13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





Mostrando entradas con la etiqueta COPAGO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COPAGO. Mostrar todas las entradas

25 jun 2012

Ana Mato predica o naturismo para aforrar en medicinas

A ministra de Sanidade di que se substituirán medicamentos para "afeccións leves" por "algunha cousa natural" 

 

"Sacaremos do vademecum medicamentos de escaso valor terapéutico que se poden substituír con algunha cousa natural". A ministra de Sanidade, Ana Mato, resumiu así a "limpeza" do catálogo de fármacos que está a elaborar o seu equipo. Fíxoo, precisamente, nun foro de Farmaindustria (a patronal farmacéutica) organizado por Europa Press.

Mato especificou que quitarán medicamentos para "afeccións leves" e fármacos obsoletos.

A ministra pronunciou o seu relatorio acompañado do vicepresidente do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, o presidente do Congreso, Jesús Posada, e varios ministros e presidentes autonómicos.

Ises remedios naturais serán financiados?

Se son tan eficaces esas medicinas eliminadas do financiamento como as naturais por que estivemos meténdonos veleno no corpo ata agora?




9 may 2012



Monforte esixe autonomía para o Hospital Comarcal (www.encomun.es)

A concentración de Monforte, convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, pechou a intensa campaña de encontros cos axentes sociais e a poboación



Dous anos despois da histórica manifestación que encheu as rúas de Monforte de Lemos en defensa do Hospital Comarcal, a concentración convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (PLADESAPU) o pasado domingo 13 de maio congregou a preto dun millar de persoas que apoiaron, unha vez máis, as demandas deste colectivo. Axentes sociais, partidos políticos nacionalistas e de esquerda, sindicatos e empresarios amosaron o seu apoio expreso as reivindicacións de PLADESAPU e animaron á cidadanía a participar na concentración.

ÁREA SANITARIA “ÍNTEGRA E INDEPENDIENTE DE LUGO” PARA MONFORTE
A portavoz de PLADESAPU, Maribel García, deu lectura a un manifesto que recollía as tres principais reclamacións ao goberno de Núñez Feijóo e aos responsables da Consellería de Sanidade. Por un lado, a reivindicación da Área Sanitaria de Monforte “íntegra, con recursos propios e capacidade de planificar e xestionar, con interlocución directa coa Consellería e sen ser dependente de Lugo”. García explicou na lectura do manifesto que “defendemos isto como a mellor garantía para o futuro, e para que os recursos, cada vez máis escasos, non vaian quedar noutro sitio, porque se o xerente de verdade está en Lugo, os recursos irán para Lugo, por iso esiximos un xerente de xestión integrada en Monforte”.



PROTESTA POLA NON COBERTURA DE BAIXAS DE MÉDICOS E ENFERMEIROS NA COMARCA
Por outra banda, PLADESAPU lembrou que os recurtes en materia sanitaria están a mermar a Atención Primaria (polo sistema de non cubrir baixas ou vacacións en prazas de médico ou enfermeiría, según a Plataforma), e tamén a calidade do servicio de consultas no Hospital Comarcal polo “incumprimento” tanto da cobertura de prazas de especialistas como de equipos técnicos (o caso do mamógrafo, que según explica a Plataforma foi mercado en abril de 2011 “e aínda seguimos sen el”). A denuncia dos recurtes fíxose extensiva ás últimas modificacións do Ministerio de Sanidade, como o copago e a supresión da asistencia sanitaria para inmigrantes, medidas que poden crear, según PLADESAPU, “situacións dramáticas” no caso do copago dos desprazamentos para pacientes oncolóxicos, así como “un grave problema de saúde pública” ao deixar sen medicación a pacientes con infeccións como a tuberculose ou sida. “Todas estas medidas non van servir nin para aforrar nin para superar unha crise económica da que os verdadeiros responsables non son a immensa maioría dos cidadáns, senón uns poucos privilexiados que ademais de arruinar ao país marchan coas mans ben cheas e limpos de culpa”, apuntou a portavoz da Plataforma, quen rematou a lectura do manifesto animando á cidadanía “a reaccionar colectivamente” e asistir á gran manifestación do 3 de xuño en Santiago convocada por todas as plataformas en defensa da sanidade pública.




“PARAR A OBSESIÓN DO PP E DA XUNTA POR RECORTAR A SANIDADE”
O sindicato UGT-Lemos expresou o seu apoio á concentración do día 13 de maio, para o que puxeron en marcha nos días previos unha campaña de concienciación e información nas principais empresas da zona sur. O sindicato deu o seu apoio á Plataforma “porque non podemos permitir que Monforte teña un hospital que dependa de Lugo, coa conseguinte pérda de servizos”, e animou á cidadanía a participar na concentración “para parar a obsesión do Partido Popular e da Xunta de Galicia de recortar en sanidade, xa que serán os nosos maiores as principais vítimas dos recurtes sanitarios, e esta xestión vai convertir o noso hospital nun hospital de segunda”.

APOIO “DECIDIDO” DA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS
Pola súa parte, a Confederación de Empresarios de Lugo, a través da Delegación da CEL na zona sur, manifestou “o noso decidido apoio á PLADESPU polo que significa como expresión directa do interés da sociedade civil que, unha vez máis, ante o ocultismo, as ambigüedades e actitudes pouco claras de quenes administran unha conquista social que chegou a ser modélica mundialmente pola súa universalidade e eficiencia, e o descrédito de quenes teñen o deber de controlalo, ten que movilizarse na súa defensa”.

“LOITAR CONTRA OS INTERESES DUNS POUCOS”
Seguindo cos apoios ás demandas da Plataforma, o movemento 15M Monforte de Lemos denunciou “o desmantelamento progresivo dos servizos públicos e, en especial, da sanidade pública e da Área Sanitaria de Monforte cuxo futuro decreto a faría desaparecer na práctica”, polo que amosou o seu apoio á concentración do día 13 “contra os recortes e medidas antisociais que benefician aos intereses privados duns poucos a custa dunha maioría máis débil”.

“EVITAR O DECLIVE DO HOSPITAL DE MONFORTE”
Entre os diversos apoios que recibiu a convocatoria de PLADESAPU, a Plataforma Cidadana en Defensa da Comarca de Lemos expresou o seu apoio a esta convocatoria “para evitar o declive do Hospital de Monforte, e por manter a súa autonomía”. Este colectivo interpreta que “pretender axustar gastos en sanidade reducindo servizos ou baixando a calidade dos existentes e deixando desatendidos a amplos sectores da poboación non pode sen entendido de ningún xeito como unha mellora da xestión”, polo que insta aos xestores públicos a “abordar unha reforma sincera e profunda da insostible e ineficiente estructura político-administrativa”.

24 abr 2012

A Xunta xustifica o novo copagamento: os pensionistas toman demasiada medicación

 

A Xunta xustifica o novo copagamento: os pensionistas toman demasiada medicación



Os maiores de 65 anos precisan máis medicamentos. A conselleira de Sanidade acudía este martes ao Parlamento para facer balance da aplicación do catálogo priorizado de medicamentos de Galicia, pero o novo repagamento sanitario, oficializado na mesma xornada polo Goberno central, condicionou o guión do debate e tamén o da  propia intervención de Rocío Mosquera, que se esforzou en defender o proxecto do gabinete de Mariano Rajoy e rematou quentando aínda máis o sensible debate do futuro dos servizos públicos de saúde. Segundo a máxima responsable da sanidade pública galega o copagamento "disuasorio" é "imprescindible". Esencialmente, porque a cidadanía consome demasiadas menciñas e os pensionistas, máis. Ata o punto de acumularen "auténticos almacéns" de produtos sanitarios nas súas casas.
Malia asegurar que o catálogo galego de medicamentos logrou "conter o gasto farmacéutico" e deixalo en niveis de 2009 Mosquera aínda cre que os pensionistas acoden á farmacia máis do que deberan. Con todo, no canto de afirmalo explicitamente, a conselleira bota man da estatística que analiza cantos dos doentes aos que os médicos lles receitan un fármaco fan caso desa prescrición e acoden á farmacia a retiralo. No caso das persoas "activas", isto é, as non xubiladas, "só o 70%" seguen a recomendación médica e recollen a medicación. Pero os pensionistas, ou o que é o mesmo, os maiores de 65 anos, "retiran o 83%" das receitas que lles prescriben. "Están a retirar moitos máis fármacos os pensionistas que os activos", constata a conselleira. Na súa opinión, a cantidade de fármacos que consomen "debería ser a mesma que a dos activos", de aí a bondade do novo copagamento.
A conselleira atribúelles aos doentes "auténticos almacéns" de medicamentos e di que os pensionistas deben consomer o mesmo que os novos
A implícita acusación de abuso de medicamentos dirixida aos pensionistas é o argumento que Mosquera emprega como base para definir como "imprescindibles" os "cambios estruturais" que chegan dende Madrid. Son a única vía para "manter o sistema sanitario, que segue sendo eficiente", pero cómpre analizar "se o podemos pagar tal e como está". Por iso ve necesario non só o novo copagamento de fármacos, senón tamén o resto de cambios publicados polo Goberno central no BOE deste martes, tales como a confirmación de que a os pacientes tamén terán que facer achegas económicas adicionais nos servizos ortoprotésicos e dietéticos ou nas ambulancias non urxentes.
Para a oposición os argumentos da conselleira son, simplemente, "surrealistas". Porque "surrealista" é, en opinión da nacionalista Ana Luisa Bouza, "eliminar a gratuidade" e dicir que con isto "se garante unha sanidade universal e gratuíta". "Parece unha broma se non fose terrible", di a deputada do BNG, xa que o "incumprimento" da "promesa de blindaxe" trae consigo un gravame para os pensionistas "sen achegar ningunha medida de control da prescrición" por parte dos facultativos. Ademais, este novo "repagamento" supón "unha inxerencia competencial inaceptable para este Parlamento". "Que estarían a dicir se estas medidas as implantase un Goberno que non fose da súa cor?", cuestiona Bouza. A conselleira tampouco convenceu o voceiro do PSdeG, Modesto Pose, convencido de que a única intención do PP, tanto dende Santiago como dende Madrid, é "minar" os sistema sanitario do conxunto do Estado.


O Partido Popular impón, vía decreto, non só o copago farmacéutico senón tamén o sanitario

IG-Saúde exixe da Xunta de Galiza que manifeste o seu rexeitamento e oposición frontal á invasión de competencias do goberno central
O Boletín Oficial do Estado publica hoxe o Real Decreto Lei de medidas urxentes en materia de sanidade. CIG-Saúde denuncia que desde o goberno de Madrid se impoñen así, toda unha serie de medidas sobre materias que “son de competencia exclusiva da Xunta de Galiza” e que esas medidas van moito máis alá das anunciadas tras da xuntanza do Consello Interterritorial de Saúde do pasado 18 de abril, estabelecendo xa unha carteira de servizos comúns básicos e, ademais do copago farmacéutico, o copago sanitario para a prestación dalgúns servizos que non son considerados como tal.
CIG-Saúde, que está a estudar o alcance destas medidas e que presentará unha análise pormenorizada das mesmas, exixe que desde a Xunta de Galiza se adopte unha postura de rexeitamento e oposición frontal fronte á “invasión de competencias que se fai desde o goberno central” e denuncia que se está conculcando o propio Estatuto de Autonomía.
A federación xa se dirixiu por carta á conselleira de Sanidade , Rocío Mosquera, e á Directora de Recursos Humanos, Esperanza Fernández Lago, tras recibir, vía correo electrónico, unha comunicación desta última na que se afirma que “xa estamos analizando as citadas medidas no seu conxunto e, dun xeito específicio ás que teñen repercusión na área de recursos humanos e sexan susceptíbeis de tratamento na mesa sectorial”.
Para CIG-Saúde esta afirmación indica que na consellaría de Sanidade, ou cando menos no departamento de Recursos Humanos, “nin sequera se tiña coñecemento das medidas que se ditan desde Madrid unilateralmente e invadindo competencias desta administración, e que se aceptan e se acatan sen oposición de ningún tipo”.
Neste sentido, CIG-Saúde sinala que no Real Decreto estabelécense mesmo medidas que modifican a actual regulación das condicións laborais do persoal, e pregúntase como pode consentir a administración que se diten unilaterlamente normas que afectan drasticamente a materias sobre as que Galiza ten competencia exclusiva. “Non entendemos que se adopte unha postura de submisión absoluta aos ditados do goberno central e se faga deixadez de funcións no que respecta ás competencias que, en sanidade ten a Xunta de Galiza”.
CIG-Saúde manifesta ademais que “non toleramos que se acepte de bo grao esta invasión de competencias e se actúe como administración marioneta en mans do goberno central”.

22 mar 2012

Indecencias sanitarias

 Mercè Rivas

Resulta contraditorio, ademais de bochornoso, ver como en Catalunya aproban que os cidadáns paguen un euro por receita mentres que empresas privadas están a facer importantes negocios coa sanidade pública.




Como lle explicaría vostede a un pensionista ou simplemente a un "mileurista" que de cada receita que reciba do médico, vai ter que pagar un euro mentres que señores como Ramón Bagó, vicepresidente de Consorcio de Saúde de Catalunya, consegue para as súas empresas privadas contratos da sanidade pública que dirixe.

El guísallo e el cómeo, pero non é o único. Numerosas comunidades gobernadas polo PP ou por Converxencia i Unió, no caso catalán, comezaron a privatización da sanidade a paso veloz. É un bo negocio e non o van desaproveitar nos anos que estean no poder.

Ramón Bagó leva máis de 20 anos ocupando postos no citado organismo público, cuxo traballo é dirixir 60 hospitais financiados pola Generalitat pero cuxa xestión depende de fundacións ou consorcios sen afán de lucro.

Pero Bagó, que si debe ter afán de lucro, ademais desta actividade pública ten outra privada: ser propietario do grupo SERHS o cal conseguiu contratos dos devanditos hospitais públicos por valor de 50 ´ 8 millóns de euros, un terzo destes sen pasar por concurso público.

Ramón Bagó polas mañás suponse que coordina 60 hospitais de Catalunya pagado pola Generalitat e
polas tardes se presenta a concursos, que redactou el mesmo, para que o Goberno catalán lle contrate os servizos de cociña deses hospitais. Tanto el coma a Generalitat non senten vergoña ao afirmar que eles cumpren coas normas. O que non contan é que estas as redactaron eles mesmos.

Mentres tanto o presidente da Asociación catalá de enfermos de hepatite C denuncia que a sanidade catalá se nega a facilitarlles os máis recentes tratamentos para aforrar, cousa que tamén acontece en Aragón, Asturias e Cantabria. Parece unha broma se non fose un escándalo.

E por se isto non fose pouco, encontrámonos con outro personaxe como Josep Prat Domènech, pesidente do Instituto Catalán da Saúde, empresa da Generalitat que xestiona uns 400 centros sanitarios de titularidade pública que sen ningún tipo de pudor compaxina este cargo coa vicepresidencia de USP Hospitales, un dos maiores grupos sanitarios privados de España.

Prats coñece perfectamente os recortes sanitarios, as interioridades políticas e as oportunidades de negocio neste sector.

Pero Prats non se conforma con dous traballos. Ademais dirixe o hólding INNOVA, grupo empresarial público propiedade do Concello de Reus, que agrupa, entre outros, varios centros sanitarios e a empresa pública Sagessa, compañía cunha decena de hospitais e ambulatorios distribuídos pola provincia de Tarragona.

Prat é o autor ou inspirador do plan que prevé torar o ICs nunha vintena de compañías abertas a novas formas de xestión e de colaboración co sector privado.

É isto privatizar a sanidade?, preguntaranse vostedes. Pois vai ser que si.

Pero iso non só pasa en Catalunya. Esperanza Aguirre inaugurou onte cos reis un novo hospital en Móstoles. O propietario do devandito hospital será durante os próximos 30 anos a empresa Capio Sanidad, propiedade dun fondo de capital risco (CVC Capital Partners) que investiu na súa construción 232 millóns de euros. Pero a partir de agora esperanza Aguirre pagará á devandita empresa un tanto por dar un servizo. Iso si, os médicos e as enfermeiras ponos e paga Aguirre.
De feito ao presidente de Capio Sanidad, Víctor Madera, xa se lle denomina o novo "conseller" de sanidade valenciana xa que un millón de persoas van estar en mans deste executivo.

Pero os nosos políticos non se conforman con que empresas privadas obteñan beneficios a custa dun servizo público senón que enriba, como acontece en Madrid, contratan con empresas de Capital Risco con sede en Luxemburgo e con construtores implicados na rede Gürtel.

E ao mesmo tempo que sucede isto, véndennos en campaña electoral que eles non van tocar a sanidade pública. Quizais a Real Academia da Lingua teña que variar o concepto do verbo "tocar" porque na nosa realidade tocar é torar, vender, alugar, negociar... e algún significado máis que prefiro non citar.
Mercè Rivas Torres é xornalista e escritora

15 feb 2012

Radiografía á sanidade galega: menos servizos, menos gasto e peores empregos

PRAZA PÚBLICA

"Blindar a sanidade pública é urxente. É unha tarefa inxente para a que se precisan medidas valentes e consensuadas. Para isto podes contar coa lealdade de Galicia".O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pronunciaba estas palabras no acto co que, o pasado luns, o Servizo Galego de Saúde conmemoraba o seu vixésimo aniversario. A receptora das verbas era a ministra de Sanidade, Ana Mato, e no acto estaban presentes a práctica totalidade dos responsables do Sergas desde o inicio da súa andaina, a comezos dos anos 90. Dende aquel momento a prestación sanitaria en Galicia experimentou un salto exponencial. Por exemplo, dos 36 centros de sáude cos que contaba o país en 1989 pasouse a ter case 400 e incrementou o número de quirófanos en máis dun terzo. Ao tempo, a esperanza de vida subiu en máis de cinco anos.

Pero fronte a estas evidentes melloras apareceu a crise económica e as mensaxes de recortes máis ou menos inevitables, dando lugar a un panorama incerto para os servizos públicos sanitarios e para a súa sostibilidade para o futuro, cuestionada mesmo desde o propio Goberno galego. Neste contexto, a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública vén de elaborar un completo informe sobre o estado da cuestión en todo o Estado, unha detallada radiografía na que Galicia non sae especialmente ben parada. Non en van, estes colectivos, formados esencialmente por profesionais sanitarios, trazan un panorama caracterizado pola redución do gasto público en saúde, a mingua de servizos e a precarización dos postos de traballo dos conxunto do persoal.

En termos puramente económicos unha primeira ollada podería levar a pensar que o Sergas resiste a crise mellor que outras autonomías. En termos comparativos, Galicia pasou de ser a undécima comunidade en gasto sanitario por habitante en 2010 a ser a oitava en 2012. Non obstante, estes datos desinchan ao ser contrastados cos datos poboacionais. Segundo o Instituto Galego de Estatística, desde 2010 a poboación galega diminuíu en 2.231 habitantes. Mentres, as persoas maiores de 65 anos aumentaron en 42.940, chegando a ser 629.477 a finais do pasado ano. Deles, 93.600 son maiores de 85 anos, un incremento de case 3.000 en apenas un ano.

A esta poboación minguada e envellecida é a que ten que atender un cadro de traballadores que segundo os cálculos da Plataforma, diminuirá notablemente en pouco tempo. Ao tempo, as súas condicións laborais empeorarán. Concretamente, o informe destaca a medida que a Xunta está a piques de aprobar segundo a cal unha gran parte dos profesionais que cheguen aos 65 anos terán que xubilarse de xeito forzoso. Desas baixas só se cubrirán un 10%. Isto supón que, dos 1.900 médicos que cumprirán a idade de xubilación nos vindeiros catro anos, só serán substituídos uns 200.
Ao mesmo tempo, o cadro de persoal funcionario do Sergas contará con menos apoio doutro persoal, como os interinos, que poderán ver reducida a súa xornada laboral ata nun 33%, coa conseguinte tesoirada nas súas remuneracións.


LER MÁIS... 



Feijoo cree que pasará a la historia como defensor de la sanidad pública

 

27 dic 2011

O 61 % dos galegos rexeitan o copago nas consultas médicas

Os votantes do PP e os residentes en cidades son os menos remisos a esta medida


La Voz de Galicia


Portugal, onde o copago na sanidade existe desde hai anos, acaba de aplicar unha subida de tarifas que supón duplicar o custo dunha consulta no centro de saúde -de 2,5 a 5 euros-, e de máis do 100 % no caso das urxencias -de menos de dez euros a vinte-. Aínda que o Servizo Galego de Saúde descartou polo momento o copago nos servizos estritamente médicos, medidas como o cobro dun euro por cada receita en Cataluña puxeron en alerta aos cidadáns sobre derívaa da sanidade pública.
O Barómetro que realizou Sondaxe para La Voz deixa moi claro que os galegos non estarían de acordo cunha medida similar na comunidade galega. Máis do 61 % dos enquisados nunca apoiarían unha iniciativa semellante, aínda que a outra lectura reflexa que máis dun terzo dos cidadáns están dispostos a valorala con condicionantes (un 28,7 %), e ata sen eles (un 8,8 %).

Os máis favorables ao copago nas consultas médicas son os votantes do PP. Máis da metade dos entrevistados mostráronse partidarios (un 52 %). O rexeitamento máis evidente é, pola súa banda, o dos votantes de Esquerda Unida e o dos non censados, mentres que os galegos que se abstiveron ou votaron en branco nas autonómicas do 2009 están en contra da medida nunha porcentaxe que supera o 70 %.
A distribución xeográfica é tamén un factor determinante á hora de ver ou non con bos ollos un posible copago polo uso da sanidade pública. Os residentes en concellos de tamaño medio -os que van dos 5.000 a 50.000 habitantes- son os máis remisos, mentres que os das cidades e municipios inferiores aos cinco mil habitantes son máis comprensivos co copago, ata o punto de que en ningún destes dous casos a negativa chega ao 60 %.

A Xunta baralla outras opcións
O copago sanitario está encima da mesa desde hai meses. Que se aplique ás consultas de primaria ou de atención especializada é de momento menos factible, aínda que a crise está a provocar que o que hai un ano era impensable agora sexa unha realidade.
O presidente da Xunta manifestou a súa intención de implantar ou modificar o copago sanitario, pero noutros servizos. Un deles é o das receitas de medicamentos, que xa existe, pero que se vincula ao feito de estar ou non traballando. A proposta de Núñez Feijoo é asocialo máis ao nivel de renda.
Outro copago máis que seguro será o das prestacións ortoprotésicas, que se traducirá en ter que adiantar o diñeiro das próteses, para que despois sexa reembolsado polo Sergas nos casos nos que así corresponda. Finalmente, o presidente do Executivo galego abriu o debate doutro copago, este máis criticado, o dos servizos estritamente non sanitarios. Comida, auga, sabas... a opción de cobrar por estas prestacións cultivou múltiples críticas e nin sequera a Consellería de Sanidade recolleu a testemuña lanzada por Núñez Feijoo.

Sesenta contra corenta  Enrique Castelló

Chámame máis a atención que o 40 % da poboación acepte condicional ou incondicionalmente compartir o custo dunha consulta médica que o 60 % rexéiteo. Pero é certo que en Galicia foi habitual pagar unha «iguala» pola consulta médica, ata despois de que a cobertura fose pública, asumindo que se recibiría unha mellor atención. Aínda que esta pode ser extraordinaria sen mediar remuneración directa, nada ten de particular que estes elementos «culturais» atópense ben instalados na mentalidade da xente.
Menos me sorprende a posición maioritaria e, de feito, compártoa. Un copago para consultas médicas serviría a priori para evitar un uso inadecuado e, como consecuencia, unha sobrecarga innecesaria dos servizos. Non se xustificaría o ánimo recadatorio, que non sería senón un imposto á enfermidade, algo de xeito evidente inxusto. Á parte diso, os custos administrativos, a necesidade de colocar teitos máximos e as exencións a quen non superan o limiar da pobreza, limitarían a recadación.
Cando para disuadir grávase a primeira utilización que se fai do sistema sanitario, e á cal o paciente acode por decisión propia, non resulta sinxelo distinguir o uso correcto do abuso, afectando equidad e eficiencia.
Que alguén cunha doenza real non consulte pode afectar a estados precoces da enfermidade e impide a instauración de medidas preventivas elementais. Sen contar co máis que previsible desprazamento que se produciría cara a outras instancias, como os servizos de urxencias, que, consecuentemente, tamén habería que gravar, acentuando os problemas.


 

 



22 dic 2011

Concentración ante o Parlamento Galego en defensa da sanidade pública e contra a privatización (21-12-2012)

8 dic 2011

Feijoo expón o posible cobro de servizos non sanitarios do Sergas

Rexeita fixar taxas para consultas, tratamentos e intervencións

La Voz de Galicia

O Goberno galego situou onte no centro do debate político un posible refinanciamento do sistema sanitario dirixida a asegurar a gratuidade universal das prestacións básicas, como serían as consultas médicas ou as intervencións cirúrxicas, pero deixando aberta unha porta á revisión dos servizos complementarios que non son estritamente sanitarios, como as comidas, pernoctaciones de acompañantes ou as duchas, «sobre as que se pode reflexionar».
O debate abriuno o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ao mostrar onte o seu rexeitamento á introdución de «taxas directas» polas prestacións sanitarias, como sería o caso do billete moderador implantado en Cataluña. «Isto sería ou último recurso, é algo que eu non aconsello», manifestou Feijoo na rolda de prensa posterior á reunión do Consello, matizando ademais que unha medida desta índole só podería contemplarse no marco dunha quebra do sistema público de saúde. En cambio, Feijoo si apostou por abrir unha «reflexión» sobre o financiamento doutras prestacións «non debidamente sanitarias», ao fío das declaracións realizadas neste sentido a unha canle televisiva de Intereconomía.
O mandatario autonómico mostrouse moi preciso á hora de enumerar os servizos que non admitirían copago algún, ao aludir expresamente ás consultas médicas, as probas diagnósticas, os tratamentos e a actividade cirúrxica. Pero sobre as prestacións complementarias mostrouse máis ambiguo, remitíndose en todo caso ás súas declaracións televisivas, nas que avogou por aprobar de forma «rápida» e «inmediata» un novo modelo de prestación farmacéutica, pois entende que non carece de sentido que o grao de copago dos medicamentos veña marcado pola idade e non polo nivel de renda.
No que respecta ao cobro por outras prestacións non estritamente sanitarias, como serían, dixo, «ducharse, comer, durmir», Feijoo constatou que existen países da contorna europea que xa as cobran, aínda que dixo que, antes de exporse o decidir o mesmo en España, habería que facer «un axuste importante no ámbito da farmacia» para que pague máis quen máis ten.