13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





15 nov 2010

Os nenos composteláns agardan 3 meses para operarse

As listas de espera disparáronse dende a chegada do Goberno na capital do país, que este sábado acolle unha manifestación en defensa dunha sanidade 100% pública. 

A plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación o próximo sábado, 21 de novembro. Este colectivo argumenta que privatizar hospitais, como xa fixo o PP en Valencia e Madrid, resulta ao final máis caro para o peto dos cidadáns, que ademais reciben peor asistencia.

Ademais, a plataforma asegura que a calidade da atención xa empeorou de xeito importante dende que o PPdeG recuperou o poder. "Agora a xente espera case o dobre para operarse que cando o PP chegou ao Goberno", indican fontes desta organización.

A situación é especialmente grave na área sanitaria de Santiago, localidade que acollerá a manifestación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario