13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





31 ene 2011

Xenéricos vs. catálogo galego (por J. M. Peña, economista y auditor)

Xornal de Galicia


Unha das consecuencias máis per-ceptibles da actual crise financeira é a apertura dun debate permanente acerca de todos e cada un dos piares do Estado do benestar. No ámbito da Unión Europea estase a producir unha forte controversia sobre os problemas dos Sistemas Nacionais de Saúde (SNS) e sobre o seu sostemento. Neste contexto enmárcase a actual pugna dialéctica arredor da bondade da normativa, promulgada en Galicia, en materia de farmacia. É necesario debullar os argumentos ou caeremos no medio do falso debate demagóxico que, interesadamente, se está a propoñer.
Por xenéricos entendemos produtos sanitarios que teñen o mesmo principio ­activo e a mesma forma farmacéutica que a patente orixinal; medicamentos, polo tanto, coa mesma eficacia terapéutica, seguridade e calidade. Neste sentido, nada que opoñer á súa promoción, fomento da súa prescrición e emprego por parte dos usuarios do SNS. Moi ao contrario, non podemos esquecer a súa baixa utilización. Uns cantos datos de porcentaxe de gasto en xenéricos, en 2009, aclara o panorama: media de España (9,38%), Andalucía (14,81%), Galicia (4,17%), Noruega (58%), Alemaña (37%), Canadá (34%), Reino Unido (26%), USA (22%). Complementariamente, nada xustifica que o gasto farmacéutico en España sexa moi elevado, tanto en gasto por habitante, como en porcentaxe sobre o gasto sanitario total (media da OCDE 17,2%, fronte ao 20,4% de España).
Dende este punto de vista, calquera esforzo encamiñado a reducir este enorme gasto debe ser aceptado e acollido favorablemente.
Entón, que é o que pasa?, cal é a razón do estrondo político e mediático que está a ter lugar?.
Poderíamos sintetizalo baixo tres aspectos: primeiro, unha idea, que pode ser boa, estrágase por formulala de forma incorrecta. O metaforicamente denominado “Catálogo priorizado de produtos farmacéuticos” derívase da Lei 12/2010, de racionalización do gasto na prestación farmacéutica de Galicia. Na miña opinión, a mencionada lei vulnera claramente a legalidade xa que incumpre e choca frontalmente con normas estatais como a Lei 14/86, xeral de sanidade (lei Lluch), a Lei 16/2003, de cohesión e calidade do SNS, a Lei 21/2001, do sistema de financiamento das comunidades autónomas, así como a propia Lei 25/1990, do medicamento. A proposta galega debeu formularse ante o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. En segundo lugar, opino que a Lei galega formula serias dúbidas sobre a súa constitucionalidade, xa que pon en cuestión principios tales como a igualdade dos españois nos territorios do Estado ou as competencias exclusivas deste sobre determinadas materias: coordinación xeral da sanidade, lexislación sobre produtos farmacéuticos ou a protección á saúde. Neste sentido cabe sinalar que unha lei non pode ser utilizada de forma partidista para desenvolver competencias estatutarias inexistentes e para forzar un enfrontamento competencial entre o Estado e as comunidades autónomas formulado en termos de incrementar a capacidade de autogoberno (por iso a votou o BNG). En terceiro lugar e, finalmente, o debate non se pode orientar cara á defensa dos intereses da farmaindustria, tal e como fixo o Ministerio de Sanidade, por moito que estes se escondan detrás de argumentos vinculados á investigación, ao emprego, á seguridade do uso farmacéutico, etcétera.
O Sergas é un medio para aproximar a xestión da asistencia sanitaria ao cidadán e debe manter garantías en canto á equidade, a calidade e a participación. O SNS ha de manter unha identidade común e responder aos principios constitucionais de unidade, autonomía e solidariedade nos que se fundamenta o Estado autonómico.
É posible que a conselleira Pilar Farjas se equivocase no procedemento, pero tamén é claro que o Ministerio non pode irse do tema desairando o Goberno galego e unicamente presentando recursos. Ten que reunir o Consello Interterritorial e formular unha alternativa legal e constitucional de aforro no gasto farmacéutico ou levaranos a pensar que os intereses da farmaindustria teñen máis representación no Ministerio de Sanidade que a propia cidadanía española.
Por certo, onde quedan os profesionais e a farmacia hospitalaria?

     

No hay comentarios:

Publicar un comentario