13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





PROPOSTA DA PLATAFORMA PARA OS PROGRAMAS ELECTORAIS

ESCRITO DE PRESENTACIÓN

Tal como recollemos no noso manifesto fundacional, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública vén reclamando uns obxectivos  do ámbito sanitario que ben seguro vostede xa coñece. Ante o momento que estamos a vivir e a poucos meses dunhas eleccións municipais, non podemos desaproveitar a ocasión para facerlle chegar a nosa proposta que esperamos que vostede comparta e incorpore no seu programa electoral.

Como xa dixemos, trátase dunha proposta que entenderemos que vostede e o seu grupo político respaldan se a vemos fielmente reflectida no seu programa electoral.
Estamos a falar dunha proposta de mínimos, isto é que cando menos no seu programa electoral vexamos plasmadas as nosas demandas sen xogos de palabras que poidan confundir á cidadanía, e asimesmo, valorariamos calquera outra mellora que vostede quixese engadir buscando sempre a mellor atención sanitaria para a nosa área.

Os OBXECTIVOS que pretendemos son:
a)    Introducir no debate e nos programas políticos das eleccións municipais a situación da área sanitaria e do hospital de Monforte.
b)    Definir por parte do/-a candidato/a as súas propostas no ámbito sanitario de Monforte.

E para acadar estes obxectivos, os candidatos/-as monfortinos/-as de todos os partidos políticos que se presenten ás eleccións serán convocados a un debate público, que terá como única liña de discusión as demandas plasmadas no noso manifesto, que non son outras que as que seguen:

a.    Defensa da Sanidade Pública.
b.    Defensa da área sanitaria de Monforte de Lemos.
c.    Defensa do noso Hospital Comarcal.

P.D.: Achegámoslle unha copia do noso manifesto.

Monforte de Lemos, 28 de febreiro de 2011




DOCUMENTO DAS PROPOSTAS:


A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte pretende e solicítalles aos partidos políticos, que se presenten ás vindeiras Eleccións Municipais, que incorporen no seu programa electoral as nosas demandas que a continuación se detallan:

1)    A defensa da Sanidade Pública imprescindible, irrenunciable e íntegra.

2)    A defensa da Área Sanitaria de Monforte como Área de Xestión Integrada Propia, sen dependencia de Lugo nin doutra estrutura máis ca da propia Consellería de Sanidade, mantendo todas as capacidades que ten na actualidade.
a)    A esixencia da publicación do decreto que regule a Monforte como Área Sanitaria de Xestión Integrada Propia tal como se comprometeu o Presidente da Xunta de Galicia o pasado 28 de maio de 2010 na entrevista que mantivo coa Plataforma sanitaria.
b)    A defensa dos servizos socio-sanitarios públicos imprescindibles para dar unha boa asistencia á poboación da nosa área

3)    A defensa e mellora continua do Hospital de Monforte:
a)    O mantemento e mellora da carteira de servizos e do cadro de persoal que fagan posible unha óptima calidade asistencial e unha diminución verdadeira das listas de espera.
b)    A defensa da continuidade do servizo de Radioloxía con radiológos de garda de presenza física, desbotando a intención manifestada pola Consellería de poñer en marcha un anel radiolóxico que deixaría o Hospital Comarcal de Monforte en gardas compartidas co Barco de Valdeorras e Verín.
c)    Non á derivación de pacientes a centros privados para aquelas actividades que debe e pode atender o hospital de Monforte
d)    A posta en marcha da UCI-REA que existe fisicamente mais está sen dotar de persoal.
e)    A dotación e mellora de material e tecnoloxía, tal como estaba previsto na Fase II do Plan Director para o período 2008-2013
f)     O cumprimento dos investimentos, tales como os 400.000 € comprometidos o pasado 11 de maio pola Sra. Conselleira no Parlamento de Galicia para o arranxo da fachada do Hospital.

4)    Posta en funcionamento do Consello de Saúde de Área segundo establece o artigo 25 da Lei 8/2008 do 10 de xullo como forma de participación democrática da sociedade na sanidade pública, apoiando a inclusión da Plataforma Sanitaria, legalmente constituída, como membro do devandito Consello.

Monforte de Lemos, 28 de febreiro de 2011