13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





28 dic 2010

Presentación: O novo hospital de Pontevedra estará listo un ano antes: 2014

Núñez Feijóo comprométese a adxudicar o centro no primeiro semestre do 2011 para proceder a licitalo antes de que remate.

 

 "O edificio do Novo Hospital Público de Pontevedra, de momento virtual, cada día que pasa é máis real", asegurou onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O titular do Executivo galego, que acudiu á urbe do Lérez a presentar "formalmente" o novo proxecto do centro que se levantará en Monte Carrasco, comprometeu a licitación "para a primeira metade do ano 2011" e remarcou que o Goberno pretende "adxudicalo antes de que remate o ano". Feijóo destacou o radical cumprimento do compromiso da Xunta con esta infraestrutura, como o proba o feito de que a día de hoxe estean "rematados os trámites previos" para poder acometer a licitación e contratación.

Segundo o seu calendario, as obras estarán listas "un ano antes" do previsto inicialmente, é dicir, acabaranse en 2014 e non en 2015. "O Novo Hospital Público é irreversible, é, polo tanto, posible", espetou ós que seguen apostando pola ampliación de Montecelo. "A mellor ampliación posible quedaría incompleta. Non sería eficaz", engadiu.

Nun acto ó que acudiron ao redor de catrocentos pontevedreses e representantes dos concellos da área sanitaria, Feijóo subliñou que o Executivo galego aposta por "priorizar o necesario sobre o prescindible" e Pontevedra tiña "necesidades sanitarias por cubrir" polo que o impulso da nova infraestrutura é un "acto de xustiza". En presenza tamén dos conselleiros de Sanidade, Pilar Farjas; Presidencia, Alfonso Rueda; e Medio Ambiente, Agustín Hernández; de Sanidade, Pilar Farjas; ou a deputada en Cortes e ex ministra de Sanidade, Ana Pastor, Feijóo subliñou que o novo hospital nace como un proxecto "definitivo para os próximos cincuenta anos" e para dar cobertura a un área sanitaria de 300.000 persoas.

Contará con 2.000 prazas de aparcamento
O nvo hospital, que terá unha gran base sobre a que se levantarán os bloques de edificación que albergarán ós pacientes, contará con 723 camas, 82 máis que as que contemplaba a ampliación de Montecelo. Ademais, o 60% desas camas serán individuais. Durante a presentación do proxecto para o novo hospital, a Xunta destacou que o futuro centro terá ademais de 20 quirófanos, 77 gabinetes de exploración, 163 consultas externas o 99 cuartos de hospital de día e 2.000 prazas de aparcamento.

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario