13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





16 mar 2011

A CIG-Monforte denuncia que o mamógrafo do hospital é vello e está avariado

La Voz de Galicia


O aparello de mamografías do hospital de Monforte está anticuado e non funciona por culpa dunha avaría para a que non hai recambios, segundo a CIG. Esta central asegura que o concurso para comprar un mamógrafo que xubile ao actual tiña que saír fai máis dun ano.
Os portavoces desta central no hospital monfortino sosteñen que a renovación era necesaria porque o aparello en uso quedou «totalmente obsoleto». Din ter acceso a información que apunta a que a intención da dirección era sacar a concurso a compra do novo durante o primeiro trimestre deste ano, pero advirten que o mamógrafo acaba de estragarse. «E como era tan vello non hai pezas de recambio», denuncian.
En vista desta situación, a CIG pregúntalle á dirección do hospital se as pacientes terán que desprazarse a Ourense ou Lugo a facerse un mamografía, e recorda que esta proba é «imprescindible» para o diagnóstico do cancro de mama.
Na CIG denuncia ademais que hai presións cuxa procedencia non identifica para trasladar «unha estación de traballo de raios» de Monforte ao Hospital do Salnés. «Será isto ou comezo do desmantelamento de raios en Monforte?», pregúntanse.

La CIG pide un nuevo mamógrafo para el hospital de Monforte al averiarse el existente por obsoleto (El Progreso)

   


No hay comentarios:

Publicar un comentario