13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





1 dic 2011

Código 29

Tras varios días de respostas e desmentidos, a Xunta anunciou o "desbloqueo" de oficio das tarxetas sanitarias dos desempregados de longa duración, ou sexa, das persoas incluídas no tristemente famoso "Código 29" - ata o nome é desafortunado- esa sorte de porta de atrás pola que han de entrar no sistema sanitario público galego os que consumiron a prestación por desemprego. A decisión final do Executivo e o intento do Presidente galego de desviar o debate cara ao pagamento por receita farmacéutica revelan a verdade: o Gobierno Feijoo aprobou un Decreto que, sinxelamente, restrinxe dereitos, limita o acceso de parados á Atención Primaria e, de feito, modifica un modelo sanitario público e universal.

 Galicia Confidencial

O Código 29 é algo máis que un modelo de tramitación - lento ao trapalleiro, por certo- ao que deben someterse as persoas en desemprego que non cobren prestación, é, no fondo, un paso máis no cambio dunha sanidade pública, otrora orgullo de país e hoxe posta en cuestión por tirios e troianos. Coa crise como desculpa, os gobernos conservadores avanzan nun modelo sanitario abertamente mixto, en que o sector privado teña un peso moito máis importante que o actual e en que distintos colectivos sociais, - precisamente aqueles que son máis demandantes dos servizos sanitarios- vexan recortados unha parte dos seus dereitos. É, en definitiva, un modelo desigual, semipúblico, que deriva ás persoas con máis dificultades económicas a algo moi parecido á antiga beneficencia.

As reiteradas explicacións da señora Farjas e do propio Feijoo e as contradicións exhibidas no seu afán de reducir o escándalo non fixeron máis que demostrar unha realidade que a moitos lles parecía inconcibible: o PP disponse a cambiar un sistema sanitario cuxa creación alcanzou un consenso social, político e institucional quizais único. E farao, ademais, "por noso ben", coa austeridade por bandeira e previa anestesia colectiva baixo a ameaza dunha crise que non entendemos nin controlamos.

Dende o punto de vista operativo, remitir urxencias a todas aquelas persoas que teñen bloqueada a tarxeta sanitaria é un absoluto disparate. Dende o punto de vista ético, que os desempregados figuren nunha aplicación sanitaria específica supón unha violación da súa intimidade e unha vergoña colectiva. Dende o punto de vista democrático, se o PP quere cambiar o modelo debe dicilo con claridade; o sistema de cotización e impostos baséase no Pacto Social: un paga o que o corresponde a cambio de contar cun modelo público e universal; se imos ter un modelo desigual, cunha sanidade social e economicamente segmentada quizais moitos elixan (elixamos) non cotizar. Non me pida vostede axuda para deixar unha parte da sociedade a un lado.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario