13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





7 nov 2010

Galicia ten só doce unidades de dor para atender o 22% da poboación

O envellecemento sitúa a comunidade entre as máis afectadas por este problema, que padecende forma crónica (duración superior ós tres meses) case unha cuarta parte dos habitantes 

 

BARBANZA: O PSdeG denuncia que non se dan citas médicas

O viceportavoz do Grupo Parlamentario dos socialistas de Galicia, José Manuel Lage Tuñas, denunciou que a dirección médica do Hospital do Barbanza (A Coruña) "está pechando as axendas" para "evitar dar citas para as consultas especializadas". Así o manifestou este sábado durante a súa visita a comarca do Barbanza, onde mantivo un encontro con responsables das agrupacións municipais co obxectivo de "analizar a situación" dos centros sanitarios da comarca.

Sanidade baixa un 73% os cartos de melloras en hospitais comarcais

MONFORTE CARECE DE INVESTIMENTO PARA REFORMAS

É o caso do de Monforte de Lemoscidade na que ao longo deste ano se viviron multitudinarias manifestacións ante o temor de que coa posible implantación das áreas de xestión integradas o hospital perdese prestacións–, que non ten asignada ningunha contía para obras de mellora, cando un ano antes tiña 275.000 euros.

TANTO O DIRECTOR BENIGNO, O PARLAMENTARIO DÁMASO E A CONSELLEIRA PILAR CANSARON DE DICIR QUE SE ÍA POTENCIAR O HOSPITAL!!!  REFERIRÍANSE A ESTO???

PERO PARA PAGAR O TRIPLE POR OS NOVOS HOSPITAIS DE VIGO, PONTEVEDRA E 16 AMBULATORIOS NOVOS SI!!!

A plataforma sanitaria resalta o amplo apoio obtido para un acto informativo que celebrará o día 11

A Plataforma pola Defensa dá Sanidade Pública (Pladesapu) afirma que numerosos asociacións e institucións públicas do sur lucense manifestaron o seu apoio ao acto informativo convocado para o día 11 -na Casa de Cultura de Monforte, ás 20 horas- no que se falará sobre a situación actual das reivindicacións expostas por este colectivo sobre o funcionamento do hospital comarcal. Así mesmo, os portavoces da plataforma sinalan que solicitaron sendas entrevistas para falar destas cuestións coa conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e coa delegada territorial da Xunta, Raquel Arias.

CHARLA INFORMATIVA O 11 DE NOVEMBRO: Exame detallado dos diferentes problemas cuxa solución reclama o colectivo. Máis...

Adxudicada a Geriatros a xestión da nova residencia de Monforte

Na Xunta esperan a firma do contrato para os próximos días e a apertura do centro antes de final de mes

O copago sanitario ... por Vicenç Navarro

Existe unha percepción xeneralizada nalgúns sectores políticos do país de que a poboación está abusando do sistema sanitario. Cítase o feito real de que o número medio de visitas por habitante en España é o máis alto da Unión Europea dos 15 (o grupo de países da Unión Europea de semellante desenvolvemento ao noso) como indicador de tal abuso.

A Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública ante o anuncio do ERE en POVISA

A Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública, ante o anuncio da dirección do hospital privado Povisa de levar adiante un Expediente de Redución de Emprego (ERE) despedindo a un importante número de traballadores, quere comunicar á opinión pública de Vigo, o Morrazo e ao conxunto dos traballadores sanitarios::Leer máis...