13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





15 ene 2011

O informe para recorrer o catálogo de fármacos galego estará listo en 15 días

Xornal.com

O Ministerio de Política Territorial e Administración Pública contará nun prazo de entre dez e quince días co informe do Consello de Estado para recorrer a lei galega pola que se creou o catálogo de médicamentos priorizado, co que a Xunta quere controlar o gasto farmacéutico na comunidade, segundo apuntaron onte fontes de Sanidade, Política Social e Igualdade. No departamento que dirixe Manuel Chaves solicitarán “en breve” o documento para que o Consello de Ministros dea luz verde ao recurso no Tribunal Constitucional.
Segundo concretou o Executivo central, o informe ao Consello de Estado solicitarase “por vía urxente” para “tramitalo o máis rápido posible”. O Ministerio de Sanidade xustifica o recurso á lei aprobada polo Parlamento de Galicia, cos votos de PPdeG e BNG, e que entrou en vigor o 3 de xaneiro, polo feito de que “invade competencias do Estado”. Porén, o departamento de Leire Pajín manifestou, en reiteradas ocasións, que está aberto a buscar“fórmulas alternativas” coa Xunta para solucionar o problema do financiamento do elevado gasto farmacéutico de Galicia, unha das comunidades nas que se dispensan menos xenéricos, aínda que “sempre baixo o principio de non invadir competencias”,
A interpretación do Goberno non coincide coa das formacións políticas que apoiaron o catálogo priorizado de medicamentos, por iso, o BNG pedirá explicacións. O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, esixirá a Pajín, durante a Comisión de Sanidade e Asuntos Sociais da Cámara Alta, que indique por que o Goberno central ten intención presentar un recurso de inconstitucionalidade á lei de racionalización do gasto farmacéutico de Galicia, segundo anunciou tamén onte durante unha rolda de prensa.

Apoio dos senadores do PP
O Bloque tamén levará ao Senado unha moción pola que pretende que o Goberno central “dea marcha atrás” no recurso do decreto. Nesa iniciativa, os nacionalistas reclaman que o Consello Interterritorial de Sanidade presente “un sistema de financiamento público” que inclúa os medicamentos de menor prezo, entre os equivalentes presentes no Nomenclátor estatal, a similitude do aprobado polo Parlamento galego”. Todo iso, explica o texto da moción, co obxectivo de “racionalizar o avultado gasto farmacéutico” e destinar os recursos liberados “a mellorar e fortalecer” o sistema sanitario público, como recolle a lei galega.
Pérez Bouza espera que os senadores do PP apoien esta iniciativa xa que, cos seus votos, existe unha maioría “suficiente” para que reciba luz verde, e confía en que “non se comporten igual que noutras ocasións”, como agregou, “xa nos teñen acostumados”. Do mesmo modo, lamentou que “unha nova disputa política entre PP e PSOE” se poida “cargar unha medida positiva” para Galicia, que é ““perfectamente competente” para impulsar unha iniciativa deste tipo”.
Pola súa banda, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, afirmou que o ministerio lle transmitiu que ten “vontade de diálogo” sobre o catálogo priorizado de medicamentos e asegurou que a Xunta confía en que “esa resposta de responsabilidade e vontade de diálogo continúe”.

Cambios de versión
En declaracións aos medios en Vigo, preguntada sobre a posibilidade de que o Goberno recorra o catálogo de fármacos e sobre o anuncio de recurso por parte de Farmaindustria, a patronal dos laboratorios, a conselleira asegurou estar en contacto de forma “permanente” co Goberno central e que tanto Pajín como o secretario xeral de Sanidade, José Martínez Olmos, lle transmitiron esa vontade de diálogo. Precisamente onte Xornal de Galicia publicaba o desmentido do Executivo do Estado as palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que asegurou que Pajín lle confirmara que non habería un recurso contra o catálogo galego de fármacos.
Por outra parte, Farjas tamén asegurou que respecta “tódolos dereitos de actuación legal do sector industrial” e recalcou que confía na “responsabilidade” do Goberno de España. “Nós seguiremos traballando buscando decisións que están a permitir seguir mellorando o investimento en infraestruturas”, ámbito no que, dixo, se investirá o aforro que se logre co listado de xenéricos.

      

No hay comentarios:

Publicar un comentario