O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, repetiu en varias ocasións que o Goberno galego se fai cargo do 70% do custo da lei da dependencia en Galicia. Segundo os datos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD), esta Administración achegou un 21% menos que o Executivo central por beneficiario ao ano en 2009, é dicir, puxo34,53 euros por persoa fronte aos 44,21 que destinou o agora Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade. Estes datos foron algúns dos que tivo en conta o Observatorio da Dependencia para poñer nota ás comunidades pola súa xestión no seu VI ditame. A galega aproba polos pelos, cun 5,5.
En xeral, a paridade entre Estado e autonomías para financiar a dependencia rompeuse e as comunidades achegan de media o 59% do gasto por beneficiario, 61 euros fronte aos 41 do Goberno central. Porén, a maioría superan o ministerio en investimento; só Canarias, Murcia e Galicia quedan por debaixo e moi afastadas do gasto de comunidades como A Rioxa, Cantabria ou o País Vasco, que destinan 120, 114 e 112 euros por persoa, respectivamente.
Polo que atinxe á prestación, tamén esta adoita chegar tarde para os galegos. A comunidade sitúase como a terceira, logo de Valencia e Canarias, con máis dependentes co dereito recoñecido que non a perciben. O 38% do total de beneficiarios están nesta situación, o que supón doce puntos porcentuais máis que a media española, que se sitúa no 26%. Segundo o Observatorio, estes datos son “especialmente “ preocupantes” porque 2010 foi un ano no que, a nivel estatal, “non se incorporaron ao sistema novos graos ou niveis, “polo que cabía esperar que fose a oportunidade para reducir este limbo”.
Por outra parte, Galicia tamén quedou por debaixo da media na porcentaxe de beneficiarios por poboación –cun 1,1% fronte a un 1,4– a pesar de que se sitúa xusto na media estatal de solicitudes por habitante, 3,17, ao ser a oitava comunidade na que se piden menos prestacións. Así mesmo, cun 2,5% de ditames emitidos por cidadán, tampouco chega ao 2,9 de España.
O Observatorio da Dependencia que dá a súa mellor puntuación, un nove sobre dez, a Castela e León e Castela-A Mancha, destaca que “tres comunidades seguen obstinadas en non aplicar as prestacións” da lei. Son Canarias (0,5 puntos), Madrid e a Comunidade Valencia, con dous puntos cada unha.

No hay comentarios:
Publicar un comentario