O Boletín Oficial do Estado publica hoxe o
Real Decreto Lei de medidas urxentes en materia de sanidade. CIG-Saúde
denuncia que desde o goberno de Madrid se impoñen así, toda unha serie
de medidas sobre materias que “son de competencia exclusiva da Xunta de
Galiza” e que esas medidas van moito máis alá das anunciadas tras da
xuntanza do Consello Interterritorial de Saúde do pasado 18 de abril,
estabelecendo xa unha carteira de servizos comúns básicos e, ademais do
copago farmacéutico, o copago sanitario para a prestación dalgúns
servizos que non son considerados como tal.
CIG-Saúde, que
está a estudar o alcance destas medidas e que presentará unha análise
pormenorizada das mesmas, exixe que desde a Xunta de Galiza se adopte
unha postura de rexeitamento e oposición frontal fronte á “invasión de
competencias que se fai desde o goberno central” e denuncia que se está
conculcando o propio Estatuto de Autonomía.
A federación xa se dirixiu por carta á conselleira de Sanidade , Rocío Mosquera, e á Directora de Recursos Humanos, Esperanza Fernández Lago, tras recibir, vía correo electrónico, unha comunicación desta última na que se afirma que “xa estamos analizando as citadas medidas no seu conxunto e, dun xeito específicio ás que teñen repercusión na área de recursos humanos e sexan susceptíbeis de tratamento na mesa sectorial”.
Para CIG-Saúde esta afirmación indica que na consellaría de Sanidade, ou cando menos no departamento de Recursos Humanos, “nin sequera se tiña coñecemento das medidas que se ditan desde Madrid unilateralmente e invadindo competencias desta administración, e que se aceptan e se acatan sen oposición de ningún tipo”.
Neste sentido, CIG-Saúde sinala que no Real Decreto estabelécense mesmo medidas que modifican a actual regulación das condicións laborais do persoal, e pregúntase como pode consentir a administración que se diten unilaterlamente normas que afectan drasticamente a materias sobre as que Galiza ten competencia exclusiva. “Non entendemos que se adopte unha postura de submisión absoluta aos ditados do goberno central e se faga deixadez de funcións no que respecta ás competencias que, en sanidade ten a Xunta de Galiza”.
CIG-Saúde manifesta ademais que “non toleramos que se acepte de bo grao esta invasión de competencias e se actúe como administración marioneta en mans do goberno central”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario