la Voz de Galicia
Mobilízate "Saúde para todos" cap.15 (08/03)
NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)
NOTICIAS GALIZA
NOVAS DE GALIZA:
9 nov 2011
O Sergas cobrará polo uso irresponsable da sanidade
la Voz de Galicia
6 nov 2011
A plataforma pide por carta a destitución do xerente do hospital
Portavoces da Plataforma en Defensa dá Sanidade pública de Monforte deron onte as grazas pola participación masiva na asemblea do 27 de outubro, e anunciaron que enviarán sendas cartas coas súas reivindicacións ao presidente da Xunta e á conselleira de Sanidade. A esta última pediranlle que destitúa ao xerente do hospital, Benigno Pérez. A xuízo da plataforma quedou desautorizado polos testemuños dos médicos que participaron na asemblea.
Os populares advirten que non axudarán a «crear dúbidas» sobre a sanidade pública
Catro alcaldes piden a Farjas que aclare o futuro do hospital
La Voz de Galicia
28 oct 2011
A plataforma chea a rebordar o auditorio do edificio multiusos
Médicos do hospital temen que poidan perigar certos servizos
26 oct 2011
25 sept 2011
Triste adiós a la Sanidad
- SILVIA CASORRÁN. 24.09.2011
22 sept 2011
O negocio dos recortes aos servizos públicos
Publico.es
A estratexia electoral popular ten buratos nas palabras e nos xestos. O lema de que se pode aforrar no goberno sen tocar os servizos básicos do Estado do Benestar pelexa coas declaracións de altos líderes do PP e mais coa análise das contas públicas nos lugares onde xa teñen responsabilidades gobernativas.
O PP opta por danar a percepción social dos servizos públicos ao tempo que reforza os beneficios de todo o tipo para as empresas cuxo negocio é a Educación, a Sanidade e o Benestar.
Analizando as contas públicas de comunidades como Galiza ou Madrid pódese proxectar cal é o modelo educativo que o PP defende. Ao tempo que se diminúe a atención á escola pública, reducindo profesorado, minguando os niveis de calidade e ignorando as medidas accesorias como a integración social dos alumnos e a vertebración do medio rural con acceso ao ensino digno, fai negocio coa educación. En Madrid, a escola privada –especialmente a que depende da Igrexa– aumentou os recursos que recibe da Administración un 30%, segundo calculan os sindicatos, des que Esperanza Aguirre goberna. Os centros de ensino privado gozan de vantaxes fiscais, cesión de terreos, concertos (o que na práctica supón investimento público directo e sen control en institucións con ánimo de lucro) e subvencións para modernización ou transporte inexistentes no caso da escola pública.
Mentres a percepción social se conciencia de que o ensino non é un dereito senón un privilexio, o PP ten mans libres. Ninguén o acusa de pechar escolas públicas, ben ao contrario gaña simpatías entre determinadas capas da poboación ás que non lles importa a titularidade dos centros sempre que sigan recibindo as clases gratuitamente ou cun alto nivel de subvención. O modelo madrileño resúmese en dous conceptos: a educación non é un dereito senón un privilexio; a educación non é un servizo, é un negocio.
Semellante estratexia funciona na Sanidade. En Galiza, desde o 2009 reduciuse a prestación sanitaria universal. En varios hospitais denunciouse que o servizo de Xinecoloxía só está dispoñíbel para urxencias. O método é sibilino: os médicos de cabeceira dan vez para o especialista pero unha vez conseguida esa vez, o paciente recibe unha chamada que lle anula a cita co xinecólogo. As citoloxías fanas enfermeiras nos centros de atención primaria. Igual sistema sofren os usuarios das demais especialidades, incluso as máis solicitadas como Oftalmoloxía ou Dermatoloxía, que acumulan listas de espera de máis de tres meses.
O Ministerio de Sanidade denunciou a Comunidade de Madrid porque calcula o seu tempo de espera para unha cirurxía desde o intre no que o paciente ten a vez co anestesista e non desde que o especialista ditamina que cómpre esa operación. A maquillaxe das listas de espera é unha das grandes obsesións tamén do presidente galego, Alberte Núñez Feixóo.
A outra obsesión é a irrupción do sector privado na xestión hospitalaria en Galiza. Contravindo todas as recomendacións internacionais sobre os perigos de alta dependencia da sanidade pública a respecto das empresas que constrúen e son “donas” de hospitais, o PP insiste en que ese é o único xeito de aumentar as infraestruturas sanitarias. Plataformas en defensa da Sanidade Pública confirmaron que a longo prazo o custo deses hospitais será tres veces maior que se a súa titularidade fose pública completamente.
O benestar tamén é un gran negocio. Privatizar –mediante concesións a empresas afíns ao PP– a xestión de centros de día, residencias de maiores ou outras entidades de apoio a dependentes fai que naza lucro onde debería haber só solidariedade. A conta de reducir o custo laboral dos traballadores destes centros, moitas veces con salarios máis baixos que os seus compañeiros das institucións públicas, aproveitarse de vantaxes fiscais e doutro tipo (cesións de terreos municipais, nulo investimento en infraestruturas que se pagaron integramente con diñeiro público, ningún custo de mantemento por exencións de cobro de luz e auga, etc), determinadas empresas están a facer o agosto cos máis necesitados.
19 sept 2011
Blanco: "Rajoy tiene el copago sanitario en el congelador"
Publico.es
El ministro socialista considera que el PP va definiendo paso a paso "lo que hay detrás de su pensamiento" al justificar los recortes en educación y sanidad.
En una entrevista en RNE , Blanco ha asegurado que el documento "está ahí" y establece que "por ir al médico habrá que pagar una cantidad, y eso se llama copago".
A juicio del también ministro de Fomento, el PP está enseñando "un poco la patita" y los ciudadanos se irán dando cuenta "poco a poco de lo que hay detrás de su pensamiento". Blanco ha manifestado su sorpresa por que esta semana el líder del PP haya salido a defender "a un amigo rentista" y a justificar los recortes que se están produciendo en muchas comunidades autónomas gobernadas por el PP en educación y en sanidad.
"Por ir al médico habrá que pagar una cantidad "El ministro ha afirmado que con Rajoy "los que tienen más no pagarán más aunque eso suponga tener menos profesores y una sanidad con recortes", y ha considerado que el líder popular es poco preciso en sus propuestas y en sus opiniones porque cree que "la indefinición le puede llevar a la victoria electoral".
Respecto a las encuestas, Blanco ha dicho ver el horizonte del 20 de noviembre "con dificultad pero con mucho optimismo" y ha valorado al candidato socialista, Alfredo Pérez Rubalcaba, y su capacidad de tomar decisiones.Blanco también ha comentado que Rubalcaba llevará en su programa una propuesta de reforma de la ley electoral "muy ambiciosa", si bien no ha querido anticipar su contenido ya que deberá ser el candidato socialista quien la explique.
18 sept 2011
Envío de artículo en ELPAIS.com.
|
