13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





22 feb 2011

Farjas leva a Madrid as cifras do catálogo

A conselleira, tras catro solicitudes erradas, será hoxe por fin recibida pola ministra, ante a que defenderá os 9,2 millóns de aforro 

 Xornal de Galicia

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, despregará hoxe todo o seu armamento argumental para defender ante a ministra do ramo, Leire Pajín, as bondades do catálogo de medicamentos posto en marcha en xaneiro e polo que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) prioriza o financiamento dos fármacos máis baratos por cada principio activo, isto é, maioritariamente xenéricos.
Con máis de nove millóns de euros aforrados na factura farmacéutica do mes pasado (9,2 millóns) e unha taxa de prescrición de xenéricos disparada ata o 27 por cento –o que supón un 85% máis que o ano anterior– a titular autonómica leva hoxe a Madrid os argumentos que avalan a eficacia da “necesaria” e “valente medida”, en palabras de Farjas, que representa o catálogo, recorrido polo Goberno central ante o Tribunal Constitucional (TC) o día 11 de febreiro por consideralo “discriminatorio”, e sobre o que pesa unha solicitude de suspensión.
A de hoxe, martes, pode ser unha ocasión ideal para que ministra e conselleira acheguen posturas ao redor da medida galega para a racionalización do gasto, aprobada en decembro no marco parlamentario. Foi a propia Pajín quen a semana pasada, e de forma inesperada, lle remitiu a titular autonómica un e-mail para invitala a viaxar a Madrid. E non era sen tempo: ata catro cartas lle enviara anteriormente a conselleira con intención de amañar un encontro no ministerio, sen, con todo, acadar unha resposta.
Fontes do propio ministerio aseguraron que os representantes estatais de Sanidade acoden ao encontro de hoxe con vontade de acordo e de alcanzar un entendemento. Farjas, pola súa parte, xa apuntara en varias ocasións o seu ofrecemento ao diálogo, que sempre mantivo aberto, aínda que deixando claro que chegará ata o final co catálogo priorizado de fármacos, que segue en marcha mentres non se lle notifique o contrario. E é que, de ser admitido a trámite no Constitucional, a medida galega quedaría paralizada automaticamente en espera dunha sentenza definitiva.

Acompañada de Nieves Domínguez
A xuntanza terá lugar ás once da mañá, no ministerio de Sanidade, en Madrid, e a ela acudirá, ademais da conselleira, a directora de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Nieves Domínguez.

   

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario