13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





15 dic 2010

Os gases de combustión nas urbes galegas superan o límite legal para a saúde

Adega denuncia que a atmósfera dos núcleos urbáns de Galicia ten unha alta concentración de óxidos de nitróxeno, gases moi nocivos.

Segundo os datos dun estudo realizado polo ex presidente da asociación ecoloxista Adega e catedrático de Bioloxía e Xeoloxía, Ramón Varela, a concentración de óxidos de nitróxeno detectados no aire das principais cidades galegas superou este ano os limites legais– marcados en 220 microgramos por m3 e hora–en moitas ocasións. A partir da información do catedrático de Bioloxía pódense tirar datos tales como que todas as áreas urbanas de Galicia estiveron nalgún momento do ano por riba dos valores máximos recomendados.
O estudo, do que se fixo eco a Adega, tamén sinala claramente quen son os culpables. As emisións contaminantes, “altamente tóxicas para a saúde e nocivos para o medio ambiente”, proveñen fundamentalmente dos motores de combustión–do tráfico– e da queima de combustibles nas industrias.
Especialmente contaminadas por este motivo atópanse as cidades de Ourense, Compostela, Vigo, Ferrol e Pontevedra. Con todo, dende Adega advirten: “A contaminación por óxidos de nitróxeno non só é moi perigosa senón que tamén se expande dunha forma moi rápida. Iso quere dicir que o feito de que as grandes empresas contaminantes de Galicia estean preto das cidades, os problemas derivados da emisión de tóxicos non van quedarse só nas urbes, senón que se expanderán de forma moi rápida a outras zonas”.
Segundo os datos manexados por Adega, as grandes cidades galegas sobrepasaron este ano con creces o número de veces que emitiron a atmósfera unha cantidade de gases superior ao máximo legal permitido de 200 ug/m3 .
Así, Pontevedra tería sobrepasado ata en sete ocasións a máxima permitida, mentres que Lugo o tería feito só en catro ocasións e e Ferrol e A Coruña en 24 e 14 veces. Non obstante, recóllense datos moito máis graves como é o caso de Santiago de Compostela que sobrepasou os máximos permitidos ata en 52 ocasións, mentres que Pontevedra fíxoo en 68, Vigo en 70 e Ourense en 112 veces.
“O certo é que a situación da cidade de Ourense é especialmente grave”, apuntan dende Adega. “A súa máxima horaria de emisión chegou a ser de 458 ug/m3 , sobrepasando en maís do dobre o permitido, e ademais pasa case todo o ano por enriba deses números. As altas temperaturas da provincia fan que as emisións se propaguen moi rapidamente a outras zonas, chegando incluso aos Ancares”, comentan.

    

No hay comentarios:

Publicar un comentario