13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





22 dic 2010

Veto definitivo ao fume nos bares

O Congreso aprobou onte a versión máis restritiva da lei que prohibe fumar desde o 2 de xaneiro nos locais de lecer pechados e no acceso a colexios e hospitais.

Unha das leis aprobadas na xornada do chamado supermartes -os deputados votaron dez normas- é a antitabaco. Para sacar adiante esta lei, que o Senado recortou durante uns días sen máis consecuencias, o Goberno contou co apoio da esquerda: PSOE, Izquierda Unida, ERC e BNG foron os apoios a esta norma que reduce a lei anterior, que se aprobou no 2005, pero entrou en vigor o 1 de xaneiro do 2006. Estas son algunhas das claves para entender unha lei que se terá que aplicar desde o día 2 de xaneiro -descartouse o 1 para que non coincidise con Noitevella-.
1
¿Poderase fumar nalgún local de lecer pechado? Non. Nin en bares, restaurantes, discotecas, pubs nin tampouco en casinos, salas de xogo e bingos, a pesar de que no Senado aprobouse unha emenda para que se permitise neste tipo de locais. A prohibición, en todos os casos, é total e non se permite reservar unha parte do negocio para fumadores.
2
¿E nas terrazas? Si, sempre que estean ao aire libre e que se considere a estas como un espazo semicerrado que contan, como máximo, con dúas paredes e un teito. O esencial, en todo caso, é que teñan unha boa circulación do aire.  
3
¿Mantéñense os puntos de fumadores dos aeroportos? Non. Desaparecerán os que xa están habilitados, polo que a única opción de botarse un pitillo será na porta do aeroporto.  
4
¿E nos hoteis? Aquí a lei si recolle excepcións, xa que se poderá reservar un máximo do 30% do espazo dos hoteis para cuartos dirixidos aos fumadores.
5
¿Hai máis excepcións nos locais pechados? Si. A lei que se aprobou onte permitirá habilitar zonas para fumadores en centros xeriátricos, psiquiátricos e prisións.
6
¿Que ocorre cos clubs de fumadores? Poderase fumar neles, pero en ningún caso poderán facer negocio. É dicir, non poderán contratar a camareiros nin vender ningún tipo de produto. Estes establecementos entenderanse, basicamente, como un local ao que acoden uns amigos para fumar. Para actuar como club de fumadores se esixirán estatutos, censo de socios e en ningún caso permitirase o acceso a menores.
7
¿Como afecta a norma aos colexios, institutos, centros de saúde e hospitais? A diferenza do que ocorre agora tampouco se poderá botar un cigarro nas portas e accesos destes recintos. O de esperar ao neno no colexio fumando un pitillo na beirarrúa pasará á historia. Se quere facelo terá que situarse na beirarrúa da rúa de en fronte. E o mesmo terán que facer os fumadores nos hospitais.
8
¿E nos campus universitarios? Aquí non rexe a norma que se aplica a colexios e institutos e si se poderá fumar nas zonas ao aire libre e nas portas dos recintos.  
9
¿Poderase fumar nos parques infantís? Non, quedará prohibido co fin de preservar a saúde dos máis pequenos á vez que serve de exemplo para eles.
10
¿E nos campus de fútbol e prazas de touros? Só se se trata de recintos abertos. Naqueles estadios e prazas de touros con peche abatible quedará prohibido fumar no momento en que a cuberta quede totalmente pechada. Nos polideportivos, como se trata de recintos que polo xeral están pechados, tampouco se poderá inhalar o fume dun pitillo.
11
¿Haberá máis limitacións á venda de tabaco? Non. Todo o contrario. Aos habituais puntos de venda como estancos, quioscos de prensa e bares sumaranse as gasolineiras que estean abertas as 24 horas.
12
¿Os hostaleiros que fixeron reformas para adaptarse á lei anterior recibirán compensación? Non. Foi unha das propostas que se barallaron na tramitación da lei, pero non se aceptaron.
13
¿Financiaranse os tratamentos para deixar de fumar? Non. A norma incluirá programas de prevención do tabaquismo orientados a escolares e de deshabituación tabáquica, cuxa forma de financiamento está aínda por discutir, aínda que a decisión dependerá das comunidades.
14
¿Quen velará polo cumprimento da norma e imporá as sancións? Os inspectores que habiliten cada unha das comunidades. Nelas recaerá o peso do cumprimento da lei.

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario