13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





12 ene 2011

Traballo privatiza cinco residencias e dous centros de día por 37 millóns

A Xunta cumpre con estas concesións o compromiso de Feijóo de poñer en marcha as 780 prazas residenciais creadas polo bipartito

Xornal.com


A promesa do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, de poñer en marchas 780 novas prazas para maiores en residencias e a apertura de varios centros de día terá un custo para as arcas galegas de 37 millóns de euros. Así, para sacar adiante este compromiso, a Consellería de Traballo optou por pagarlle esta cantidade a empresa privada Geriatros para que se encargue da xestión destes edificios públicos, levantados durante o Goberno do bipartito e paralizados desde hai case dous anos.
O Diario Oficial de Galicia presentaba onte os resultados de varios concursos para deixar a concesión de todas estas instalacións en mans da empresa Geriatros –con sede en Vigo– que será a encargada de poñer en marcha as 780 prazas en residencias durante os próximos tres anos. Así, a posta en funcionamento dos centros situados nos edificios de Viveiro, Ourense e Vimianzo terán un custo de 6.847.144 euros cada unha (algo máis de 
do­us millóns ao ano), mentres que as residencias de Monforte de Lemos –que ten 180 prazas– e a de Santiago de Compostela contarán cun orzamento de 8.216.573 e 6.528.024 euros, respectivamente.
A pesar de que a empresa realizará unha xestión pública do servizo, este será cofinanciado polos dependentes. De media, a Xunta calcula que o custo da estancia nestes centros e duns 48 euros –con leves variacións entre uns e outros– por persoa e día. O 80% desta cantidade quedaría amortizado pola Administración, polo que o 20% restante –uns dez euros cada día– deberán ser costeados por cada un dos usuarios.
A maiores deste copago da asistencia pública, os maiores deberán pagar a maiores o prezo que a adxudicataria determine por usar determinados servizos que a Xunta esixe no centro, tales coma perruquería ou podoloxía. A maiores, a Consellería de Traballo deixa a porta aberta a que se poidan realizar calquera outro tipo de actividades de pago para os usuarios, sempre e cando a empresa solicite o permiso da Administración.
Este modelo de xestión privada para os servizos sociais é defendido polo Goberno galego desde 2009. O xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, optou por este sistema de concesión para os centros de día e residencias de maiores que o bipartito non deixou en funcionamento e asegurou que o cambio de modelo deixaría un aforro dun 25% en cada praza.
Desde a oposición, o secretario de Acción Municipal do BNG, Manuel Antelo, lamenta a “teima de Feijóo” no “proceso de privatización dos servizos públicos” así coma os atrasos rexistrados na apertura destes centros. Antelo recorda que no caso de Vimianzo, o centro estivo pechado desde marzo de 2009 ata o pasado mes de novembro– é dicir, ano e medio– cando a Geriatros firmou o contrato de xestión debido a “presión política” do concello.
Nunha liña similar, o líder dos socialistas galegos, Manuel Pachi Vázquez, denunciaba hai ­dous meses no pleno do Parlamento galego que aínda están por abrir 21 dos centros de día que o bipartito deixou rematados “chave en man”. Ao tempo, Vázquez recriminaba ao presidente galego que tampouco se cumprira a promesa electoral do PPdeG, que establecía a creación dun centro de día en cada un dos 244 concellos de máis de 1.500 habitantes.
Entre os 21 centros de día pechados, Manuel Antelo destaca o caso da “miniresidencia” do concello de A Bola, que permanece pechada a pesar do “empeño da alcaldesa”.
Os centros de día de Ourense –adicado a maiores con Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas– e Monforte de Lemos tamén abren as súas portas baixo a xestión de Geriatros, que recibirá 1,7 millóns pola xestión de ambos edificios –con trinta prazas para maiores cada un– ata 2013.
Entre os servizos que a empresa terá que prestar aos 840 maiores que pasen a ser usuarios destas residencias e centros de día están a manutención, atención social ou coidado persoal. As condicións establecidas pola Xunta, pautan que Geriatros deberá servir “como mínimo” tres comidas ao día, que deben ser supervisados por un facultativo e presentados aos usuarios “para que sexan atractivos e apetitosos”.
A asistencia residencial contará cunha habitación para cada un ou dous pacientes, que as poderan decorar coma queiran, sempre que os obxectos empregados non sexan considerados “inadecuados ou perigosos” pola adxudicataria. A maiores, Geriatros terá que se encargar de ofertar a atención xeriátrica, social –buscando a participación e integración dos maiores– así coma a asistencia relixiosa.

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario