13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





18 dic 2010

O hospital de Monforte prescinde do persoal de reforzo do servizo de rehabilitación

Unha veciña do Saviñao denuncia que volve estar en lista de espera tras varias sesións de fisioterapia.

O hospital de Monforte deixou en suspenso a principios deste mes os contratos temporais dos dous fisioterapeutas cos que reforzara o servizo de rehabilitación, ante o atasco provocado polo incremento da actividade nos quirófanos. A Consellería de Sanidade asegura que o centro non descarta contratar de novo a especialistas en fisioterapia se é preciso, pero a medida xa provocou algunha queixa. É o caso dunha veciña do Saviñao que estaba a ir a rehabilitación cun destes profesionais contratados de forma temporal e agora viu como a volven pór en lista de espera.
Os problemas no servizo de rehabilitación transcenderon a finais do verán e son a paradoxal consecuencia da mellora do rendemento nos quirófanos. Coa recuperación progresiva da actividade cirúrxica tras a parálise provocada basicamente polas baixas coincidentes dunha parte dos radiólogos, a dirección conseguiu reducir notablemente a lista de espera para operarse. O efecto indeseado foi que a demanda de rehabilitación creceu por encima do habitual nos últimos tempos e a espera para este servizo foi aumentando sen parar.
Co obxectivo de atender aos pacientes máis graves e reducir demoras, o centro contratou a finais de outubro e por un mes a dous fisioterapeutas eventuais. Este reforzo permitiu que Carmen L.???M., unha veciña de Escairón de 52 anos, entrase por fin a rehabilitación, despois de que fose operada dunha tendinite nun ombro o pasado 22 de xuño. Ela asegura que o 25 de agosto empezou a recibir tratamento nunha clínica privada, á que recorreu cansada de esperar a que a chamasen do hospital.
Os tendóns rotos outra vez
Un mes despois tivo que parar porque sufriu unha caída na que se volveu lesionar o ombro. O 17 de novembro pasou consulta no hospital co seu traumatóloga, que lle confirma que volve ter os tendóns rotos por mor da caída. Dous días despois empeza a ir a rehabilitación ao hospital, ata que o 30 de novembro pasa consulta de novo con outro traumatólogo que lle pide tres semanas máis de fisioterapia. Ao día seguinte, a muller chamou por teléfono ao centro «para preguntar se tiña o mesmo horario» e para a súa sorpresa respondéronlle que volvía estar «en lista de espera porque o contrato dos dous fisioterapeutas acabouse e non hai xente que poida atenderche».
Carmen L.???M. ten problemas para conducir e para atender as tarefas domésticas. En xeral, apenas pode utilizar os brazos se ten que levantalos por encima dos ombros.
Os portavoces de Sanidade aseguran que o que ocorre con esta muller, e con outros pacientes no seu mesma situación, é simplemente que terminaron «unha fase» no seu tratamento e agora está á espera de déanlle cita para empezar a seguinte. Polo demais, insisten en que o hospital de Monforte non descarta volver contratar fisioterapeutas de xeito puntual «para momentos de necesidade».


          

No hay comentarios:

Publicar un comentario