Por suposto que, menos mal que está a C.I.G. señor Sousa. Si hai algún sindicato no hospital que teña credibilidad, ese é a C.I.G.-saúde.
O do outro día no programa de radio Sexta Feira foi un acto totalmente partidista na véspera das eleccións, por eso me cabreou tanto. Porque a min non me importa no partido que vostede milite, nin ao programa de radio que vostede queira ir. A min o que me preocupa é que utilice o seu horario de traballo para ir a defender as tesis do seu partido ou o que dicta don Benigno.
E fai moi ben vostede en aclarar que pedíu as horas para sair, oficialmente no FIDES, e non facer como algunha xente que pide horas sindicais para irse de vacacións ou a congresos como vostede moi ben sabe. Eses sí que son os sindicalistas que sobran, eses si que nos fan perder credibilidade aos demais. De tódolos xeitos encantaríame ver a súa petición do fides, do día 18. Nestes tempos que corren no que a dirección do centro lle está denegando horas aos traballadorespara acompañar aos seus fillos e país a calqueira consulta, parécenos incrible que para acudir a un programa de radio se lle dé permiso a tres persoas, sen problemas. Claro como era para decir o marabillosa que vai ser a xestión integrada e o ben que se están facendo as cousas....
Pois si, señor Sousa, pois si, menos mal que está a C.I.G.-saúde. Polo menos podemos ir coa cabeza ben alta, porque defendemos con orgullo a sanidade pública, porque creemos que coa saúde dos monfortinos non se xoga, e porque creemos firmemente que a xestión integrada vai ser perxudicial para o hospital e para os monfortinos, porque como xa denunciaron catro colegas seus no multiusos (entre eles o número un do sindicato CEMS, ao que vostede pertence), os servizos centrais(raios, anatomía patolóxica, e laboratorio) van desaparecer,as especialidades cun só especialista é probable que vaian para o HULA, e partos e maternidade tamén e fácil que vaian para Lugo. Repito, esto non o dí a C.I.G. (que tamén), díceno os seus colegas de profesión.
En fin señor Sousa, só nos queda decirlle que espero que cumpra a súa palabra e cando as gardas de raios sexan telemáticas, sin presenza do radiólogo no hospital, rompa o seu carné do PP. Ainda que dubido moito que o faga, xa que todos coñecemos no hospital o que vale a súa palabra.
CIG-SAUDE MONFORTE
Mobilízate "Saúde para todos" cap.15 (08/03)
NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)
NOVAS DA SAÚDE
NOTICIAS GALIZA
NOVAS DE GALIZA:
18 nov 2011
A plataforma sanitaria protestou ante o mitin de peche do PP
O colectivo desvinculouse duns pasquíns dirixidos contra este partido
La Voz de Galicia
La Voz de Galicia
Membros da Plataforma en Defensa dá Sanidade
Pública (Pladesapu) concentráronse onte ante o edificio multiusos de
Monforte con motivo do mitin de peche de campaña organizado polo PP, no
que participou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Os
manifestantes, disfrazados con longos narices de cartón, exhibiron
carteis coa frase «Queremos ou decreto prometido xa», aludindo á promesa
expresada por Feijoo a representantes da plataforma sobre o mantemento
da área sanitaria de Monforte noutro acto electoral celebrado na cidade o
ano pasado.
Os portavoces de Pladesapu anunciaran pola mañá
esta concentración, dicindo que se trataría dun «acto presencial» e que
se comportarían «pacífica e sensatamente». De acordo con esta intención,
cando Núñez Feijoo chegou ao edificio multiusos limitáronse a axitar os
carteis sen proferir consignas nin berros de ningún tipo.
Doutra banda, os representantes da plataforma
desvincularon a este colectivo duns pasquíns que circularon esta semana
en Monforte co seguinte texto: «PP, único partido que quere quitar a
área sanitaria monfortina. ¡Non lles votes!». Maribel García, portavoz
do colectivo, afirmou a este respecto que a plataforma se mantivo á
marxe do xogo político e mostrou unha actitude de respecto cara a todos
os partidos. Por este motivo -engadir ou apoio de todos vos axentes
sociais e económicos dá zona».
García, doutra banda, pediu ao presidente da Xunta
que cumpra o compromiso expresado no 2010, «cando dixo, sen que ninguén
lle obrigase a facelo, que Monforte non ía depender de Lugo non novo
decreto sobre a xestión sanitaria integrada».
Así mesmo, García afirmou que a plataforma enviou
cartas certificadas aos alcaldes do Partido Popular que non asistiron ao
acto informativo convocado recentemente por este colectivo no centro
multiusos. «Algúns deles xa nos transmitiron ou seu interese por
reunirse connosco, pero non diremos quen son a non ser que eles mesmos
ou pidan», agregou.
Etiquetas:
ÁREA INTEGRADA DE MONFORTE,
DENUNCIA,
MOBILIZACIÓN,
NORMATIVA,
PLADESAPU,
POLÍTICA,
SERGAS,
SOS SANIDADE PÚBLICA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)