13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





6 dic 2010

O Sergas paga ata 170 euros ao día por cada médico seu na privada

A Consellería revisa nun decreto as tarifas dos diferentes servizos nos centros concertados para “adecualas á situación económica actual”.


O Consello de Contas censuraba hai uns meses, no seu último informe sobre a actividade concertada do Sergas, que estes hospitais privados nútrense –en “boa parte dos casos”– do persoal do Sergas. Esto supón un gasto extra para a Administración, que paga a unha empresa por realizar as intervencións que fan os seus propios médicos. Neste sentido, a Consellería de Sanidade vén de publicar a revisión das tarifas dos acordos que mantén co sector privado, nas que se establece o pago de ata 170 euros ao día pola actividade dun médico do Sergas nun centro privado.
O obxectivo desta orde da Consellería de Sanidade é “a revisión das condicións económicas dos concertos de asistencia sanitaria para adecualas á situación económica actual”. Non obstante, esta modificación das retribucións da sanidade privada so afectará a “aqueles concertos que non teñan establecido no seu texto un sistema de actualización de prezos específico para este”.

Cada hospital mantén un prezo diferente 

A Xunta non fixa unha tarifa común, cuestión censurada polo Consello de Contas

   


No hay comentarios:

Publicar un comentario