13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





9 dic 2010

No gracias e farmacriticxs: Vergoña sanitaria

A "irresponsabilidade" de Margaret Chan e Trinidad Jiménez na xestión da gripe A, "premios amargos 2010" á manipulación de enfermidade.

"A profesión médica está en crise e intoxicada polos departamentos de marketing dos laboratorios". Velaquí unha frase de premio. O que lle recoñecen ao seu autor -Ray Moynihan- a plataforma médica NoGracias e a asociación de estudantes de medicina Farmacriticxs por expoñer "a extrema influencia da industria na profesión sanitaria".
Xunto a este experto -profesor e xornalista australiano-, a médica, teóloga e monxa beneditina española Teresa Forcades, protagonista do popular vídeo "Campanas pola gripe A", no que desentraña a verdade sobre a pandemia, os perigos da vacina e o currículo máis escuro dos laboratorios responsables desta.
No lado oposto, a directora xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Margaret Chan; e a ex ministra española de Sanidade Trinidad Jiménez -hoxe responsable da carteira de Asuntos Exteriores- reciben unha laparada dos profesionais sanitarios polos erros e irresponsabilidades cometidos na xestión da tan temida pandemia de gripe A.

    

No hay comentarios:

Publicar un comentario