13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





31 may 2011

Os médicos, inimigos dos xenéricos?

'Traficantes de saúde. Como nos venden medicamentos perigosos e xogan coa enfermidade', de Miguel Jara. Edita Auga. 

A Nosa Terra


Cuarto e derradeiro capítulo sobre o libro de Miguel Jara sobre o negocio da industria do medicamento. Neste post analizamos por que os xenéricos non conseguen ser maioritarios pese á súa mellor relación calidade/prezo. Tamén como se investiga no laboratorio non para mellorar a vida da humanidade senón para ampliar as contas de beneficios das grandes transnacionais. 
 
 

A tradición de consumo de xenéricos en España é escasa e iso contribúe decisivamente a elevar o desembolso farmacéutico pois os preparados convencionais teñen un prezo entre un 10 e un 25% superior á media. Hai unha década que se poden comprar xenéricos en España pero a súa cota de mercado non chega ao 3,75%. En Alemaña a cota é do 20%; en Dinamarca, do 30. Os médicos dispoñen de toda a liberdade para receitalos, así que se non o fan é por que non queren. A razón principal de que non o fagan é a presión das transnacionais para que os profesionais sanitarios receiten os seus produtos de marca, máis caros. Nas farmacias, ante a falta dun remedio convencional, receitado previamente por un doutor, pode pedirse o seu correspondente xenérico. Se o que nos aconsellaron é un xenérico pero este non se atopa no estabelecemento, o profesional está obrigado a servirnos outro de iguais características, nunca o seu equivalente de marca. Os farmacéuticos cobran unha marxe fixa sobre o que lles pagan aos seus distribuidores. Por iso, algúns empregados de farmacia prefiren vender produtos caros.

Investigación ao ritmo do diñeiro
Non se producen remedios para enfermidades perfectamente coñecidas que matan miles de persoas nos países pobres pero, porén, xógase co perigo da pandemia global de gripe aviaria para vender remedios ad hoc. Todos coñecemos a publicidade que se lle deu ao tamiflu, o fármaco de Roche que se supón que pode aliviar as súas consecuencias. Un dos seus valedores foi o ex ministro de Defensa estadounidense, Donald Rumsfeld; outro, o ex vicepresidente dese país, Dick Cheney. Os dous eran accionistas da compañía que primeiramente comercializou esa menciña, Gilead; compañía que pasou de vender as accións na bolsa de sete a 60 dólares en pouco tempo.
No 1985, a transnacional estadounidense Merell Dow creou o fármaco ornidyl, a raíz do principio activo da eflornitina, moi eficaz no tratamento da tripanosomiase africana ou enfermidade do sono, transmitida pola coñecida mosca tse-tse. Esta afección mata unhas 150.000 persoas ao ano, sobre todo en África, pero o remedio é moi caro para os habitantes dese continente. Por ese motivo a súa produción foi abandonada. Ao comprar esa compañía Hoechst Marion Roussel, cedeulle os dereitos sobre o medicamento á Organización Mundial da Saúde, dependente das Nacións Unidas pero a falta de medios económicos impediu a súa fabricación e uso, deixando millóns de persoas a expensas da enfermidade.
A industria deixou de producir medicamentos de probada efectividade por razóns económicas. Se o produto non é rendíbel, os enfermos pagarán coa vida a carencia de beneficio empresarial. Outras veces, as empresas venden nos países pobres menciñas que non pasaron os controis sanitarios nos países ricos, caso do tegaserod, do laboratorio Novartis, utilizado para a síndrome do intestino irritábel.

Psicofármacos usados nas torturas
O Pentágono elaborou un documento sobre as vantaxes e limitacións do uso de calmantes como técnica non letal. Nel contémplase como a intelixencia militar estadounidense propón o deseño, fabricación e utilización de psicofármacos como armas bélicas e de represión da disidencia. Estas drogas perturbadoras da mente violan os convenios internacionais sobre armamento químico e biolóxico. Algunhas desas drogas usáronse na famosa “guerra contra o terrorismo”.
O goberno dos EE UU está moi interesado en drogas como o rohypnol, coñecida como droga da violación porque o composto, mesturado con alcol, pode incapacitar a vítima e facerlle imposíbel resistirse a unha agresión sexual. A idea é utilizar estas drogas na tortura. No informe fálase, concretamente, do precedex, un calmante para pacientes en coidados intensivos, xa que incrementa a reacción de quen o toma aos choques eléctricos.


Derogacion de la ley 15/97. Fuera las empresas de la sanidad.

Dos empresas vinculadas a CiU y PP, detrás de la primera privatización en la sanidad catalana

El Instituto Diagnóstico por la Imagen (IDI) podría ser la primera víctima. Los sindicatos se han cansado de avisar que detrás de la política de tijeretazos del Govern había la intención de privatizar parte de la sanidad. El Departamento, de momento, lo niega, pero la sombra de Javier Lucaya planea sobre la operación.

http://misaludnoesunnegocio.net

La noticia fue muy comentada en el Congreso Nacional de Radiólogos de Catalunya, que se celebró el pasado fin de semana en Lleida, y la portavoz de Sanidad de CCOO, Carmen Navarro, asegura que han decidido hacerlo público porque, aunque el Departamento lo niegue, "tenemos muchas y muy fiables fuentes que nos dicen que está en marcha, y no queremos esperar a que sea inevitable".
Según han explicado diferentes fuentes sindicales a PressDigital, hay dos empresas claves en esta operación, que no será "cuestión de dos días" pero en la que se está trabajando. Por un lado, CETIR, empresa dedicada a la radiología y la medicina nuclear históricamente vinculada a CiU.
Por otro lado, ERESA, empresa valenciana que pondría el capital necesario para la operación. Esta nació al calor de los gobiernos del Partido Popular en la Comunidad Valenciana y, apareciendo de la nada, se hizo con todas las resonancias magnéticas de los hospitales valencianos. Esta empresa ya ha tenido problemas con la justicia por presuntas irregularidades en la gestión de centros tanto valencianos como de La Rioja.
Y entre ambas empresas, una figura. La del doctor Javier Lucaya, que sería el auténtico catalizador de esta unión empresarial que debería encargarse de dirigir la nueva empresa privada que gestionaría la radiología en Catalunya.
Este doctor, actualmente jubilado, había sido jefe del servicio de Radiología en la Clínica Quirón, cargo que había compaginado con uno público, como jefe de Radiología Materno hospital Vall d'Hebron.
La idea de privatizar la radiología no es nueva, según indican las fuentes consultadas por este diario. Según CCOO, en Catalunya, además de CETIR, existe otra gran empresa dedicada a la radiología. Se trata de CRC Corporación Sanitaria, que en el mundo sanitario vinculan al socialismo catalán y a la que había estado vinculado el doctor Lucaya, con el que esta redacción intentó contactar ayer sin éxito.
En el pasado hubiera habido, también con Lucaya como catalizador, un intento de fusionar estas dos empresas para crear una grande y buscar esta privatización, pero que finalmente no fructificó.

La Generalitat lo niega
Sin embargo, el Departamento de Salud ha negado que, hoy por hoy, haya negociaciones para la privatización del IDI con ninguna empresa, con lo que niegan la información de CCOO. Lo que no pueden es comprometerse a asegurar que no habrá privatización en los próximos meses.