13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





5 abr 2011

Os galegos gastan co catálogo un 18% máis que a media nacional

Galicia aforrou uns 17 millóns na factura de medicamentos nos dous primeiros meses de anos, o que recortou a diferenza co Estado nun 4,2%

Xornal de Galicia


O catálogo de fármacos non é suficiente. O aforro que esta medida supuxo na factura farmacéutica nos meses de xaneiro e febreiro acurta a brecha que separa a Galicia do resto do Estado, pero non a elimina. O listado elaborado pola Consellería de Sanidade aforrou uns 17 millóns de euros nos seus dous únicos meses en vigor, deixando o gasto mensual de febreiro en algo máis de 66 millóns de euros, ou o que é o mesmo, uns 23,73 euros por galego. A media nacional, non obstante está nos 20. Unha diferencia do 18,7% que revela que o consumo de medicamentos xenéricos en Galicia continúa por baixo da media de España.
Deixar de financiar os medicamentos máis caros supuxo unha redución da factura do 11,29% en febreiro. Non obstante, esta cifra tamén se debe en parte á baixada do prezo dos fármacos decretada polo Ministerio de Sanidade e que reduciu o gasto farmacéutico en febreiro nun 8% no conxunto do Estado. Neste sentido, a Xunta e o Goberno central non deixan claro que medida supuxo un maior aforro no caso galego.
A diferencia existente entre Galicia e o resto do Estado tamén queda patente no gasto por receita. O prezo medio de cada medicamento foi en febreiro de 12,71 euros, un contía que só superaron Asturias e A Rioxa. A media española estaba un euro por baixo.
Os 17 millóns de aforro que deixou o catálogo nos dous primeiros meses de ano reduciron, pese a todo, a diferencia de gasto co resto de autonomía. Mentres hai un ano, cada galego gastaba ao mes 26,75 euros en menciñas, en 2011 a cifra se queda en 23,73, o que supón unha rebaixa do 4,2% respecto ao que aboaban o resto de españois nese momento.
Con todo, hai que dicir que o aforro do catálogo foi menor que o que nun primeiro momento anunciou a Xunta. Se ben a Consellería de Sanidade preveu nun primeiro momento que a rebaixa alcanzaría os 112 millóns ao ano, a última cifra dada pola conselleira Pilar Farjas —que falaba dunha rebaixa de 12,3 millóns en mes e medio– supón unha caída do 12% respecto ás cifras inicias.
O aforro do catálogo –que permanece suspendido cautelarmente polo Ministerio de Sanidade– tampouco convence ao Observatorio do Medicamento, que no informe mensual elaborado no mes de febreiro, da conta de que os resultados do listado da Xunta non foron “tan espectaculares” coma esperaba.


Reclaman que os xefes de servizo e sección dos hospitais sexan nomeados polos seus méritos

No hay comentarios:

Publicar un comentario