"Pachi" Vázquez propón un pacto cos sindicatos para "racionalizar" Educación e Sanidade e introducir controis de produtividade nos servizos básicos públicos.
Con menor vehemencia da que adoita empregar nos seus enfrontamentos co presidente Feijóo, o secretario xeral do PSdeG, Manuel "Pachi" Vázquez, volveu defender o carácter público dos servizos básicos ó que engadiu unha proposta de acordo cos sindicatos para introducir "controis de produtividade" en Sanidade e en Educación.
No repaso a unha axenda social que identificou como marcada polo emprego e a economía, Vázquez expresouse a favor de racionalizar tamén a Administración local "sen restarlle competencias" e "con custo cero". O adelgazamento das estruturas administrativas é para o secretario do PSdeG unha cuestión que "segue pendente" e que se pon de actualidade cando se acaban os tempos de bonanza. O recordo dos 312 concellos que recibiu Fraga convertidos en 315 cando abandonou a Xunta foi o exemplo ó que recorreu para ilustrar unha tendencia expansiva da que el mesmo se recoñeceu culpable do "erro" á hora de compor a maraña de estruturas administrativas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario