13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





25 mar 2011

CARTA DE C.I.G.-SAÚDE Á CONSELLEIRA

Pilar Farjas Abadia.
Conselleira de Sanidade.

A sanidade pública é un dos alicerces da nosa sociedade, a súa prestación a través do sistema público garante , entre outros, o principio de equidade e mantén o carácter de servizo público.
A política sanitaria que se está a levar a cabo pola Consellaría de Sanidade vai encamiñada en fomentar a privatización dos servizos públicos a través dos proxectos de colaboración pública privada, co único fin de aforrar custos (feito non demostrado) en detrimento da calidade.
A incorporación no SERGAS da colaboración pública privada estase a facer co maior escurantismo posíbel, mediante a política de feitos consumados. Esta colaboración no se axusta exclusivamente á posta en funcionamento das novas infraestruturas sanitarias, se non que inclúe un modelo mais ambicioso como a prestación de servizos clínicos mediante esta fórmula.
Como exemplo disto, temos  a intención da Consellaría de Sanidade de trasladar á Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo (FRIAT) a prestación do servizo de diálises do hospital do Barbanza a esta Fundación.
O servizo de diálises ven funcionando neste hospital con altos  niveis de calidade, dando un servizo á poboación do Barbanza sen que esta se teña que desprazar a outro centro hospitalario. Motivado pola demanda que presenta o devandito servizo, desde a Dirección do centro tense presentado perante esa Consellaría un proxecto de ampliar a prestación do servizo a todos os días da semana, xa que agora só funciona 3 días.
Ante esta petición, motivada por criterios asistencias que permita garantir esta prestación sen  ocasionar desprazamentos ás/aos doentes, a resposta da Consellaría que vostede dirixe é privatizar o servizo.
Seguramente na comunicación pública que vostede emita xustificando esta decisión, basee os seus argumentos en facer máis con menos; pero omitindo o dato de que este modelo é máis barato porque as instalación e a tecnoloxía a cede o SERGAS.
Desde  CIG-SAÚDE solicitamos se paralice a  decisión da Consellaría de privatizar o servizo de diálises do hospital do Barbanza mediante a cesión á Fundación FRIAT.  Así mesmo, solicitamos que se poña en marcha o proxecto de ampliar este servizo a todos os días da semana, garantindo a prestación  e evitando desprazamentos fora desta comarca.
Parécenos lamentábel o retroceso que estamos a sufrir na sanidade pública.
Agardando teña en conta as nosas consideracións.


Compostela, 25 de marzo de 2011.


Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.
Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE

No hay comentarios:

Publicar un comentario