13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





19 ene 2011

Preto de 500 médicos sufriron agresións

En Atención Primaria é onde se dá unha maior violencia 

 

Polo menos 451 médicos foron agredidos por pacientes ou familiares durante o ano pasado, segundo as cifras "unificadas" na primeira estatística elaborada polo Observatorio de Agresións da Organización Médica Colexial (OMC) e presentada onte. No entanto, como apunta o coordinador do Observatorio de Agresións e secretario do Colexio de Médicos de Badaxoz, Alberto Becerra, a elas habería que sumar as "non rexistradas", xa que en "moitos casos" os médicos deciden non denunciar.
A Atención Primaria é onde máis agresións rexistrou ó longo deste ano cun 65 por cento do total (57% nas consultas e 8% nos servizos de Urxencias Extrahospitalarias). Nun 18 por cento producíronse lesións sobre o profesional sanitario e nun 13 por cento dos casos propiciouse que os agredidos tivesen que solicitar a baixa laboral. Así mesmo, un 8 por cento dos médicos xa foran agredido con anterioridade, e aínda que o 81 por cento das agresións non lle causaron lesións ó profesional, o presidente da OMC, Juan José Rodríguez Sendín, recorda "o difícil que é estar sometido a unha situación de presión e violencia verbal".
Respecto da distribución entre sexos dos facultativos afectados, Becerra explica que non existen diferenzas "significativas", aínda que advirte de que "a feminización da medicina vai conducir a que esta situación se descompense". Así mesmo, unha de cada dez agresións prodúcense no sector público e o 10%, nas Urxencias Hospitalarias.
Entre as causas de agresión destaca a discrepancia coa atención médica, seguida pola negativa a recetar o fármaco demandado polo paciente e polas discrepancias persoais co facultativo. Neste sentido, o secretario xeral da OMC, Serafín Romero, indica que "moitas das agresións físicas derívanse de non compracer o desexo dunha baixa laboral".
En relación coa tipoloxía do agresor, Becerra explica que "non hai un perfil claramente establecido", pero destaca que "tres de cada 10 agresións son parte do familiar" e desmente que a patoloxía mental ou o consumo abusivo de drogas sexan as causas, xa que "só o 8 por cento dos pacientes que levaron a cabo agresións tiñan antecedentes psiquiátricos ou de toxicomanía".
Por comunidades autónomas, Andalucía e A Rioxa figuran entre as autonomías onde se rexistraron un maior número de casos, e, pola contra, outras comunidades, como Aragón, Baleares e Navarra, reflectiron uns índices moi baixos de agresións. Neste sentido Xaén e Cádiz teñen as taxas máis altas de agresións rexistradas (8,19 e 6,71 por cada mil colexiados, respectivamente), mentres que Ourense e León mostran as máis baixas (4,20 e 4,08 por cada mil colexiados respectivamente).
"A violencia pasou a formar parte do noso día a día. No noso caso o que sufrimos é unha derivada da violencia que existe na sociedade. Estas accións non son máis ca un reflexo do clima agresivo, de confrontación existente. Por iso, é importante incidir na educación", advirte Rodríguez Sendín.
Á luz destes datos, Becerra asegura que "imos defender, por encima de todo, os intereses e o benestar dos nosos médicos (...) Un médico agredido é igual que un político agredido. Xa que logo, as medidas deberían ser as mesmas".
Por iso, a OMC afirma que lograr a "intervención" dos correspondentes ministerios fiscais é outra parte fundamental do traballo que se está levando a cabo desde as institucións colexiais. "Unha das nosas aspiracións, neste sentido, é lograr a consideración de atentado contra a autoridade, neste caso sanitaria, en todo o territorio", indica Becerra.
Así mesmo, desde o Observatorio de Agresións levaranse a cabo unha serie de accións para "unificar as medidas encamiñadas á prevención e á atención ó agresor", explica Romeiro. Entre elas destaca a celebración o día 12 de marzo do "Día contra as agresións no ámbito sanitario" e a posta en marcha de actividades formativas en relación á comunicación médico-paciente, porque como recoñece o secretario xeral da OMC, "debemos saber manexar o paciente angustiado". Tamén se levarán a cabo o asesoramento xurídico sobre a materia.
Fallos na política de protección de datos dos pacientes nos hospitais
Uns 202 centros do catálogo nacional de hospitais deben adoptar "medidas correctivas" en relación coa súa política de protección de datos do paciente nun prazo de seis meses, despois de que a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) detectase deficiencias no cumprimento da Lei de Protección de Datos (LOPD) no marco dun estudo sobre 600 hospitais públicos e privados. En concreto, como consecuencia desta análise --cuxas conclusións se presentaron o pasado mes de outubro e que incluíu información de 562 dos 654 centros consultados-- 43 hospitais privados que non facilitaron a información requirida teñen "procedementos abertos por posible infracción e 159 centros públicos.

    

No hay comentarios:

Publicar un comentario