13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





21 dic 2010

"Non" á supresión do actual servizo de ambulancias

O persoal alerta de que a nova normativa da Xunta acabará con este transporte no rural e na quenda de noite.

 A representación sindical dos traballadores do sector das ambulancias alertou onte de que o proxecto de decreto no que traballa o Goberno galego pode supor a "supresión" do servizo "principalmente" no medio rural e na quenda de noite; á vez que advertiu de que tamén levará unha "mingua" na calidade da prestación. "Queremos facerlle ver á cidadanía que non só é un problema dos traballadores, senón que haberá unha redución considerable na calidade asistencial", explicou onte o voceiro de UXT, Óscar Vázquez, cuxa posición foi referendada por Ernesto López Rei (CIG) e Marcos Pérez (UXT). Este último fixo fincapé en que o proxecto de decreto é "altamente lesivo", xa que "abre a porta" a "ter ou non ter dereito" a transporte sanitario. Pola súa banda, o representante de CIG avisou de que a Xunta pretende levar a cabo "un recorte inminente e salvaxe" e demandoulle á sociedade que non deixen "só" ó sector das ambulancias. Os sindicatos advertiron, ademais, que a Xunta está "ninguneando" o sector no proxecto de reforma do decreto do transporte sanitario, xa que renuncia ó "consenso" e segue unha política de "ordeno e mando" ó non aceptar alegacións.

En canto ó contido do decreto, o representante de UXT desvelou que fai desaparecer a figura do técnico axudante das ambulancias medicalizadas, a pesar de que o seu papel é clave nos "casos máis graves", nos que "hai risco vital". CCOO detectou que se vulneran acordos "a escala estatal" sobre formación de traballadores e a CIG revelou que, en virtude deste texto, o servizo de ambulancias "deixa de ser universal". "Redúcese ás urxencias vitais e a total imposibilidade de traslado", denunciou, para concretar que o transporte non urxente, por exemplo, para pacientes con diáleses, deberá facerse "en transporte non asistencial", como o público ou o 065. "É arrepiante, porque un burócrata ou un politiquillo de tres ó cuarto filtrará os servizos", incidiu López Rei, consciente de que esta decisión non afecta "a números" senón "a vidas". Ademais, o artigo que especificaba que o financiamento do servizo corre a cargo da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 ou dos seguros sanitarios, foi "suprimido". "O financiamento deixará de ser integramente do Sergas, introducirase un copagamento...?", preguntou.



    

No hay comentarios:

Publicar un comentario