13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





20 may 2011

A saúde como negocio (II)

O novo hospital de Vigo. Construír os novos hospitais polo sistema PFI (Iniciativas de Financiamento Privado) é máis caro e deteriora a calidade asistencial. 

 

Galicia Confidencial, por Pablo Vaamonde

Así o demostran as experiencias do Reino Unido, Madrid e Valencia. Pero Núñez Feijoo parou o proxecto do goberno de progreso, que tiña iniciado o procedemento para a construción dun grande hospital en Vigo, referencia para toda a área Sur, con financiamento e xestión públicos e a un custo moi inferior. Dous anos despois, o novo proxecto, de financiamento e xestión privada, foi adxudicado a unha UTE (unión temporal de empresas) constituída por Acciona, Puentes y Calzadas, Altair, Concessia e Ocasa (Obras, Caminos y Asfaltos).
O Sergas queda comprometido a pagarlles ás empresas adxudicatarias preto de 72 millóns de euros ao ano durante vinte anos. Ademais estas obterán beneficios pola xestión dos aparcadoiros e outras explotacións comerciais, que o actual goberno lle cedeu tamén á dita UTE. Así aparece reflectido nun excelente informe elaborado pola AGDSP (Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública), que conclúe: "O cambio de proxecto incrementa o custo en máis de 1.000 millóns de euros". Unha parte importante dos orzamentos sanitarios pasará, deste xeito, a mans privadas, sen que os cidadáns obteñan beneficio ningún. Pola contra, é previsible un empeoramento da asistencia e da situación laboral dos traballadores.
A selección da adxudicación realizouna a consultora privada PriceWaterhouseCoopers (PwC), compañía que parece estar inmersa, segundo a AGDSP, "en todo tipo de procesos por delitos fiscais e por actuar con neglixencia en estafas e falsificación de contas de empresas nas que actuaba a dita consultora". Ademais, por se fora pouco, en PwC traballa a filla da xerente do Sergas. Con todos estes precedentes non é posible que PwC poida actuar como garante da legalidade e da ausencia de conflitos de interese.
Os propietarios e xestores do novo hospital son un grupo de empresarios e banqueiros con múltiples intereses en xogo e "as empresas construtoras seleccionadas parecen ter intereses cruzados co Partido Popular e están acusadas de prácticas concursais prohibidas". Así pois, non importa poñer en risco a sanidade galega, nin despilfarrar o diñeiro público (coa crise como falsa excusa para usar este sistema) nin deixar hipotecado o sistema sanitario; nin siquera tentan gardar as aparencias. Este goberno semella que só procura favorecer os negocios de grupos afíns. Poñen, de novo, o público ao servizo do privado.



No hay comentarios:

Publicar un comentario