A aseguradora acepta agora compensar con 100.000 euros a uns pais que perderon ao seu fillo hai oito anos.
Faleceu ás 27 horas de nacer porque non se diagnosticou o sufrimento fetal nin se reaccionou a tempo.
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) «recoñeceu a súa neglixencia na morte dun bebé» que naceu no Hospital da Costa en agosto do 2002 e faleceu 27 horas despois. Mar Viveiro, avogada dos pais, explica que o Sergas asume a «responsabilidade polo funcionamento anormal da administración», o que exculpa ao persoal sanitario. Despois de oito anos de procedementos xudiciais na vía penal e contencioso-administrativa, a aseguradora do Sergas indemnizou á familia da criatura con 100.000 euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario