13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





21 dic 2010

O Sergas xustifica o novo hospital pontevedrés: “O actual é obsoleto”

Sanidade mantén que rehabilitar Montecelo sería máis lento a pesar de que a diferenza é tan so de seis meses.

“O actual Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) presenta deficiencias dificilmente subsandables. O Plan Estratéxico do Sergas 2014 recorda que as instalacións sanitarias de atención hospitalaria en Pontevedra no responden adecuadamente ás necesidades dos cidadáns”. Estas son as frases que emprega o Servizo Galego de Saúde para xustificar a necesidade do novo hospital de Monte Carrasco, que debe “facer posible a substitución das infraestruturas obsoletas” actuais, en referencia aos centros do Provincial e Montecelo, este último reformado hai sete anos.

“Trátase de renovar e modernizar as infraestruturas sanitarias de modo sostible no menor tempo posible, para mellorar a asistencia prestada aos cidadáns”, resalta o Proxecto Sectorial do futuro hospital de Monte Carrasco que onte comezou a fase de exposición pública.

A ampliación e reforma do actual hospital de Pontevedra era a outra alternativa –defendida por PSdeG, BNG, os sindicatos e os alcaldes da zona– para dotar a cidade dun único centro capaz de asumir as cada vez maiores demandas da poboación. Porén, o Sergas rexeita unha vez máis esta opción –na que xa se investiron 60 millóns de euros– ao argumentar que “someter un hospital en funcionamento a obras internas de reforma a gran escala supón un tremendo esforzo loxístico, e implica un elevado custe económico e temporal”.

O informe do proxecto –redactado integramente en castelán– destaca que as obras sobre Montecelo “resultan moito máis laboriosas” e exemplifica este caso coa duración do proxecto realizado para a ampliación deste centro, que estima en 66 meses. Pese a todo, este “elevado custo temporal”, non se ten en conta unhas páxinas máis abaixo, ao establecer que o prazo de execución previsto para Monte Carrasco é de “cinco anos contados desde a conclusión do expediente expropiador dos bens e dereitos necesarios para a fase de execución”. Ou o que é o mesmo, 60 meses.

“O resultado da execución dunhas obras de ampliación desta envergadura no ámbito de Montecelo, plasmaríase nun hospital encaixado, constrinxido espacialmente, e con poucas posibilidades de crecemento”, destaca o informe. Unha razón que bota por terra esta alternativa por “non resolver adecuadamente a situación” e deixa unicamente na mesa o proxecto de Monte Carrasco, que se realizará coa mesma fórmula que o hospital de Vigo, polo que unha empresa privada cobrará un canon da Xunta durante 20 anos.
  
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario