13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





23 mar 2011

Bóveda terá o maior centro para discapacitados de Galicia

Unha empresa catalá terminará a residencia que empezou Eurolar
 
La Voz de Galicia 




Unha empresa catalá reflotará o proxecto do xeriátrico que Eurolar deixou a medio construír en Bóveda hai catro anos, aínda que lle dará un novo enfoque. Atención Integral Personalizada (ATI) investirá 7,7 millóns de euros na posta en marcha neste edificio dunha residencia para 116 persoas con discapacidades e un centro de día con sitio para trinta máis. Será a maior residencia de Galicia para persoas con dependencias.
O proxecto presentárono onte no centro sociocultural de Bóveda representantes da empresa promotora, a Xunta e o Concello. O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, confirmou ante os veciños que acudiron ao acto que esta iniciativa recibirá un crédito de catro millóns do Igape, o que supón algo máis da metade do custo estimado para rematar a obra do edificio e equipalo cos medios precisos. Todos insistiron en destacar o que estas instalacións representarán para Bóveda, porque prestarán un servizo social moi demandado, polos postos de traballo directos precisos para sostelo e polo movemento económico que xerará.
Segundo a información facilitada onte pola Xunta, esta residencia estará aberta para maiores de 16 anos «con discapacidade intelectual gravemente afectadas e dependentes». Fuentes do Concello confirmaron ademais que aínda non está claro se haberá prazas concertadas, e xa que logo a prezos máis económicos, ou se as familias dos usuarios terán que pagar tarifas 100% privadas.
Preguntado polos xornalistas presentes no acto, o conselleiro de Economía e Industria evitou falar de prazos. En calquera caso, os responsables municipais din que na empresa se propoñen terminar a obra a tempo para abrir antes de que termine o ano. Terán que darse présa, porque cando Eurolar decidiu paralizar a construción do xeriátrico só fixera entre un 25% e un 30% do traballo.
Os novos propietarios do edificio tiveron que refacer o proxecto técnico inicial, pensado para unha residencia de anciáns con noventa prazas e un centro de día de sesenta. Por exemplo, agora non fará falta o tanatorio, un servizo imprescindible nun xeriátrico, e haberá máis espazo para a área de fisioterapia e a lavandería.


No hay comentarios:

Publicar un comentario