A creación de novas infraestruturas en atención primaria e especializada suporá 97,5 millóns máis que no 2010.
Mentres a Xunta considera que o capítulo de investimentos reais crece de forma espectacular, a oposición considera o contrario. Ana Luísa Bouza, do BNG, recorda que hai 59 millóns menos que no 2010. Bouza preguntou ironicamente á consellería como pensa facer para construír centros de saúde en 56 concellos cunha partida de catro millóns. O socialista Modesto Pose insistiu nese argumento, sinalando que algunhas destas cifras son irrisorias, como 26.000 euros para Carballo, 25.000 para Fene ou 218.000 para A Coruña. Pose cualificou de chantaxe a carta de Sanidade enviada aos concellos na que se solicita aos alcaldes a súa conformidade para construír un centro de saúde con colaboración público-privada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario