medicacións para a saúde mental.
Noutros, quéixanse de que o novo fármaco, o xenérico, non ten o mesmo efecto, non lles funciona.
Así o confirmou onte en declaracións a GALICIA HOXE o doutor Ignacio Tortajada Bonaselt, xefe de servizo de Psiquiatría do Hospital Clínico de Santiago, quen pon o exemplo dun "hipnótico que toma un paciente para durmir. Como o novo xenérico non lle funciona, di que ten que tomar dous e ponse nervioso porque lle tarda máis tempo en facer efecto que o outro".
É cedo, aclara o especialista, para saber se se pode falar dun agravamento dos casos en psiquiatría do CHUS provocado pola aplicación do novo catálogo, que entrou en vigor o día tres de xaneiro e que botou a rodar ao cento por cento o día 17, pero si se constatan casos prácticos de complicacións derivadas de tal iniciativa, como as que relata o doutor Ignacio Tortajada.
E é que, tendo en conta que "moitos pacientes, sobre todo na miña especialidade", o mesmo que os anciáns, "se fixan polo aspecto, a cor e o sabor do medicamento, non podemos opinar que así se lle estea dando un bo servizo clínico ao paciente". "Paréceme unha cubanización do asunto", asevera o doutor.
A opinión do especialista respecto da iniciativa do Goberno galego dos populares para o aforro da factura farmacéutica -que saíu adiante cos votos do BNG- é desfavorable.
Así, e deixando claro de antemán que "todos queremos contribuír ao aforro do gasto farmacéutico", critica o catálogo priorizado porque "o encheron de xenéricos, cando é posible que algúns de marca cun prezo similar ou incluso inferior ao xenérico, desapareceran".
Tampouco entende, segundo declarou a GH, "que digan que un xenérico é clinicamente igual a un de marca". En moitas ocasións, engade si o é, "pero non noutras, e tampouco se lle advirte á poboación de que aos xenéricos se lles permite unha variabilidade na dose de máis ou menos o 20 cento", ao tempo que "tamén varían os excipientes que acompañan á molécula activa, repercutindo na farmacoxenética do medicamento, e isto faise máis patente en fármacos que posúen unha marxe terapéutica reducida", indica o xefe de servizo de Psiquiatría.
Canto ás farmacias consultadas por este xornal, pertencentes á área de Compostela, tamén constatan problemas neste camiño. Confírmannos que se produce sobre todo en doenzas de coronarias e saúde mental, en xente que está tomando medicación da tensión, para durmir ou para a ansiedade que din que "o xenérico non lle fai nada" e optan por pagar a marca, cando a diferenza pode ser de 20 euros. Outros, máis indignados, preguntan onde o poden denunciar.

Os colexios de farmacéuticos apuran o seu recurso
Un novo recurso, desta vez dos Colexios de Farmacéuticos, súmase á longa lista de formalizacións en contra do catálogo priorizado de medicamentos galego. Tras a iniciativa presentada, o 20 de xaneiro, pola Federación de Farmacias de Galicia (Fefga) ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en contra da lista por invadir competencias, crear desigualdades e provocar problemas de saúde. Despois do recurso de Farmaindustria que, cos mesmos argumentos, se formalizou o 31 de xaneiro; a decisión do Goberno central de levar o catálogo ao Tribunal Constitucional (TC), que se materializará en breve; e os manifestos de distribuidoras e fabricantes de xenéricos na mesma liña, os Colexios de Farmacéuticos da comunidade farán o propio antes de que finalice este mes.
Así o confirmou onte a presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Lugo, Ana Prieto, quen aclarou que o recurso se interpón "non contra a lei, senón contra o catalogo" debido "á inseguridade xurídica na que se deixa ás oficinas de farmacia de Galicia". Neste liña, Prieto manifestou que se trata dunha medida que "podendo ter xustificación económica, desde o punto de vista da administración en termos de aforro, non ten xustificación xurídica, xa que invade competencias estatais e rompe a igualdade de acceso dos cidadáns aos medicamentos financiados polo Estado".
"Non estamos en contra de medidas de aforro, nin de medidas que signifiquen unha sustentabilidade do sistema sanitario, senón que o facemos por inseguridade xurídica", insistiu. O desabastecemento de certos medicamentos, como consecuencia do catálogo, segue sendo "diario", advertiu Ana Prieto, quen concretou que a falta de provisión se liquida en "24 ou 48 horas" e, como no caso de onte, luns, o desabastecemento é de Melisocan, "o que non quere dicir que se cadra o haxa pola tarde", engadiu.
"Os laboratorios fabricantes dalgúns medicamentos non estaban dimensionados para abastecer toda a demanda que se lles xerou todo estes días. Están fabricando, pero non alcanzan a operatividade suficiente para abastecer a demanda que se xerou deste tipo de medicamentos", concluíu Prieto.
O ditame do TC dependerá da "afiliación dos maxistrados", opina o BNG
Populares e nacionalistas galegos cargaron onte contra o recurso presentado polo Goberno central pola suposta inconstitucionalidade do catálogo priorizado, e amosaron unha vez máis a súa oposición á decisión adoptada no Consello de Ministros de venres pasado. Con todo, os nacionalistas galegos introducen o matiz de que a Xunta ten que actuar e "non só queixarse".
Neste contexto, o voceiro do Grupo Popular, Manuel Ruiz Rivas, esixiulle ao Goberno central que "recapacite" e que "non prive" a Galicia do aforro que supón o catálogo.
Pola contra, os socialistas, a través do seu voceiro parlamentario, Abel Losada, censuraron que a Xunta invertera "a secuencia razoable e lóxica" a optar por poñer o catálogo en vigor e pedir, a posteriori, "diálogo e consenso". Ao seu xuízo, primeiro tiña que ser debatida no seo do Consello de Nacional de Saúde, polo que opina que "é unha forma peculiar de pedir consenso".
No entanto, o popular Ruiz Rivas criticou a "incoherencia" do Goberno central, que "tanto fala un día" de adoptar medidas de aforro como "anuncia ao seguinte" a presentación dun recurso "contra unha delas". Así, remarcou que o recurso "non ten outras motivacións que as políticas".
Neste contexto, o que esixe o Bloque é que a Xunta "actúe máis alá de operacións mediáticas", posto que, constatou, "se descoñece que tipo de presións" está a realizar para evitar que siga adiante este recurso. Aos socialistas, polo seu lado, esíxelles que definan "de que lado están", se coas industrias farmacéuticas, ou coa calidade do servizo. Baixo o punto de vista de Aymerich, posto que Galicia ten dedicación exclusiva en materia de sanidade, as delimitacións tamén deben pertencer ao ámbito da Comunidade. "Non ten sentido que quen negocie sexa o Goberno español e que os que paguen sexan as comunidades", ilustrou.
Sobre a evolución do recurso no Constitucional, Aymerich recordou a sentenza sobre o Estatut para concluír que "haberá que ver a afiliación" dos maxistrados que o analicen para adiviñar o seu final. Un ditame do TC pode ser "cara, cruz ou canto", reflexionou en canto a resolucións sobre as competencias das comunidades e o título VIII da Constitución -sobre a organización territorial do Estado-.
Ignacio Tortajada
"Tampouco se lle advirte á poboación de que aos xenéricos se lles permite unha variabilidade na dose e de que varían os excipientes que acompañan á molécula activa"

    


O catálogo e a igualdade social

O doutor Quintáns defende neste artigo o proxecto da Xunta

 La Voz de Galicia


Coñecerán exemplos do mesmo xoguete con prezos distintos segundo a tenda, do mesmo xeito que diferentes prezos dun mesmo produto en distintos supermercados. A persoa que en tempos de crises xestione as finanzas do fogar recibirá os nosos encomios se compra cada produto no lugar máis alcanzable. Estamos a asistir a un exemplo idéntico co debate do catálogo de medicamentos aprobado polo Parlamento galego. Antes de nada, unhas aclaracións:
1. Os medicamentos son aprobados cun prezo superior ao da súa fabricación, que se mantén durante 10 anos, para amortizar o custo de investigación. Aínda que non todos os medicamentos teñen unha custosa investigación ou son realmente unha mellora en comparación cos existentes.
2. Pasados 10 anos, o seu prezo como xenéricos baixa ao de razoable beneficio.
3. Algunhas firmas manteñen o prezo alto xa que, aínda que perdan tratamentos, a marxe de beneficio é moito maior.
4. Está demostrado que os produtos son idénticos, esta discusión non é admisible farmacológicamente falando, a pesar dalgunhas informacións contraditorias interesadas.
5. Algúns produtos son comercializados por moitas empresas, pero non hai tantas fábricas, moitos deles saen da mesma.
6. A liberdade de prescrición do médico é para elixir o medicamento máis adecuado, non as cores da caixa. Por iso os colexios médicos están a favor da norma.
A cuestión presenta diferentes puntos de vista. O científico non admite debate. Mesmo medicamento, mesmo efecto, igual resultado. Un científico nin entraría na discusión. Desde o punto de vista comercial as empresas que fixan uns prezos maiores intentan conseguir maiores beneficios pero se arriscan a perder vendas. Son leis do libre mercado. O laboratorio, tras facer os seus cálculos, pode decidir manter prezos máis altos, é a súa decisión e o seu risco. Fíxense que os laboratorios de marca teñen a honestidade de non argumentar que os medicamentos xenéricos non fan o mesmo efecto. O mesmo sucede coa rede de farmacias e distribuidores. Os seus beneficios son a porcentaxe, a maior prezo maior beneficio. Por isto recorrerán a norma, aínda que apelen a argumentos de defensa do paciente.
No punto de vista político, tras a aprobación da norma, vemos que o Ministerio de Sanidade decidiu impugnala por xerar «desigualdade entre os cidadáns de Galicia e os doutras comunidades».
Melloras co aforro
E ten razón o ministerio. Toda. Mentres en Galicia un paciente que consome medicamentos por valor de 600 euros ao ano vai recibir o mesmo tratamento por 400 e o Sergas vai dispor doutros 200 para unhas benvidas melloras da nosa sanidade, os cidadáns doutras comunidades van ver gastados os 600 nos mesmos medicamentos sen dispor de cantidade algunha para esas melloras. E iso é pura e chaira desigualdade.
Con estas evidencias, o progresivamente desprestixiado Ministerio de Sanidade anuncia a impugnación do proxecto galego, abundando aínda máis na desigualdade por non impugnar proxectos similares doutras comunidades. Explícome. O País Vasco e Cantabria, por exemplo, substituíron algúns medicamentos hai meses. Para o ministerio, facelo cun ou varios medicamentos non é desigualdade, pero facelo cun par de ducias si.
De feito, anúncianse problemas cos conselleiros de Saúde das comunidades afíns ao ministerio, que non ven moi ben iso de contrariar a Galicia á conta de non poder aforrar en gasto tendo un catálogo como o noso. Faría ben o ministerio e os políticos que se apuntan ás súas teses en copiar o proxecto ou intentar pensar nalgún útil. Que moitas medidas de recorte sobre os cidadáns vemos, pero poucas de recorte de gasto na Administración.
Para rematar, o punto de vista social. Os profesionais da sanidade vemos que a maioría dos pacientes comprenden estas medidas. Será que son máis maduros que algúns gobernantes. Está claro que a día de hoxe os galegos debemos felicitarnos, a pesar dalgúns e por unha vez, a desigualdade favorécenos. Nós estamos mellor.
O ministerio non impugnou proxectos similares noutras comunidades


    

O Sergas descoñece os argumentos do Goberno para recorrer o catálogo

Madrid confía en presentar a apelación ante o Constitucional esta semana

La Voz de Galicia

O Servizo Galego de Saúde non recibiu ningunha comunicación oficial sobre o recurso de inconstitucionalidade que o Goberno central vai presentar contra a Lei de Galicia sobre racionalización do gasto na prestación farmacéutica, do 22 de decembro do 2010. A Consellería de Sanidade vai máis aló e afirma que «descoñecemos en que se baseou xuridicamente a postura do Goberno», a non ser polas informacións publicadas nos medios de comunicación e na propia web do Consello de Ministros.
O departamento que dirixe Pilar Farjas insiste en que se trata dunha decisión política e que polo momento a listaxe priorizada de medicamentos segue en vigor. En canto ás medidas que vai levar a cabo a Xunta para tratar de evitar que o recurso siga adiante, polo momento manteñen as peticións de reunión coa ministra de Sanidade, Leire Pajín. A consellería remitiu xa dúas cartas ao ministerio solicitando un encontro co seu titular e preguntando se as aclaracións ás dúbidas legais eran suficientes. O secretario xeral de Sanidade sinalou onte que non ten notificación destas cartas pero que está aberto ao diálogo.
Pola súa banda, o Ministerio de Xustiza, que é o que debe presentar o recurso a través da Avogacía do Estado, aínda non formalizou a apelación no Tribunal Constitucional. Desde este ministerio aseguran que nestes momentos está en estudo e «posiblemente preséntese esta semana».
Non existe ningún precedente no que o Constitucional non admita a trámite un recurso do Goberno con informe favorable do Consello de Estado. E a admisión implica a paralización da lei, polo que polo menos temporalmente o catálogo ten os días contados.
A Xunta, pola súa banda, confía na legalidade da lei aprobada en decembro polo Parlamento, asegurando que se a ministra coñecese os seus resultados, apoiaríaa. Nega ademais, como argumentou o Goberno central, que queden 427 medicamentos sen financiar, xa que «un medicamento non é unha marca, senón un fármaco que cura unha enfermidade, e todos están financiados». Respecto da idoneidade de solicitar as medidas de racionalización do gasto farmacéutico no Consello Interterritorial de Sanidade e non de forma unilateral cunha lei, a Xunta defende que pediu abordar estas iniciativas en tres reunións deste órgano.

Presións contra xenéricos
As filtracións de Wikileaks deixaron ao descuberto, tal e como publica O País, os problemas aos que se enfrontan algúns Gobernos para fomentar os xenéricos ante as enormes presións dos laboratorios.