13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





31 mar 2011

A Xunta abre a porta ao copago a pesar do “non rotundo” de Rajoy

O líder do PP desbota que os cidadáns paguen parte da Sanidade, pero unha orde de Facenda mantén a posibilidade dese sistema

 Xornal de Galicia




A Xunta fronte aos argumentarios do PP. En plena controversia a raíz das declaracións nas que o presidente da Rexión de Murcia, o popular Ramón Luis Valcárcel, apostaba por que os cidadáns asuman parte do custo da sanidade ou da educación, o propio presidente dos conservadores, Mariano Rajoy, descartaba esta posibilidade cun “non rotundo”, ao tempo que, nun argumentario interno recollido por Europa Press, o partido facía fincapé en que “a sanidade gratuita e universal está garantida co PP” sen que os cidadáns teñan que asumir, polo tanto, custo ningún. Estas declaracións dos populares contrastan cunha orde interna da Xunta na que o “copago” si é contemplado como unha vía de financiamento de servizos.
Este documento, redactado como instrución da Consellería de Facenda para o resto de departamentos autonómicos, detalla o xeito en que deben ser elaboradas as memorias económicas dos plans e leis do Goberno galego. Nelas, sinala o departamento que dirixe Marta Fernández Currás, deben figurar “as posiblidades ou alternativas para o seu financiamento”, tales como “dotacións existentes nos orzamentos”, “tributos, prezos públicos, transferencias finalistas e doutras administracións” e, tamén, o polémico “copago”, deixando así a porta aberta a este sistema en todo o Goberno e, polo tanto tamén no Servizo Galego de Saúde.
Precisamente a posible introdución desta fórmula era denunciada onte dende o PSdeG na análise da execución dos Orzamentos da Xunta do pasado 2010. Para o voceiro socialista no Parlamento, Abel Losada, entraría dentro dunha “deriva” do PP que vén unida á “incompetencia” na xestión das contas públicas e que provoca que o Goberno galego deixase “sen executar” 694 millóns de euros.
Losada apoia a súa afirmación nos datos de execución orzamentaria das autonomías do Ministerio de Economía. Neles queda reflectido que a Administración galega executou un 70,5% do seu orzamento, mentres que a media das comunidades está no 77,40%. Tampouco sae ben parada Galicia á hora de comparar as “obrigas recoñecidas –investimentos– , cun desplome do 32,05% dende 2009.
Fronte aos datos postos sobre a mesa polos socialistas, a conselleira de Facenda afirmaba onte que Galicia “cumpriu cos obxectivos de estabilidade orzamentaria” e elevaba a porcentaxe de execución ata o 96,5%. Segundo Currás, “cumpriu os obxectivos, malia ter 1.600 millóns menos de ingresos”.

Abel Losada: “Nos libros xa hai copago” 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario