13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





20 dic 2010

Sanidade estuda reforzar algunhas áreas do hospital de Monforte

A Consellería de Sanidade exponse reforzar algunhas especialidades do hospital comarcal de Monforte para axilizar o tratamento aos pacientes. En concreto, o departamento non descarta recuperar os reforzos que xa había no servizo de fisioterapia e que quedaron suspendidos a finais do mes pasado.
A consellería estudará as necesidades de cada caso e en función diso valorará as alternativas.
En canto ao servizo de fisioterapia, a Xunta decidiu aumentar o número de profesionais de xeito puntual durante un mes para dar cobertura a un maior número de pacientes. A medida tomouse con carácter puntal para desconxestionar as listas de espera e os dous contratos foron temporais. A suspensión dos reforzos do servizo afectou especialmente a aqueles casos que estaban a recibir un tratamento, como foi o da veciña do Saviñao Carmen L.M.
A paciente foi operada por unha tendinite nun ombreiro o pasado mes de xuño e, segundo apuntou ela mesma, nun primeiro momento acudiu a sesións de rehabilitación privadas, xa que no sistema público entrou en lista de espera. No mes de agosto sufriu unha nova caída, pero tivo que esperar tres meses a que lle practicasen unha resonancia. A proba chegou en novembro e volvéronlle a recomendar rehabilitación, que iniciou no hospital.
A finais do mes pasado acudiu de novo a consulta e o especialista amplioulle a rehabilitación durante tres semanas máis. Con todo, segundo denunciou en atención ao paciente, o tratamento viuse suspendido ante a falta de persoal de reforzo e non sabe cando poderá ser atendida.
Carmen L.M. está de novo en lista de espera cunha rehabilitación en suspenso.

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario