A apertura hai uns días da residencia do Morín palía en parte a carencia de prazas para persoas maiores que sofre Monforte.
O Concello tiña unha gran necesidade de dispor dun centro destas características para poder atender as demandas dunha poboación cada vez máis envellecida e que precisa atención especializada.
As 180 prazas que ofrece o novo xeriátrico, unido ás 40 das que tamén dispón para temas específicos como o centro de día para pacientes que padezan Alzhéimer ou outras doenzas dexenerativas, supón un desafogo para unha poboación cun censo de case 20.000 persoas das cales máis dun 25% supera os 65 anos.
19.546 5.493 180
19.546: Censo de Monforte na actualidade. O Concello monfortino está próximo aos 20.000 habitantes.
5.493: Persoas maiores de 65 anos. O número de poboación en idade de xubilación supera amplamente a cuarta parte (28,1%) e a tendencia é que siga aumentando.
180: Prazas que ofrece a residencia. No Morín poderán atender a case 200 persoas, á marxe das 40 prazas para persoas con Alzhéimer ou outros problemas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario