13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





25 mar 2011

A Plataforma Sanitaria de Vigo agradece a concesión do galardón de vigueses distinguidos



A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo quere mostrar a súa satisfacción e o seu agradecemento ao Concello de Vigo pola concesión deste galardón.
Consideramos que esta honra é un recoñecemento ao esforzo dos múltiples colectivos que a integran, que veñen traballando desde comezo dos anos 90 pola mellora da sanidade pública de Vigo en temas como os servizos de urxencias, a denuncia das listas de espera, a oposición á segregación discriminatoria dun área de poboación sen acceso ao hospital publico de Vigo, á privatización nos anos noventa da alta tecnoloxía a través de MEDTEC, a oposición á privatización do novo hospital de Vigo cuxo financiamento, construción e xestión adxudicouse a un consorcio de empresas privadas polo modelo PFI e, moi importante, á previsible redución do proxecto orixinal deste hospital en camas, servizos, e dispositivos docentes e de investigación.

A Plataforma é unha alianza de organizacións sociais, veciñais, de usuarias e usuarios da sanidade, de enfermos con patoloxías crónicas, de organizacións profesionais da sanidade, de sindicatos e de partidos políticos. Todas elas, por encima de lóxicas diferenzas de puntos de vista, áreas de interese e de obxectivos, puxeron en común algo moi sinxelo que case todo o mundo entende e que a cidadanía valora: a sanidade publica é un ben moi importante para o benestar dos cidadáns, e debe mellorarse e fortalecerse.
Traballamos en Rede, por consenso democrático e estamos abertos a toda organización ou persoa que comparta a idea dunha sanidade pública, equitativa, accesible e de calidade, para toda a cidadanía da área de Vigo.
A Plataforma en consecuencia, apoia todo o que reforce a calidade da sanidade pública viguesa veña de onde veña; e opúxose e oporase a todo o que a debilite e fragmente, tamén proceda de onde proceda.
Consideramos que a distinción do Concello de Vigo, mais que un premio a quen dedicamos o noso tempo e esforzo, é un premio á cidadanía da área de Vigo que deu repetidamente nas rúas da cidade un exemplo único en Europa, defendendo o seu sistema sanitario público dos ataques neoliberáis que pretenden a súa privatización. Vigo é un referente na loita da cidadanía en defensa dos seus servizos públicos e numerosas publicacións sanitarias a nivel nacional e internacional fixéronse eco destas actividades que innovaron as formas de intervención social e profesional na mellora sanitaria.
Como representantes da Plataforma sentímonos compracidos por facer todo o posible por atraer investimentos sanitarios á comarca de Vigo, claramente discriminada respecto de áreas similares doutras zonas de Galicia. Con todo comprobamos que a maioría dos investimentos sanitarios foron desviadas, desde fai décadas, a entidades alleas ao SERGAS. Como consecuencia existen importantes déficits en Vigo e a súa área metropolitana no que incumbe a infraestruturas hospitalarias, centros de alta resolución, centros de saúde e tecnoloxías sanitarias avanzadas..
Desde a Plataforma, non nos limitamos a denunciar e promover mobilizacións cidadás e profesionais na defensa e mellora dos nosos servizos sanitarios, senón que tamén realizamos traballo de investigación sobre a situación e necesidades hospitalarias, de atención primaria, saúde mental e atención sociosanitaria: no ano 2000 elaboramos o Informe REVISAN, que incluía propostas en cada un destes niveis asistenciais entre os que cabería destacar a proposta de construír un Novo Hospital en Vigo que agrupase todos os recursos dispersos en diferentes centros, moitos deles xa obsoletos ou en mans privadas, cunha xerencia e porta de urxencias únicas, que unificase todos os recursos e dotase ao centro dun potente carácter universitario e investigador como centro de referencia do cancro en Galicia.
Como vimos denunciando aos longo dos últimos anos este proxecto está en perigo coa proposta de financiamento e xestión privada (Modelo PFI) que pretende recortar os seus recursos, renunciar ao seu carácter estratéxico e manter a dispersión de recursos, a presenza privada e a fragmentación das urxencias. A masiva participación nas sucesivas manifestacións convocadas pola Plataforma deixan ben claro o rexeitamento da maioría da cidadanía da área de Vigo e do seu tecido social e institucional a esta alternativa.


Vigo, 24 de marzo de 2011

Plataforma Para a Defensa da Sanidade Pública da área de Vigo
 
  

CARTA DE C.I.G.-SAÚDE Á CONSELLEIRA

Pilar Farjas Abadia.
Conselleira de Sanidade.

A sanidade pública é un dos alicerces da nosa sociedade, a súa prestación a través do sistema público garante , entre outros, o principio de equidade e mantén o carácter de servizo público.
A política sanitaria que se está a levar a cabo pola Consellaría de Sanidade vai encamiñada en fomentar a privatización dos servizos públicos a través dos proxectos de colaboración pública privada, co único fin de aforrar custos (feito non demostrado) en detrimento da calidade.
A incorporación no SERGAS da colaboración pública privada estase a facer co maior escurantismo posíbel, mediante a política de feitos consumados. Esta colaboración no se axusta exclusivamente á posta en funcionamento das novas infraestruturas sanitarias, se non que inclúe un modelo mais ambicioso como a prestación de servizos clínicos mediante esta fórmula.
Como exemplo disto, temos  a intención da Consellaría de Sanidade de trasladar á Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo (FRIAT) a prestación do servizo de diálises do hospital do Barbanza a esta Fundación.
O servizo de diálises ven funcionando neste hospital con altos  niveis de calidade, dando un servizo á poboación do Barbanza sen que esta se teña que desprazar a outro centro hospitalario. Motivado pola demanda que presenta o devandito servizo, desde a Dirección do centro tense presentado perante esa Consellaría un proxecto de ampliar a prestación do servizo a todos os días da semana, xa que agora só funciona 3 días.
Ante esta petición, motivada por criterios asistencias que permita garantir esta prestación sen  ocasionar desprazamentos ás/aos doentes, a resposta da Consellaría que vostede dirixe é privatizar o servizo.
Seguramente na comunicación pública que vostede emita xustificando esta decisión, basee os seus argumentos en facer máis con menos; pero omitindo o dato de que este modelo é máis barato porque as instalación e a tecnoloxía a cede o SERGAS.
Desde  CIG-SAÚDE solicitamos se paralice a  decisión da Consellaría de privatizar o servizo de diálises do hospital do Barbanza mediante a cesión á Fundación FRIAT.  Así mesmo, solicitamos que se poña en marcha o proxecto de ampliar este servizo a todos os días da semana, garantindo a prestación  e evitando desprazamentos fora desta comarca.
Parécenos lamentábel o retroceso que estamos a sufrir na sanidade pública.
Agardando teña en conta as nosas consideracións.


Compostela, 25 de marzo de 2011.


Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.
Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE

El hospital de Santiago demora dos años los resultados de una prueba diagnóstica

El Sergas da cita a la paciente en el servicio de urología para enero de 2013 

 

El País

Debe de ser un error. Es lo que pensó Aurora Ourille cuando recogió su volante en el Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) tras hacerse una prueba por un problema de cistitis. La fecha para que el especialista revisase los resultados era el 21 de enero de 2013, dos años y un mes después de ser sometida a una cistografía.

Debe de ser un error. Es lo que todo el mundo le dice a Aurora cuando cuenta su caso, al sacar la cita del Servizo Galego de Saúde (Sergas) para 2013, para cuando su salud puede haber mejorado, empeorado o, lo que es casi seguro, presentar unos síntomas totalmente distintos a la fecha de la prueba.
Debe de ser un error. Fue la primera impresión de una portavoz del CHUS cuando este periódico se puso en contacto con el hospital para comprobar la razón de esta demora. Pero hace ya tres meses que Aurora fue sometida a la cistografía, una prueba que no es precisamente rutinaria a los ojos de un paciente común. Consiste en someter a rayos X a la vejiga, para la que previamente hay que introducir una sonda y un colorante que logra el contraste que permite al especialista de urología diagnosticar la dolencia.
Para cerciorarse de que no era un error, tal y como pensó ella, opinaron los familiares y conocidos que supieron del caso y supuso la portavoz del CHUS, Aurora fue al médico de cabecera. Según cuenta, se limitó a contestarle "con malas maneras" que "esto es lo que hay". "¿No puedo hablar con alguien que esté por encima de usted para preguntar qué falla?", preguntó ella. "Me respondió que por encima de él solo estaba su mujer", continúa relatando. Después acudió al servicio de atención al paciente del hospital, el procedimiento adecuado, según el propio centro. Y, tras poner su queja, no hubo respuesta. Hasta ahora no ha recibido ninguna noticia del CHUS.
No era la primera reclamación que hacía. La primera cita del médico de cabecera para acceder a la prueba estaba fijada para el 22 de septiembre de 2011. Tras interponer una queja, adelantaron la cistografía al 22 de diciembre de 2010.
El CHUS explica que, de momento, no puede explicar qué sucede con este caso concreto, tiene que hacer las comprobaciones de cómo se tramitó su reclamación en atención al paciente. Detalla que la media para una primera cita en Uroloxía, la especialidad que afecta a esta mujer de 59 años, es de 45 días. Todo un logro, si se tiene en cuenta que se considera como el paso más importante para evaluar la gravedad de una dolencia y hace algo más de un año superaba los 100. Esta primera demora es, además, la única que cuenta en la publicación trimestral de la lista de espera de especialidades.
"Resuelto esto, estamos trabajando para que las segundas citas ronden el mes y medio o dos meses", relata la portavoz. ¿En cuánto está ahora? "Depende del paciente". Dos años y un mes, en el caso de Aurora. Estos datos no saldrán reflejados dentro de unos días, cuando el Sergas publicite los resultados de la demora en el primer trimestre del año.
Y no, no parece un error.

  

O Sergas revisará o tratamento de todos os pacientes polimedicados

Comezará con aqueles que tomen máis de quince fármacos

La Voz de Galicia


A definición de paciente polimedicado é a daquel que toma máis de seis fármacos diferentes durante máis de seis meses. O envellecemento da poboación galega e o alto índice de enfermos crónicos fai que nunha primeira etapa sexa inabarcable revisar os tratamentos de todo este colectivo, polo que o Sergas comezou xa a comprobar o historial farmacolóxico dos que están a tomar máis de quince fármacos.
En Galicia son miles as persoas con pluripatología e, polo tanto, as que toman numerosos medicamentos. Os estudos científicos reflicten que un paciente con máis de dez é moi probable que teña interaccións entre eles. O que pretende a Xunta é detectar se existen reaccións adversas entre os fármacos que toma un usuario, duplicidades, ou se ten algunha patoloxía que desaconsellaría determinado consumo.
Os encargados de facer o primeiro cribado coa historia clínica dos pacientes van ser os farmacéuticos de atención primaria. Se detectan algún tipo de anomalía, remitirán o informe ao médico de cabeceira, que será o que modifique o tratamento. Se nun primeiro cribado non se detecta ningún problema, o persoal de enfermería de primaria encargarase, co paciente diante, de determinar se se toma a medicación ou se o fai correctamente. Naqueles casos de persoas moi maiores ou con dificultades, o persoal de enfermería encargarase de explicar por escrito como administralo; ou ata de colocalo en sistemas personalizados de unidosis (pastilleros), para evitar erros.
Non é infrecuente que os pacientes polimedicados teñan interaccións nos seus tratamentos. Un dos problemas principais, que a informatización da sanidade está a paliar, son as visitas ao especialista nas que cada facultativo prescribe un tratamento, o que provoca duplicidades. Noutros casos o paciente relata ao médico un efecto secundario dun fármaco, e este trátase con outro fármaco en lugar de retirar ou cambiar o primeiro, o que provoca unha fervenza de medicamentos. Nieves Domínguez, directora xeral de Asistencia Sanitaria, explica que aínda que o Sergas comezará cos que toman máis de quince fármacos diferentes, o obxectivo é chegar a todos os polimedicados. Os dous primeiros médicos eméritos do Sergas, Fernando Diz-Lois e Ovidio Fernández, estarán implicados neste proxecto e encargaranse tamén destas revisións.
Obxectivo: máis seguridade
Aínda que a revisión dos tratamentos producirá un aforro, o obxectivo non se enmarca nas políticas de contención do gasto farmacéutico, senón na abordaxe do paciente crónico, que se converteu no usuario principal do sistema sanitario, coa finalidade de mellorar os seus tratamentos e polo tanto a súa seguridade.
Santiago: 64.000
Afectados nesta área
Na área de Santiago hai 64.000 persoas de máis de 65 anos con patoloxías crónicas.
Polimedicados: 6
Durante máis de seis meses
A definición de polimedicado implica seis ou máis fármacos durante polo menos medio ano.
Primeira fase: 15
Un plan completo
O Sergas revisará todos os tratamentos, pero comezará cos de máis de 15 fármacos.